viernes, 26 de marzo de 2010

QUE PASA CANDO UNHA SEREA SE ESQUECE DE CANTAR?

Xa sabes que estamos co proxecto "O CANTO DA SEREA" e que as sereas teñen uns cantos engaiolantes pero... que pasa cando unha se esquece de cantar? Como se arregla este problema? Mira atentamente o seguinte video e xa verás...
(Debuxo de Noelia Sánchez Blanco 6ºB)


Para que non che ocurra o mesmo que a nosa serea debes practicar moito e que mellor maneira de facelo que con este xogo. PREME NA IMAXE e convertete nun gran músico.

Por certo, xa sabes, descansa e recarga as pilas porque a volta da Semana Santa seguimos coa maxia.

FELICES VACACIÓNS!

Xogo recollido de RECURSOS PARA NUESTRA CLASE

jueves, 25 de marzo de 2010

XOGANDO NA COSTA



Olaaa! aquí me tes xogando no meu ordenador portátil a este xogo sobre a costa e sabes? estou acertando todo! Xa que estamos aprendendo tantas cousas da nosa costa galega que che parece se pos en práctica os teus coñecementos?

Preme na imaxe e elixe a opción de realizar actividades, terás moitos xogos relacionados con este tema. Ánimo!




Recollido de RECURSOS PARA NUESTRA CLASE

lunes, 22 de marzo de 2010

O CANTO DA SEREA NA COSTA DA MORTE


Sabedes a donde me leva o vento cargadiño de poesías...? pois a Costa da Morte.

Que si que
sei que sabedes como é e donde queda porque está moi cerquiña de Santa Comba e estamos todos cansados de ir a Muros, a praia de Carnota, a Laxe, a Camariñas, a Malpica...

Pero a pesar de esto, a que vos apetece ver un video precioso da nosa cercana costa?

A SEREA MEIXIDE

E agora ides a aprender a historia da Serea Meixide que acontece nas augas de Muros. Os rapaces e rapazas de 4ºB están encantados con este precioso relato no que ao final hai unha sorpresa: unha poesía aos náufragos desa costa!
View more presentations from RATIBRON.

E ti queres tamén deixarte engaiolar polo canto da serea Meixide?

viernes, 19 de marzo de 2010

POEMA DE SEREAS MULTILINGÜE

E por fin chega o DÍA MUNDIAL DA POESÍA e que mellor maneira de celebralo que acompañados de Youssef Rzouga un poeta árabe, autor dun poema precioso sobre unha serea titulado "ANTES DE CANTAR".

Neste poster dixital podes velo en distintos idiomas, espero que identifiques cada un porque está rodeado de imáxenes con pistas. Tamén podes escoitar "FANTASÍA DUNHA SEREA"un poema de Alexis Coald.

Para velo mellor preme AQUÍ e pasa o rato polos poemas para agrandalos. A disfrutar!


martes, 16 de marzo de 2010

O PODER DA PALABRA, UN RAPEIRO NO COLEXIO

En relación coas actividades da Semana da Poesía, tivemos unha visita moi especial no colexio: JHARECK, Iago Rey; un rapeiro que nos veu explicar en vivo como facer poesía porque eso é o rap e, sobre todo, a coñecer o PODER DA PALABRA.
Pero mira e verás, será mellor que él cho explique.


Agora aquí tes uns RAPEIROS recomendados por él: NACH, EL CHOJIN, XHELAZZ, TOTE KING, RAFAEL LECHOWSKY...entre outros.

E que che parece se ves este maravilloso video de NACH titulado PALABRAS? Unha gran maneira de rematar con esta visita especial. Pero ollo esto non remata aquí, máis adiante terás unha gran sorpresa xa o verás.

jueves, 11 de marzo de 2010

MAR DE SEREAS, MAR DE POEMAS

Caramba enchemos o colexio de poesías!. Están colgadas por todas partes, ata as sereas quixeron unirse a nós e o seu mar está cheo delas!


Inventadas, en galego, en castelán, en portugués... Sobre o mar, os mariñeiros, as sereas...VIVAN AS POESÍAS E OS/AS POETAS!

