jueves, 29 de abril de 2010

BELTANE






Que contenta estou! A noite do 30 de abril ao 1 de maio os celtas celebran a festa de Beltane e sabes? as fadas despertamos do descanso invernal. A raíña das fadas galopa no seu cabalo blanco, adornado con axóuxeres, e vai iluminando o bosque e devolvendo a calor ao mundo! Din que se esa noite te sentas a durmir ao pé dun tronco poderás ver as fadas despertar a natureza.

Pero que che parece se coñeces algo máis desta festa a través das fadas deste poster dixital? Preme AQUÍ para agrandalo e benvid@ ao noso mundo!


No colexio quixemos celebrar esta festa facendo o XARDÍN DE BELTANE con distintos materias (cds, cunchas, pedras, chapas, embudes, paos de plástico, lazos, salvamanteis...) porque xa sabes para coidar a natureza hai que reciclar. Fíxate ben que bonito nos quedou!

FESTA DE BELTANE EN SANTA COMBA

«Come, bebe, baila e goza como os celtas». É o lema que reza no cartel da segunda Festa Celta de Beltaine, os días 8 e 9 de maio no noso pobo, incluíndo as xornadas de exaltación do porco celta, e todo iso mediante a recreación dun poboado xalleiro no campo da feira.
Un dos momentos cume será a Festa do lume e das meigas, a partir da tarde-noite do sábado 8 de maio, coa benvida ao Beltaine (verán celta), ou o Desfile de fachos ás once. Seguiralle unha homenaxe a Santa Comba «e ou acto de representación da súa conversión da Comba bruxa, a Comba Santa».

Podedes ir todos os alumnos do colexio cos vosos disfraces do ENTROIDO CELTA, aproveitade a pasalo moi ben!

Aquí vos quedan imaxes da estupenda festa do ano pasado.


lunes, 26 de abril de 2010

PINTANDO COMO URBANO LUGRÍS



Ja! Estame a sair un debuxo chulísimo como a URBANO LUGRÍS. Si xa sabes o pintor da sereas, que foi presentado polos alumn@s de 5º co seu magnífico traballo de mosaicos de catro dos seus cadros importantes.


Pois o resto do cole non quixo quedar atrás e tamén se dedicou a pintar cada quen o cadro que máis lle gustaba e aquí está o resultado, despois de facer unha selección porque sodes moítísimos para poñervos a todos.




Podes imprimir as láminas que veñen a continuación e votarlle todavía máis imaxinación...

LÁMINAS LUGRÍS

jueves, 22 de abril de 2010

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO. O RAP DO LIBRO


Ola a tod@s! Estamos de festa na Biblioteca xa que é o día do libro e para celebralo este ano estou a axudarlle a JHARECK (Iago Rey). Recordades a aquel rapeiro que nos veu dar unhas charlas sobre poesía e rap?Os rapaces e rapazas de 6º quedaron tan contentos e aprenderon tanto que se animaron a facer un rap sobre o libro. Pero claro, como? Facer un rap é moi difícil, é poesía, ritmo.. e rapealo aínda é máis.

Deste xeito a CONTADORA DE SOÑOS propuxo que aportaran ideas sobre:

- O que se pode facer cun libro.
- O que é e representa.
- Personaxes, autores...
- Xogar a facer rimas.

Con toda esta información Jhareck fixo unha selección e compuxo este precioso Rap, resultado dun magnífico traballo en equipo no que é o libro o que fala e o que nos está a expresar os seus sentimentos.

Aquí cho presentamos en forma dunha poesía visual donde palabras e imaxes se unen para homenaxear ao libro. Non temos estudio de grabación pero está feito con moito cariño. MAÑÁN SOARÁ POR TODO O COLEXIO A TRAVÉS DA MEGAFONÍA!

E se queres aprendelo aquí tes a letra.
Rap Do Libro

O TORQUES DE OURO, UN LIBRO DE LOURDES MACEIRAS PARA CELEBRALO DÍA DO LIBRO


Escoitade o que vos ten que decir Traste sobre este maravilloso libro do Torques de Ouro. Os rapaces de 6º de primaria xa o leron e por eso queren recomendarvolo. Hai que darlle as grazas a Antonella, de 6ºB, polas súas maravillosas ilustracións. Feliz día do libro!



Comic Torques

martes, 20 de abril de 2010

O AUTENTICO HEROE DO NOSO PLANETA

Podes esperar un pouco para descubrir ao heroe máis grande do noso planeta? Cre que merece a pena a espera!
(Fai clik nas letras pequenas para amplialo)

Grazas ao RECANTO DE MIK

domingo, 18 de abril de 2010

DIA DA TERRA, 22 DE ABRIL


Vouche contar unha historia: fai moitos, moitísimos anos, un vello mariñeiro paseando pola praia chegou a entrada dunha gruta da que saían uns choros. Ao entrar atopou unha serea fermosísima que, seica, choraba porque perdera o seu peine de ouro, nun pozo que ía parar ao fondo do mar.

