lunes, 3 de enero de 2011

Leprechaun -Duendecillo nacional de Irlanda-

Mirade rapaces que pouco me durou a soedade. A FADA DO ANINOVO trouxo da Irlanda máxica un LEPRECHAUN, ou dous ou tres...? Non sei cantos hai!

Os leprechaun son duendes irlandeses. Diminutos, vellos, trastes e de gran corazón. O seu oficio é fabricar ou arreglar zapatos. Ás fadas só lles fan un, mira que son! 
 
Son moi ricos, custodian potes cheos de ouro que se poden atopar ao final do arco da vella. Se descubres algún tes que miralo fixamente para que non poida escapar pero si lle retiras a vista, desaparecen! 




Falando de zapatos! Lede con atención esta mensaxe porque faremos algo moi divertido con eles que xa che explicarei máis adiante.




E para coñezas mellor estes seres máxicos aquí vos deixo esta marabillosa película titulada:  

A LENDA MÁXICA DOS LEPRECHAUN

2 comentarios:

maric dijo...

BON Y FELIZ ANO GALEGA.
Cordialmente, maric

Anónimo dijo...

tuvo moi ben

 
aladin