domingo, 30 de mayo de 2010

OS ROMAN@S 1



Ola! Estou dando un paseo por Roma e así ver en vivo en en directo o lugar de orixe da civilización romana e contarche moitas cousas sobre os roman@s.

Que che parece se empezamos? Fíxate ben porque logo terás que respostar unhas preguntas.

(Para saber máis preme en os roman@s)




FICHAS PARA TRABALLAR NA AULA E DESCARGAR EN PDF PREMENDO AQUÍ

miércoles, 26 de mayo de 2010

O ESCUDO DE GALICIA DE CASTELAO

En Galicia Castelao é unha figura moi importante, foi escritor e un dos pais do nacionalismo galego. (se premes cada vez que apareza o seu nome aprenderás moitas máis cousas sobre él)

Os alumn@s de 6º presentanche o escudo de Galicia que diseñou Castelao, feito con papeliños de cores recortados de revistas e que agora está adornando o noso cole pero que levou moito, moito tempo... a que quedou precioso?

Dise que Castelao se inspirou en dúas lendas galegas para diseñalo:

- A LENDA DA SEREA DE SÁLVORA (que xa coñeces e que podes recordar se premes)
- E A LENDA DO MONTE MEDULIO que che presentamos a continuación.



Apeteceche saber moito máis sobre os romanos e a súa chegada a Galicia? Pois presta atención ó que che contan neste video.

lunes, 24 de mayo de 2010

ENTRADA ESPECIAL: FRANKESTEIN EN SANTA COMBA

O grupo de teatro FACE2FACE representou a súa particular versión de FRANKESTEIN, da autora MARY SHELLEY en inglés claro.

Como o curso que ven traballaremos moito inglés en CONTADORA porque iremos aos países celtas, de actual fala inglesa, é boa cousa que vaiades practicando.

This is the story of Monster Madness. The story of Dr Frankenstein and her creation. He is going to create life fron death using human body parts. Arms, hands, legs, feet, eyes, ears and a brain. It is here in the cementery where he will find the body parts to create her monster.

sábado, 22 de mayo de 2010

UN DÍA ESPECIAL

Como remate á Semana Cultural, o venres 21 de maio, tivemos diversas actividades.

Por unha banda, pola mañán, no Multiusos de Santa Comba con Fernando e Mari Carmen e no cole, pola tarde, con Lidia e o profe Pardiñas.

Historias de raposos, poesías sobre o mar e a terra, o rap do libro, letanía de Galicia, cancións, bailes, o rap das Letras Galegas...

Aquí che deixo unha selección destas actividades para que as disfrutes tanto como nós.

(Lembra, preme en cada video e aparecerá en pequeno, busca as flechas para amplialo en pantalla total)


Watch videos at Vodpod and more of my videos

jueves, 20 de mayo de 2010

BARRO E OLEIROS, FLORES E MAIOS

Hoxe recibimos a Pepe e a Julio, dous oleiros de Buño que xa levan seis anos visitando o noso cole e ensinando aos nen@s a traballar co barro e o que fai un oleiro.

Os rapaces e rapazas de 4º e os alumnos de infantil de 5 anos foron os afortunados en recibir as súas ensinanzas. Aquí vos quedan imaxes desta experiencia.


Por outra banda os alumn@s de Infantil, coa axuda das profes, divertíronse moito realizando un maio. Queredes ver o bonito que lles quedou?

miércoles, 19 de mayo de 2010

ESCOLA DAS AREAS

Hai moito, moito tempo, na escola, os mestres non ensinaban galego e tiñan un sistema de aprendizaxe distinto.

No seguinte corto de animación en plastilina titulado ESCOLA DAS AREAS
, baseado nun texto de Frai Martín Sarmiento , donde él aparece coma un mestre con novos métodos poderedes ver esto que vos estou a contar.
(Preme enFrai Martín Sarmiento e verás...)

E como no noso cole somos partidarios da ensinanza en galego e seguimos os consellos de FRAI SARMIENTO, nesta Semana Cultural decidimos celebrar un partido de BALONCESTO e de FUTBOL SALA entre os profesores e os alumnos de 6º, mentres o resto do colexio animaba. Apetéceche votar unha ollada? (Lembra que empregando as frechas podes velo en grande e pasar as fotos)

martes, 18 de mayo de 2010

O RAPOSO, UN PERSONAXE TRADICIONAL GALEGO

O raposo é un personaxe que aparece continuamente nos contos populares da nosa tradición: mentireiros, sempre moi garvosos, incluso ante as dificultades, e que viven de enganar aos demais para conseguir encher o bandullo.

