martes, 22 de junio de 2010

FELICES VACACIÓNS!




Ben, chic@s este curso rematou. Traste e Zeltia xa hai uns días que marcharon de vacacións, seica van a Irlanda a argallar algunha das súas... e eu, eu vou a un paraíso queredes velo?



Pero antes de marchar, déixovos un video especial da nosa festa de fin de curso. A que o pasamos moi ben coas actuacións de Mamá Cabra, bailes e xogos populares?


jueves, 17 de junio de 2010

DESPEDIDA CON SORRISOS E HUMOR



Para tod@s os meus alumn@s de 6º para que enchades o voso cofre.

Quérovos.



E se queredes ver o mellor partido do mundial aquí o tedes.

miércoles, 16 de junio de 2010

PREMIOS PARA CONTADORA

Dende BLOGMANÍACOS veñen estes dous premios para o noso blog, a que son bonitos? Gustaríame pasarllos a miña compi de APRENDENDO TODOS XUNTOS e aos rapaces de 1º ciclo e, lóxicamente, a todos os meus seguidores. Bicos para tod@s!



















E dende BIBLIOTICS e BRUJITA DE LUX este outro tan divertido, que sorte temos de ter estes amigos!

lunes, 14 de junio de 2010

OS XACI@S DO RÍO MIÑO


Rematamos o curso e tamén o proxecto "O CANTO DA SEREA" co conto dos rapaces de 3º sobre os xacios, as sereas que viven no río Miño.

Quero felicitar a estes alumn@s pola súa paciencia xa que levan moito, moito tempo esperando a contarvos esta historia mentras eles aprendían das vosas.


Escoita ben porque está narrado en forma de poesía, serás capaz de recoñecer as voces dos narradores?


E agora... apetecehe xogar cos xacios? Preme na imaxe, elixe o número de xogadores e adiante...

O CAROCHO O BARCO DO MIÑO


O CAROCHO é unha das embarcacións máis características do rio Minho, empregábase para a pesca e para o transporte de persoas.... disque é procedente da tradición vikinga ou normanda...




Neste video podes dar un paseo nel polo río Miño.


E se premes na imaxe podes facer un bonito puzzle.



GRAZAS AOS XACIOS DE GOIÁN

viernes, 11 de junio de 2010

BAILANDO POR UNHA EDUCACIÓN PARA TOD@S

Ola a tod@s! Xa vexo que vos gustou moito o meu baile con Traste.


Agora quero presentarvos o voso baile, o de toda Primaria, ese que todo o que queira pode vir a ensaiar no recreo para bailar no festival de fin de curso, e que é un segredo.


Tamén aproveito para que vexades que guapa me debuxou Sara Vecino de 6º. Moitas grazas ruliña!


Bicos a tod@s e moitas grazas por apoiar esta campaña 1BAILE, 1 CANCIÓN, 1 GOL POLA EDUCACIÓN.

(Se queres podes velo mellor a este tamaño, se o amplias a imaxe perde calidade. Grazas a Lucía de "Tardes Divertidas" por esta excelente coreografía)

jueves, 10 de junio de 2010

UN PRECIOSO CAMBIO EN CONTADORA DE SOÑOS

Fai tempo que tiña ganas de darlle un cambio ao blog e por fin chegou o momento. Aquí tedes o resultado e á dereita as responsables de que esto fora posible: ANTONELLA, de 6º, e LAURA, de 2º. Autoras dos maravillosos debuxos da cabeceira.

Grazas ás dúas por contribuir a que o noso blog fose máis bonito se cabe e tamén grazas ao resto dos alumnos que me debuxaron coma unha maravillosa princesa.

Para vós este baile no que me fai compañía alguén especial.









TARXETA AMARELA AOS LÍDERES MUNDIAIS


A miña querida amiga Conchita, a través do seu blog Blogmaníacos, segue a informarme sobre a campaña 1GOL PARA A EDUCACIÓN.

