jueves, 25 de febrero de 2010

A MARUXAINA


Ola, ando a xogar coa Maruxaina, a serea de San Cibrao, mira que guapa que é!.

Os rapaces e rapazas de 4ºC son os encargados de contarche a súa historia. Xa verás vaite gustar.

View more presentations from RATIBRON.

E para despedirnos das costas da Mariña Lucense aquí tes unha canción cantada por Mercedes Peón o os Diplomáticos titulada "Nordés", con imaxes desta zona. Ala, a disfrutar!

lunes, 22 de febrero de 2010

O CANTO DA SEREA NA MARIÑA LUCENSE



Ei chic@s! Vou de viaxe a Mariña Lucense alí é onde me leva o primeiriño canto da nosa serea, en concreto ao pobo de San Cibrao, preto de Burela..Que...? Que me estás a decir? Que non sabes moi ben onde queda e como é este lugar? Pois mira neste mapa e verás que está na zona da costa galega do mar Cantábrico, entre Asturias e a Estaca de Bares.
E agora verás neste video que costas tan bonitas. Que maravilla a nosa terra galega!
video
Ata a próxima no que se vos contará a historia da serea desta zona. Hai que ir pouco a pouco. Bicos salgados!

miércoles, 17 de febrero de 2010

O CANTO DA SEREA


Mirádeme! que bonito é o noso maravilloso mar galego.

Ando buscando a miña medio irmá a serea.


Ah! que non sabes o que é unha serea? Pois é unha criatura mítica coa metade do corpo humano e a outra metade peixe e co seu canto enfeitiza a a quel que a escoita.

Preparáte porque disfrutarás de aventuras maravillosas con sereas, tritóns e xacios da nosa máxica terra galega.

Escoita o canto da serea... o canto que nos vai a guiar durante este proxecto e déixate levar por él...







UH, UH, UH, UH...
EU CANTO MEU CANTO
TODOS QUEREN OÍR
ENCANTO MOI TANTO
PRA TE SEDUCIR
SON FILLA DAS AGUAS, DOS RÍOS E MARES
SON UNHA SEREA DE BELOS CANTARES
UH, UH, UH, UH...

QUEN OE MEU CANTO
COMIGO VAI MORAR
DO FONDO DAS AGUAS
NUNCA MÁIS VAI VOLTAR
EU CANTO ENCANTO
TODOS VOU SEDUCIR
MEU CANTO MOI TANTO
NA MÁIS VAS QUERER OÍR...



Grazas aos Xacios de Goián

viernes, 12 de febrero de 2010

ENTROIDO CELTA



Que contenta temos a meiga Uxia, conseguíu o que quería: fixo bo tempo e viñeron todos os representantes do mundo celta a celebrar o noso entroido no colexio.

Tamén nos acompañaron moitos papás e mamás e logo comemos unha chea de postres de entroido. Recordas que en Santa Comba desapareceran as tixolas? Pois eu non sei como se apañaron para facer estas cousas, deberon empregar a maxia.

Agora a disfrutar neste video da nosa festa (tes unha opción para poñelo en pantalla completa e velo moito mellor).

miércoles, 10 de febrero de 2010

lunes, 8 de febrero de 2010

E AQUÍ VEN O BURRO GALOPANDO DECINDO O QUE DEBES POR O MARTES...

O martes na cintura mete
calquer cousa que che pete
e a todos facer rir
desde Busto a Castriz.


sábado, 6 de febrero de 2010

O BURRO NO ENTROIDO


No cole estamos a rescatar a tradición de entroido de "mete lo burro", unha broma que se lle gasta a alguén neste tempo.

Escríbese unha carta que se manda por correo ou que se deixa entre os útiles de traballo, no peto, no bolso... e reímonos do outro a través das coplas que lle dedicamos.

Aquí tes un exemplo: "este burro que che mando mándocho de corazón, para que vexas que te aprecio como o gato ao ratón...

Creo que os conxuros da meiga Uxia son os culpables da desaparición das tixolas, era visto que ían traer cousas raras!

Por certo o noso burro vai a ir avisando das prendas que temos que traer durante a semana. Recorda para o luns "por diante ou por detrás este luns vas colocar e o teu corpo cubrirás para os demáis alegrar"

Nin che conto o que vou a levar eu!

jueves, 4 de febrero de 2010

QUE NOS VEN O ENTROIDO DA MAN DUNHA MEIGA GALEGA!

Meez 3D avatar avatars games


Ai rapaces que mediño! Xa sabedes que Zeltia e Traste están de lúa de mel e, mentras, o mundo máxico mandounos esta meiga. Chámase Uxia e aquí a tedes facendo un conxuro potentísimo para que o venres 12 de febreiro, na festa do entroido do cole, apareza en vivo e en directo o mundo celta.

Seica quere que veñan todos: a raíña das fadas Mab, a fada dos soños, trasnos, meigas e magos, druidas e sacerdotisas, poboadores dos castros e un exército de guerreiros para defendelos a tod@s.

Escoita, escoita o seu conxuro...



Oes, sen que nos oiga ela, o conxuro funcionará pero a saber que máis nos trae!

lunes, 1 de febrero de 2010

DIA DA CANDELORIA: DIA DO AMOR EN GALICIA

widgets

Swinging Love Hearts Maker

Ola! Mira o que se aprende! Nós celebramos sempre o día do amor e a amizade o 14 de febreiro e resulta que en Galicia é o día da Candeloria, o 2 de febreiro. E preguntaráste o por que.

Pois a CANDELORIA é unha festa de orixe celta, a festa da Fertilidade e da luz ou Imbolc, preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Os celtas percorrian os camiños con candeas acesas na percura da fertilidade da Terra e veneraban a deusa Brigid portadora da sabiduría.


Según a crenza popular o día da Candeloria casan os paxaros nas árbores, é “a festa do amor e do apareamento de todo o reino animal”.


Eu non coñezo a ningún paxariño pero sí a dous seres do mundo máxico, representantes da natureza, Traste e Zeltia que aproveitarán este día para celebrar a súa boda (ata eu me sorprendín cando mo dixeron pois pensaba que se levaban mal). Aquí vos deixo imaxes dese momento.


Dixéronme que o mellor regalo que lle podía facer era darlle un cariño neste día ao noso idioma, o galego, e a nosa terra celta. Aquí vai o seu regalo de bodas: unha homenaxe a nosa lingua e cultura cunha mostra do noso humor galego. Viva Galicia, vivan os galeg@s! e feliz lúa de mel Traste e Zeltia.

E recorda segundo a Candeloria... Medio inverno está por vir
 
aladin