Fernando, o encargado do equipo de Dinamización Lingüística, está a preparar unha sorpresa coa axuda de algúns dos alumn@s do noso cole sobre os raposos.

E, mentras tanto, aquí che deixo un conto "O SAPO E O RAPOSO" que che vai encantar, e tamén o TRAILER da película MR. FOX, donde se narran as aventuras dun raposo moi, moi listo e que veremos na aula para reforzar este traballo.

Lembra: se premes no video aparecerá unha pantalla donde podes velo en pequeno ou amplialo empregando as flechas.


Watch videos at Vodpod and more of my videos



domingo, 16 de mayo de 2010

UXÍO NOVONEYRA E OS OUVEOS DO LOBO

Ó longo desta semana imos render homenaxe ao noso idioma, á lingua que empregamos e sentimos como nosa e, como non, a nosa cultura.

No cole teremos distintas actividades e remateremos o venres cun acto especial.

Comezamos cunha adaptación do conto "UXÍO NOVONEYRA O GRAN LOBO BRANCO" escrito por CARMEN HERMIDA GULIÁS e ilustrado por Doblelópez.

A música de fondo é do grupo FOLK ON CREST, do que temos permiso para facer chegar os seus sons lonxe, moi lonxe. Ademáis, sabes que YOLANDA RÍO, unha xalleira de Santa Comba, forma parte do grupo coa súa voz, pandereita e gaita galega? (Se premes en FOLK ON CREST coñecerás máis deste grupo)

Podes ampliar o conto e parálo para ler moito mellor. Fíxate nas flechas.

View more presentations or Upload your own.

Como ves UXÍO escoitou nos seus soños a voz da loba branca e así foi como aprendeu a recitar, a ler, para engadar a quen o escoite tanto cas súas poesías como cos seus maravillosos contos!

Nesta estantería tes tres contos que che van gustar moito: O CUBIL DO XABARÍN, GORGORÍN E CABEZÓN e ILDA, O LOBO, O CORZO E O XABARÍN. Ven a Biblioteca e boa lectura!

jueves, 13 de mayo de 2010

AS LETRAS GALEGAS E UXÍO NOVONEYRA

Para saber por que o 17 de maio é o Día das Letras Galegas e disfrutar de bonitas actividades relacionadas co escritor UXIO NOVONEYRA, o homenaxeado deste ano, mergullate neste poster dixital e se queres velo en grande preme AQUÍ.


Fontes:
VIEIROS DA ESCOLA
PÁXINA DE UXIO NOVONEYRA
Actividades en liña do CEIP FRIAN-TEIS
Páxina Web da SERRA DO COUREL
Conto A PRINCESA DO COUREL de Patacrúa
POESÍA Na Virada e Uxio Novoneyra
FOTO: Escudo de Galicia de Castelao elaborado polos nen@s de 6º de Primaria.
FOTO AS LETRAS GALEGAS: poesía visual dos nen@s de 5º A

miércoles, 12 de mayo de 2010

"MAR LIBRE" UNHA HISTORIA DE LOITA POLA LIBERDADE NA NOSA GALICIA


Jo, como pesa esta espada! Como podían loitar antes así? Creo que non valgo para facer de extra nesta película galega!

Sabes? na illa de Sálvora, no ano 1770, século XVIII, instalouse unha fábrica de salgadura de peixe e perfectamente o que se narra na película "MAR LIBRE", ambientada nesta época, poido acontecer aquí.

O amor entre o fillo dun pescador e a filla dun rico fomentador catalán da industria da salga, discorre no medio dunha gran revolta social das xentes do mar. Un heroe do pobo, encabezará unha loita pola vida e a liberdade.

Aquí tes un trailer que che deixará con ganas de máis...

martes, 11 de mayo de 2010

AVENTURA VIRTUAL NAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA



Bueno, bueno! Aquí me tedes toda entusiasmada con esta aventura virtual que nos propón a CONTADORA DE SOÑOS. Vou intentar gañarvos a tod@s! Cóntovos de que vai cousa:

Pártese dun faro que nos vai levar a catro illas: ONS, AS CÍES, SÁLVORA e AS SISARGAS.

Tedes que levar na vosa viaxe virtual un CADERNO DE BITÁCORA, para facer anotaciós, gardar as fotos que sacades e recoller información.