Quédate cunha mostra de poesías sobre o mar.

POEMA "A MIÑA AMIGA A SEREA"


Leticia Durán e o seu pai Manuel compuxeron para o noso mural MAR DE SEREAS MAR DE POEMAS, unha preciosa poesía titulada "a miña amiga a serea". Parabéns aos dóus, encantounos a tod@s. Aquí a tes para que a disfrutes!


Eu teño unha amiga
que é unha serea
e vive no mar
baixo unha batea.

Coñecína hai seis meses
cando fun a pasear
preto de Muxía
na beira do mar.

Ten cabelo loiro
como un caramelo
e en vez de pés
ten rabo de xurelo.

É moi boa amiga,
cunha linda cara.
Non tiña ela nome
e eu chámolle Clara.

Un día con ela
estaba a xogar
e sen darnos conta
levounos o mar.

Tiven moito medo
pensei de morrer
e a miña amiga
me veu socorrer.

Sacoume pra fora,
salvoume a vida,
que sorte e ter
unha amiga querida.

Todo esto é certo,
o relato é forte.
Esto aconteceu
na Costa da Morte.

Leticia Durán Delgado (3ºA) e Manuel Durán Gomez



Clara, a serea do poema de Leticia, quere agora que lle axudes coa decoración do fondo marino donde vive. Se premes na imaxe poderás facelo.

lunes, 8 de marzo de 2010

SEMANA DA POESÍA, POESÍAS AO VENTO.

Esta semana se escoitas ao vento contarache historias, historias de amor, de sufrimento, de reivindicación, da vida... A megafonía do noso colexio vai a ser o punto de partida e as súas ondas a onde chegarán?

Lela de Castelao
Probiña da tola de Cabanillas
Negra Sombra de Rosalía
Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro.
Vientos del pueblo de Miguel Hernández, nun homenaxe ao seu centenario...

VENTO NON AMAINES,
ZOA E SOPRA
CARGADO DE SENTIMENTOS

viernes, 5 de marzo de 2010

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA. POESÍAS VISUAIS


Para conmemorar o día da muller traballadora fixemos unha exposición de poesías visuais representando distintas ocupacións. Queres votarlle unha ollada?

O grupo galego LUAR NA LUBRE ten una preciosa canción, titulada CENTEÁS, adicada as mulleres que traballaban na costa de Cariño e que colleron o autobús en Centeás para ir a cidade na percura dun traballo mellor. A nai do poeta, Xabier Cordal, autor da poesía que lle da nome a canción, era unha delas.


Ven, miña mai, ao cabo Ortegal,
baila na festa da ermida do Trebo.
Se vés comigo heite levar
na proa do mundo perder o medo.
Volve a Centeás, escribe este orballo.
Volve a Centeás, escribe este orballo.
Se vés comigo heite levar
patria vella, norte mariñeiro.
Lava a ferida, cóntame o mar,
fala que dorme, nós espertaremos.
Volve a Centeás, escribe este orballo
Volve a Centeás, escribe este orballo.

Lava a ferida, cóntame o mar,
roupa ao clareo espiras na fonte.
Nada unha nena na luz do Peiral,
lévame a vida arribar da túa morte.
Volve a Centeás, escribe este orballo.
Volve a Centeás, escribe este orballo

Neste video podes escoitala, nun homenaxe a todas as mulleres do mundo non só as galegas.

martes, 2 de marzo de 2010

O CANTO DA SEREA NA COSTA ÁRTABRA, "A SEREA DAS MIRANDAS"

Chic@s que tal? De tanto xogar coa Maruxaina estou esgotada e necesito repoñer forzas. Aquí me tedes na praia de Perbes, en Miño a Coruña, na costa Ártabra galega. Din que aquí, hai moito tempo, viña a tomar o sol a serea das illas Mirandas.

Seguro que estas desexando que che conte a súa historia, tranq
uil@ que agora vai. Le con tranquilidade mentras eu descanso.

Que, a que estás aprendendo moito da nosa Galicia máxica. Pois para que quedes con mellor sabor de boca disfruta agora deste maravilloso video de sereas.
 
aladin