O mariñeiro foi polas redes e a súa cana de pescar e por fín a base de moita paciencia recuperou o peine. A serea concedeulle un desexo por axudala.

"Nada para mín"- dixo o mariñeiro. "Só quero que sempre haxa vida no mar"

E dende entón tanto ela como os seus amigos os animais intentan coidar o planeta. E ti queres escoitar os seus consellos? porque... quen quere que desaparezca a vida da terra? EU NON!
(Pica nos videos para poder velos en grande)

Watch videos at Vodpod and more of my videos

APRENDEMOS A COIDAR O PLANETA

Que che parece se lle demostramos aos animais que os humanos fan todo o posible por coidar do planeta?

Aquí tes un xogo para refrescar os teus coñecementos sobre reciclaxe. Recorda: o contenedor dos restos orgánicos é verde, os plásticos van ao amarelo, os papeis ao azul, e o vidrio ao verde escuro. Lembra gardar o aceite de frituras, tv, ordenadores... para levar ao punto limpo máis cercano a túa casa e que no cole recollemos as pilas usadas.

Preme na imaxe e convírtete nun experto en coidar o planeta!


Pero... e se pos a proba os teus coñecementos sobre aforrar enerxía na túa casa? No seguinte xogo terás que apurar moito para ser un bo ecoloxista. Preme na imaxe e adiante!

jueves, 15 de abril de 2010

AS SEREAS E A MAXIA DAS BALEAS

Ai rapaces! que tempos aqueles cando, algunha vez, o oceano estivo cheo de baleas, tan grandes como os cumes e apacibles como a lúa! Podías falar con elas dándolles unha caracola ou unha fermosa pedra e elas a cambio deixabante escoitar o seu canto.

Como eran máxicas regalaban o seu canto a quen cría na poesía e na beleza. Houbo humanos que foron afortunados e tiveron esta experiencia.

E ti? Queres comprobar todo esto dando un paseo con nós polo mar deste poster dixital? Preme AQUÍ para agrandalo e a disfrutar da maxia das baleas.



Agora, tes ti que dar tamén unha cousa a cambio. Que che parece se lles demostras o moito que aprendiches con elas? Este xogo que te presento está en catalán pero é facilísimo de entender. Preme na foto e demostra do que eres capaz! (Dalle a ejecutar e espera un pouco mentras carga)

lunes, 12 de abril de 2010

LUGRÍS, AS SISARGAS, MALPICA E AS BALEAS


Ei chic@s! Sabedes que na Costa da Morte, en pobos como Caión e Malpica, hai moito tempo se cazaban baleas?


Pois o pintor Urbano Lugrís sí, por eso pintou as Sisargas, unha illas que quedan preto deste pobo, como unha enorme balea.

Eu estou na praia de Malpica mirando co meu catalexo a ver se diviso algunha balea pero creo que están todas escondidas.


Pero, que vos parece se ledes atentamente o seguinte e así entendedes o que vos estou a contar?

Ata pronto! Xa verás que sorpresa che está a preparar a Contadora de Soños sobre as baleas.

viernes, 9 de abril de 2010

O PINTOR DAS SEREAS: URBANO LUGRÍS



Ti sabes que en Galicia temos un maravilloso pintor (xa falecido) que pinta o no so mar, as súas lendas e os seres fantásticos que o habitan? Chámase URBANO LUGRÍS e se premes na foto da dereita poderás coñecer a súa biografía, xa sabes a súa vida e obra.

Pero se o prefires neste video podes ver algúns dos seus cadros.



Eu estou intentando facer un bonito cadro coma él pero é dificilísimo. Os que si o conseguiron foron os nen@s de 5º de Primaria que levan moito tempo, cortando papeliños de revistas, clasificandoos por cores... un traballo en equipo que deu como resultado estes magníficos mosaicos de 4 cadros importantes de LUGRÍS. Mira e verás que ben lles quedaron! Por suposto estan adornando o noso colexio.

lunes, 5 de abril de 2010

A SEREA DOS MOURIÑOS



Ola a tod@s! Que tal as vosas vacacións? Eu na Costa da Morte a xogar con Zeltia e dúas focas grises que se andan a agachar de nós. Si, xa vés, aparte dunha serea, neste conto tamén hai focas. Os rapaces e rapazas de 4ºA estaban desexando que chegara por fin este momento e todo o mundo coñecera a historia que lles tocou preparar. A ler e a disfrutar!

Xa ves que historia tan tráxica e fermosa ao mesmo tempo. Eu xa sei que das sereas sabes moitas cousas pero... e das focas? A ver se che gusta agora o que che teño preparado sobre elas!

AS NOSAS AMIGAS AS FOCAS

A que che quedaron moitas ganas de saber moito máis? Pois disfruta deste video e estate moi atento porque polo camiño vanche ir facendo preguntas e espero que acertes todo.

 
aladin