viernes, 29 de enero de 2010

SEXTA MENSAXE DA ÁRBORE DOS SUSURROS: IMAXINA...

Ben chic@s todo chega ao seu fin e a árbore do susurros xa está completa. Remata o seu traballo co sexto susurro, preparado polos rapaces e rapazas de 5º de Primaria.


Quero darvos as grazas a tod@s polo vosa ilusión e esforzo, en especial aos susurradores que me acompañaron e axudaron na aventura de susurrar a través da megafonía do centro: ALBERTO, ANGELA, SOFÍA, ANA, MARTÍN E YOÁNDRA.


Como é costume, a continuación, podedes disfrutar do conto, no que aprendemos por que a pomba é un símbolo da paz e, sobre todo, a mensaxe que transmite co seu voo: IMAXINA, imaxina un mundo en perfecta paz...

E que che parece se escoitamos a mensaxe da pomba mentras vemos os traballos realizados polos tutores e nen@s para a elaboración do LIBRO DA PAZ, proposto polo equipo de Dinamización da Biblioteca?. Parabéns!



miércoles, 27 de enero de 2010

QUINTA MENSAXE DA ÁRBORE DOS SUSURROS: TEN UN GRAN CORAZÓN, UN CORAZÓN CON CREMALLEIRA.



Hai chic@s! Como me gusta este susurro que presentan os nen@s de 6º, fala de ter un gran corazón. Que vos parece así de grande?



Aquí tedes o conto cuns preciosos debuxos e unha mensaxe que me encanta. Por certo eu apúntome ao de ter un corazón con cremalleira!

Queredes aprender a canción?, pois escoitade con moita atención!

lunes, 25 de enero de 2010

CUARTA MENSAXE DA ÁRBORE DOS SUSURROS: SÉ UN SOL


Ahh!Que ben se está rodeada dunha natureza preciosa e disfrutando duns raios de sol! Pero... imaxinas como podería ser un mundo onde non existise esto? O susurro de hoxe, presentado polos nen@s de 3º, vainos contar algo moi, moi bonito...


E ti tamen queres ser un sol? Xa ves todo o que pasa cando sae...



viernes, 22 de enero de 2010

TERCEIRA MENSAXE DA ÁRBORE DOS SUSURROS: IGUAIS E DIFERENTES, UN MUNDO DE CORES!



Carai, mirade que ben me expreso! Estou a falar de que todos os seres, a pesar de ser de distintas razas, somos iguais e temos os mesmos dereitos. Tamen no meu mundo máxico. Porque sabedes? a mensaxe de hoxe da árbore dos susurros acontece porque Paula veu na televisión este video. Mira e comprenderás.



Entón chegou xunta a CONTADORA DE SOÑOS e preguntoulle se ser doutra raza era moi grave. E así empezou esta historia. Pero será mellor que a leades no conto...

E os nen@s de 4º coa mensaxe da CONTADORA decidiron pintar un mundo de cores onde todos somos iguais e diferentes pero estupendos, queres velo?

Myspace Fun Flash Comments


GRAZAS A BIBLIOTICS FONTE DO VIDEO "A CONVERSATION ABOUT RACE"

martes, 19 de enero de 2010

SEGUNDA MENSAXE DA ÁRBORE DOS SUSURROS: UN PARA TODOS, TODOS PARA UN E MOITA CHUVIA DE AMOR.



Ola, a tod@s! Aquí me tedes debaixo dunha chuvia de amor maravillosa. Así é como acaba o conto "OS DUENDES DAS CORES", o segundo susurro da árbore dos susurros. Como o protagonista é tamén un arco da vella, os nen@s de segundo son os encargados de ensinarcho.

Empezamos polo conto, que che parece?



Disfrutamos da canción agora...




E aquí temos o ARCO DA VELLA, agora xa coñeces o seu segredo. Parabéns nen@s de 2º quedou precioso!

viernes, 15 de enero de 2010

PRIMEIRA MENSAXE DA ÁRBORE DOS SUSURROS: CELEBRA A VIDA E DEIXA NA TERRA A TÚA MELLOR SEMENTE!


Jo que sorpresa tan bonita tivemos hoxe!


Na hora de lectura, a través da megafonía do cole, a árbore dos susurros comezou a susurrar cun conto precioso que nos contou a CONTADORA DE SOÑOS. E acabou cunha canción que me fixo bailar coma un tolo. Xa vedes que ben me movo, a que si?

Aquí vos vai o conto, mirade ben os debuxos que os fixeron os rapaces e rapazas de 4º curso
.



E, que, apetéceche aprender a canción de CELEBRA A VIDA? Pois canta, canta...

miércoles, 13 de enero de 2010

A ÁRBORE DOS SUSURROS

Mirade, mirade! Vou voando polo planeta para que tod@s se enteren da historia da árbore dos susurros e así estean preparados para escoitar o que nos ten que decir!

Ah é certo, que teño que explicarvos o que é!

A ÁRBORE DOS SUSURROS é como chaman os celtas ao SERBAL, unha árbore que representa a esencia da vida. É un ser máxico que nos leva a un mundo de luz e de paz. Garda segredos que revela, en susurros, a aquel que se acerca e abre a súa mente para escoitalos.


Está custodiado por un enorme DRAGÓN VERDE chamado SID (palabra celta para a paz).


Aquí o tedes para que o podades apreciar mellor.


Dentro de pouco comezará a susurrar.

viernes, 8 de enero de 2010

O QUE VEN:SORPRESAS, AVENTURAS, VALORES... ESFORZO, E...VOLTA AO TRABALLO!


Ola de novo a tod@s! Eu xa estou no cole buscando pistas coa miña lupa porque seica imos facer algo, moi, moi importante e quero ser o primeiro en enterarme.

Se atopades un papel, movede a lupa por riba del, veredes unha mensaxe misteriosa. Donde estará escondido? Esta Contadora de Soños anda outra vez a facer das súas, agora é ela a que me fai trastadas a min.


Contadora que eu estou a portarme beeeennn!


Myspace Message Generators


Ata pronto!

domingo, 3 de enero de 2010

VISITA O PAZO DOS REIS MAGOS

Os magos de Oriente, en agradecemento pola túa axuda para atopar de novo a estrela de Belén, queren invitarche ao seu pazo onde terás moitísimos xogos e vivirás infinitas aventuras con eles. Anímate, preme na imaxe e percorre un mundo máxico.

sábado, 2 de enero de 2010

GUÍA AOS REIS MAGOS

Os nosos amigos máxicos, os reis, andan despistados e perderon de vista a estrela que os guía. Queres axudalos? pois preme na imaxe (logo en continuar) e boa sorte amiguiñ@!

 
aladin