Agora temos que escribir miles de tarxetas amarelas con mensaxes para os líderes mundiais, que se van a reunir en Sudáfrica co Presidente Jacob Zuma antes de que acabe a Copa do Mundo.

Nos no colexio xa estamos a preparar as nosas tarxetas




Pero se o queres facer a través da páxina web de 1 GOL PARA A EDUCACIÓN, preme na imaxe da miña tarxeta, segue os pasos que che din e eles farán a túa tarxeta para entregarlla na man.


martes, 8 de junio de 2010

1 GOL POLA EDUCACIÓN

Rapaces aquí está o resultado do noso traballo e do noso baile do WAKA WAKA percorrendo todo o colexio. Este video será subido á páxina oficial da campaña 1 GOL POLA EDUCACIÓN. É o noso gran de area para contribuir á protesta de que haxa tantos nen@s sen escolarizar.
Parabéns a tod@s os que participaron e aos profes que se añadiron ao baile. Grazas aos que non protestaron mentras nos adueñabamos do colexio coa nosa música e os nosos bailes e miles de bicos a tod@s os nen@s do mundo!

Deixote o video oficial de SHAKIRA para que o disfrutes e o bailes tanto como nós.

APETECHE VOTAR UN BAILE?


A través dun blog amigo entereime desta iniciativa que me gustaría propoñervos a tod@s.

Os líderes mundiales prometen que todos os nen@s terán unha educación primaria para o ano 2.015 pero, a 5 anos de distancia, inda hai no mundo 72 millóns de rapaces e rapazas que non están escolarizados.

O mellor de todo esto é que nós podemos facer algo e sabes como? Pois participando na campaña 1 GOL POLA EDUCACIÓN na que están colaborando personalidades de todo o mundo.

Neste video de Shakira, cuia canción ESTO É ÁFRICA é a oficial do mundial de fútbol que comeza esta semana, anímanos a grabarnos bailando o tema e a colgar o vídeo na súa páxina de YOUTUBE para remover conciencias e lograr a educación para tod@s.

Preparádevos porque tod@s os que queirades participar poñerémonos moi pronto a traballar. (Se premes na imaxe poderás coñecer maís sobre esta iniciativa)

sábado, 5 de junio de 2010

A NOSA BIBLIOTECA ESTREA BLOG

Ola a tod@s! O noso Bibliorato está moi contento porque no equipo de Dinamización da Biblioteca estamos a estrear un blog que se chama BIBLIORATO XALLEIRO. Dende aquí invítovos a todos a que o visitedes! (Preme na imaxe)

viernes, 4 de junio de 2010

DE ROMA A GADES

Para rematar, polo momento, cos roman@s propóñoche un xogo no que poñerás a proba a túa cultura, paciencia, perspicacia, lóxica, sorte... Proba a ver canto tardas en chegar desde Roma hasta Gades (Cádiz), pasando por distintas probas. Preme na imaxe e ánimo! ( Para xogar: 1- salta intro, 2- elixe unha cor e un nome dalle a continuar, 3- pon un nome para gardar a túa partida , 4- dalle outra vez a continuar , 5- entrada no xogo, premes no dado e vas as casillas das flechas, premes e vanche facer unha pregunta (aparecerá marcada en gris), marca a resposta que cres correcta (non importa se te equivocas pois o importante é aprender), e volta a tirar. A ver canto tempo tardas en chegar a Cádiz. Sorte!)



FONTE: Junta de Andalucía

miércoles, 2 de junio de 2010

ROMAN@S E MOSAICOS


Que rapaces e rapazas! Queredes subir conmigo a miña bicleta e acompañarme por esta viaxe virtual a unha "DOMUS ROMANA". Non imaxinades as sorpresas que vos están agardando! A ver se atopades onde vos falan dos mosaicos romanos!

Nos queremos ser como os roman@s e temos a clase adornada con mosaicos feitos de papeliños. Mira que bonitos!


E por último, se premes na imaxe poderás diseñar os teus propios mosaicos con distintas figuras xeométricas.

 
aladin