lunes, 1 de febrero de 2010

DIA DA CANDELORIA: DIA DO AMOR EN GALICIA

widgets

Swinging Love Hearts Maker

Ola! Mira o que se aprende! Nós celebramos sempre o día do amor e a amizade o 14 de febreiro e resulta que en Galicia é o día da Candeloria, o 2 de febreiro. E preguntaráste o por que.

Pois a CANDELORIA é unha festa de orixe celta, a festa da Fertilidade e da luz ou Imbolc, preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Os celtas percorrian os camiños con candeas acesas na percura da fertilidade da Terra e veneraban a deusa Brigid portadora da sabiduría.


Según a crenza popular o día da Candeloria casan os paxaros nas árbores, é “a festa do amor e do apareamento de todo o reino animal”.


Eu non coñezo a ningún paxariño pero sí a dous seres do mundo máxico, representantes da natureza, Traste e Zeltia que aproveitarán este día para celebrar a súa boda (ata eu me sorprendín cando mo dixeron pois pensaba que se levaban mal). Aquí vos deixo imaxes dese momento.


Dixéronme que o mellor regalo que lle podía facer era darlle un cariño neste día ao noso idioma, o galego, e a nosa terra celta. Aquí vai o seu regalo de bodas: unha homenaxe a nosa lingua e cultura cunha mostra do noso humor galego. Viva Galicia, vivan os galeg@s! e feliz lúa de mel Traste e Zeltia.

E recorda segundo a Candeloria... Medio inverno está por vir

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Que ben o pasamos co humor galego. A profe case se mexa. 5ºB

Felicidades a Zeltia e Traste.Alberto preguntou a donde iban de lúa de mel.

Anónimo dijo...

Feliz boda, boa lùa de mel e viva o amor! O voso regalo è unha chulada, viva o humor galego! 4ºA

Anónimo dijo...

Parabáns Traste e Zeltia de parte dos rapaces e rapazas de 2ºA, 2ºB e 4ºC. E ¿cando ides ter un fillo?

CARMEN LODEIRO dijo...

Rapaces Zeltia e Traste van percorrer o mundo, xa sabedes que son máxicos e darálles tempo para o día 18 de Febreiro, a volta das vacacións de entroido, estar de novo con nós.

En canto ao de ter un fillo dixéronme que querían ter unha ducia. Imaxinade! Todos a facernos trastadas no blog e na escola!

Cruzo os dedos para que de momento teñan un pero que tarden un pouco oh, que disfruten.

CONTADORA DE SOÑOS.

 
aladin