domingo, 16 de mayo de 2010

UXÍO NOVONEYRA E OS OUVEOS DO LOBO

Ó longo desta semana imos render homenaxe ao noso idioma, á lingua que empregamos e sentimos como nosa e, como non, a nosa cultura.

No cole teremos distintas actividades e remateremos o venres cun acto especial.

Comezamos cunha adaptación do conto "UXÍO NOVONEYRA O GRAN LOBO BRANCO" escrito por CARMEN HERMIDA GULIÁS e ilustrado por Doblelópez.

A música de fondo é do grupo FOLK ON CREST, do que temos permiso para facer chegar os seus sons lonxe, moi lonxe. Ademáis, sabes que YOLANDA RÍO, unha xalleira de Santa Comba, forma parte do grupo coa súa voz, pandereita e gaita galega? (Se premes en FOLK ON CREST coñecerás máis deste grupo)

Podes ampliar o conto e parálo para ler moito mellor. Fíxate nas flechas.

View more presentations or Upload your own.

Como ves UXÍO escoitou nos seus soños a voz da loba branca e así foi como aprendeu a recitar, a ler, para engadar a quen o escoite tanto cas súas poesías como cos seus maravillosos contos!

Nesta estantería tes tres contos que che van gustar moito: O CUBIL DO XABARÍN, GORGORÍN E CABEZÓN e ILDA, O LOBO, O CORZO E O XABARÍN. Ven a Biblioteca e boa lectura!

No hay comentarios:

 
aladin