sábado, 28 de agosto de 2010

UNHA POSTAL DENDE IRLANDA

Rapaces e rapazas, estou moi, pero que moi preocupada.


Xa sabedes que Traste e Zeltia marcharon de vacacións a Irlanda e mandaron xa varias cartas explicandonos cousas deste país pero, agora, chega esta mensaxe por correo máxico urxente. Lede ben o que pon. Creo que pasa algo e espero que o mundo máxico nos dea máis pistas para podelos axudar. INVOCO AOS TUATHA DE DANAAN para que os protexa.

miércoles, 25 de agosto de 2010

OS PRIMEIROS GALEGOS EN IRLANDA (OS FILLOS DE BREOGAN E MIL)

Temos outra misiva de Traste e Zeltia dende Irlanda cun conto moi interesante dos primeiros galegos en Eirin.










Seica Breogán era un caudillo celta que fundou a cidade de Brigantia (actual Coruña) e o faro da "TORRE DE HÉRCULES". Un día o seu fillo Ith, unha noite de novembro, divisou dende o faro unha illa e ata ela embarcou xunto con algúns homes... pero, será mellor que sigas ti lendo.
(ollo! podes pausar o reproductor para poder ler mellor e tamen amplialo.)



PÓSANNA (BICOS EN IRLANDÉS)

Ata pronto Traste e Zeltia. Vaia historia que nos contaron verdade?. Os Tuatha Dé Danann ("Xente da deusa Danu") era o pobo máxico que vivía en Irlanda. Con esta derrota tivo que retirarse ao mundo subterrano e dende alí velan polo seu país.

jueves, 19 de agosto de 2010

UNHA CARTA CUNHA LECCIÓN DE GAÉLICO


Carai nen@s! Acaba de chegar esta carta de Traste e Zeltia dende Eirin (Irlanda) na que nos queren ensinar palabras en gaélico e en inglés (os dous idiomas de Irlanda).

Estes dous estan a facernos trastadas! Quen raios quere estudiar no verán?

Bueno, vós votadelle unha ollada non vaia ser que se enfaden pero, xa o iremos aprendendo durante o curso pouco a pouco
.




Aquí tedes partes e mobiliario dunha casa.
View more presentations from gaeltalk.

Esto sí que me gusta: comida!
View more presentations from gaeltalk.

E agora un amigo de Traste e Zeltia vai explicarnos algo sobre este idioma. Mirade ben que simpático é!

miércoles, 11 de agosto de 2010

UNHA CARTA DENDE IRLANDA, REINO DAS FADAS, DOS DUENDES CELTAS E DA MAXIA NO MUNDO.


Como sabedes Traste e Zeltia están de vacacións en Irlanda. Dende alí queren explicarche como é este país xa que mandaron unha carta por correo máxico. Grazas Traste e Zeltia, esperamos que o estedes a pasar moi ben.







IRLANDA é unha illa situada ao nor
oeste de Europa e forma parte do arquipiélago británico.

Está dividida en dúas: Irlanda do Norte que forma parte do Reino Unido (o idioma oficial é o inglés) e a República de Irlanda no sur (o idioma oficial é o irlandés ou gaélico e o inglés).

A cor laranxa da súa bandeira simboliza aos que teñen a relixión protestante, o verde aos católicos e o blanco a paz que chegará entre eles.






A illa ten
catro provincias: Leinster ao este, Munster ao sur, Connaught ao oeste e Ulster ao Norte. Ao mesmo tempo subdivídese en 32 condados, 28 pertencen a Republica de Irlanda e 6 forman Irlanda do norte.







Agora que xa sabes algo máis de Irlanda, queres votarlle unha ollada?



Slàn! ("adeus" en irlandés)

Ata outra Traste e Zeltia! Mentras eu deixovos estes debuxos para colorear de Irlanda.

Dibujos Colorear de Irlanda

miércoles, 4 de agosto de 2010

CASTROS, CELTAS, AVENTURAS E CÓMICS

O Castro de Baroña está situado en Porto do Son, A Coruña. Foi descuberto en 1.933 e declarado Patrimonio Nacional.

Neste castro, o autor Pepe Carreiro, sitúa aos BARBANZONS, unha tribu celta que vive moitas aventuras e seguramente xa coñeces algunhas delas: BAROÑA OU MORTE, A NOITE DE SAMAIN e NO SOLPOR DA PREHISTORIA.

Acaba de sair publicada outra aventura de "OS PEQUENOS BARBANZONS" titulada: PEITO DE LOBO no que poderás ver un gran duelo entre un Barbanzón e o loitador máis forte de todo o Barbanza. Ti como cres que rematará?

Ao final do libro tes pegatinas e debuxos para colorear así que, xa sabes, animate a ler agora que tes tempo no verán.




Por outra banda, neste pequeno corto, titulado "O VISGO MÁXICO" poderás ver o interese dos nosos autores por traballar para o público esta parte da nosa historia.

 
aladin