sábado, 31 de julio de 2010

1 DE AGOSTO, FESTA DE LUGNASAD

Chic@s, sabedes que o 1 de agosto celebrase unha gran festa celta chamada LUGNASAD? Neste poster dixital poderedes aprender moitas cousas sobre esta festa! Preme en cada foto para vela en grande ou preme aquí para amplialo e FELIZ LUGNASAD!

viernes, 23 de julio de 2010

UN CONTO, UNHA CIDADE, UNHA CATEDRAL, UNHA LENDA... 25 XULIO, DÍA DA PATRIA GALEGA

O PICO SACRO é unha montaña máxica que queda moi preto de SANTIAGO DE COMPOSTELA, no val do Ulla.

Nas súas profundidades escondíase un fabuloso tesouro custodiado por dous leóns e dous xigantes de ferro o protexían da avaricia dos humanos.

O señor que dominaba as tinieblas do interior do monte era un poderoso deus pagano ao que os veciños realizaban ofrendas de alimentos co fin de protexerse.

Neste conto, que a continuación podes ler, os protagonistas son esta montaña máxica, unhas estrelas, un apostol, unha cidade... Xa verás como che vai gustar.

E agora que che parece se das un paseo por esta maravillosa catedral da que xa sabes moito máis?

miércoles, 21 de julio de 2010

PRESENTAMOS O PROXECTO "MAXIA CELTA" AOS PREMIOS EDUCAWEB

Ola a tod@s de novo! Que vos parece? O proxecto "Maxia Celta", deste curso 2009-2010, está presentado ao III PREMIO EDUCAWEB e xa imaxinades o difícil que foi explicar todo este proxecto en 15 páxinas como pedía o xurado.

Espero que esta sexa unha experiencia tan enriquecedora e positiva como cando nos presentamos ao IV premio Edublogs. Aquí vos deixo o proxecto moi, moi resumido. Bicos veraniegos.
PROXECTO MAXIA CELTA

jueves, 15 de julio de 2010

UN AGASALLO DENDE PEQUENET

Que tal rapaces? Espero que as vosas vacacións estean cheas de aventuras, as miñas son increíbles.

Xa me vou recuperando do agotamento do curso pero teño un problema, a cabeza non para de ter ideas para o curso que ven... como diría a raíña de corazóns: que lle corten a cabeza!

Esta entrada está adicada a PEQUENET, si xa sabedes os da nosa estantería que nos van recomendando libros. Mirade que sorpresa nos quixeron dar!

Hola, me gustaria ofreceros incluir en vuestro blog el premio Pequenet 2.0 que hemos creado con la intención de felicitar a los profesores que integran las TIC en su currículo.

Se trata de una caja llena de trabalenguas que se van renovando, esperamos que os guste.

Un saludo, felicidades por el blog.
Ana Municio,
Asesora pedagógica de Pequenet.com


MILES DE GRAZAS POR TAN PRECIOSO AGASALLO!
 
aladin