En cada illa van a aparecer dúas fotos, premendo nelas vanvos dar información e tamén as pistas do que tedes que atopar con enlaces a Geoogle para buscar o que vos piden.

ATENCIÓN: este xogo é para os nenos de TERCEIRO CICLO e farémolo na clase na aula dos ordenadores e por grupos a ver quen consigue máis información pero, o que queira ir practicando pode empezar xa! Será eso facer trampa? Que non se entere a profe! Preme na imaxe e adiante!


GRAZAS AO CEIP AGUIÑO (Ribeira) e a UXIA, excelente mestra, excelente persoa, excelente cabeza pensante.

lunes, 10 de mayo de 2010

O AFUNDIMENTO DO SANTA ISABEL E AS HEROÍNAS DE SÁLVORA




Ola a todos de novo. Aquí estou contándolle a este rapaz o conto do meu amigo o Capitán Benito sobre o que aconteceu na illa de Sálvora, unha noite de inverno, no século pasado.

Xa sabes que hai o mito dunha muller-serea que fundou a saga dos Mariño, pero tamén hai unha historia real de mulleres: AS HEROÍNAS DE SÁLVORA que acudiron ao rescate do Santa Isabel, un barco que naufragou naquelas costas.

Ármate de paciencia e le con atención porque ao final vas te que contestar a unhas preguntas. Serás capaz de acertar todas? (preme en FULLSCREEN para agrandalo)
Grazas a HEROÍNAS DE SÁLVORA



domingo, 9 de mayo de 2010

O MAR DEPENDE DE NÓS, NÓS DE PENDEMOS DO MAR (ACTIVIDADES)


Pronto faremos na clase estas actividades elaboradas polo CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA (CEIDA) para sensibilizar sobre a importancia do coidado do mar e do litoral, recollidas da súa web ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS Se te apetece podes imprimilas e intentar facelas. Para primeiro ciclo recomendo a ficha 4.
Fichas Coidado Do Mar
Grazas ao RECANTO DE MIK

viernes, 7 de mayo de 2010

QUE VE UNHA SEREA NO MAR? O MAR POR DENTRO.



Que bonito é o mar por dentro! Esto é uha maravilla!

E a ti que, apetéceche dar unha volta e velo?
Mariña, a serea de Sálvora, renunciou a todo esto por amor, pero, tivo sorte, coñeceu ambos mundos: o marino e o terrestre.

Mira e disfruta dun ecosistema que temos que coidar e a ver cantas especies recoñeces!



E despois de visionar as maravillas do noso oceano anímaste a exploralo? Preme na imaxe e xa verás...



miércoles, 5 de mayo de 2010

A SEREA DE SÁLVORA, A LENDA DOS MARIÑOS


Chisssttt! non fagades ruido! Estou a durmir ao primeiro MARIÑO, o antepasado dunha familia moi importante en Galicia, descendente da serea de Sálvora e o Señor do Castelo. Os nen@s de 6º de Primaria son os encargados de contarche a súa historia. Le atentamente.

Mixbook - Create Beautiful Photo Books and Scrapbooks! | View Sample Photo Books | Create your own Photo Book


Agora que coñeces a orixe da saga dos MARIÑOS e do seu apelido, apetéceche saber máis dos teus? Preme na imaxe e saberás cantas persoas teñen o mesmo apelido ca ti, en qué concellos viven... pasa e investiga! (Nota: para saber máis sobre os Mariños preme no seu nome)

lunes, 3 de mayo de 2010

O CANTO DA SEREA NAS RÍAS BAIXAS



Ala que nos vamos! O canto da serea lévanos as Rías Baixas ao PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS que está formado por catro illas: ONS, CIES, SÁLVORA e CORTEGADA.

Cada illa ten unha maxia especial. En Ons andan as ánimas soltas, en Cies pernoctaron héroes e deuses, en Cortegada hai tesouros agochados baixo o mar e en SÁLVORA...ahí está unha serea agardando por nós!


Pero se lle votas unha ollada a este video contaranche esto en vivo e en directo!




E agora son os rapaces e rapazas de 6º os encargados de presentarche a illa de Sálvora.

O que pasa que son un pouco trastes e a lenda da serea queren contala noutra ocasión. Jo! Eu quería coñecela xa pero fannos esperar, mira que son!




Fonte video: Galicia para el mundo
 
aladin