miércoles, 29 de septiembre de 2010

SERES IMAXINARIOS

Recordade que cada curso está a traballar nun conto, galego ou irlandés, sobre pantasmas, aparecidos e seres fantásticos. O noso contacontos irlandés, Hanrahan, está desexando ver que tal debuxades! Pero, que vos parece se mentras os rematamos falamos dos seres imaxinarios e facemos algunhas actividades con eles?

Todos sabemos que os seres imaxinarios son aquelas criaturas que xurdiron da invención humana e da súa imaxinación, que poboaron a vida dos nosos antepasados e que existen en todas as culturas: banshees, lavandeiras, centauros, demos, fadas, sereas, dragóns, trasnos, lamias, minotauros, esfinxe, cancerbero, basilisco, trolls, o apalpador, lobishome, xacios...

Na clase inventaremos o noso ser imaxinario ou ben faremos un, coa mezcla da varios. Seredes capaz de empregar a vosa imaxinación? Que saldrá de aquí?

Mentras, podedes entretervos con este xogo. (Preme na imaxe e logo en ejecutar)

sábado, 25 de septiembre de 2010

QUE É O MEDO?

O medo é unha emoción que se pode moldear a través da educación. Todos sentimos medo na nosa vida e grazas a él logramos sobrevivir como especie .

O corpo ten estos síntomas cando sinte medo: palpitacións, sudor de  máns e nerviosismo.

É importante coñecer os nosos medos para poder enfrentarnos a eles.

Eso é o que estamos a facer no colexio, falar do medo para vencelo e non ter ningún impedimento para facer o que queiramos na vida porque seremos sempre MOI VALENTES! 

(Querida Morrigan, deusa irlandesa das sombras, das pantasmas, da destrucción e da guerra, con nós levas as de perder porque todos os nen@s están superando o que a tí máis che gusta: METER MEDO!)

OS MEDOS

Como estamos a falar do tema do medo estivemos traballando, por grupos, distintas cousas:
 
- Debuxos representando os nosos medos. (Pantasmas, bruxas, aparecidos, ratos, serpes, a soedade, a escuridade, aos pesadelos... son os medos que máis se repetiron).

- Elaboración dunha poesía visual co medo.

- Intruccións para acabar cos medos: pensar en cousas bonitas, reirse, cantar, encender a luz, respirar fondo, relaxarse...

- Como meterlle medo a alguén: escondéndose e aparecer de repente, disfrazándome de pantasma, contarlle un conto de medo para que teña pesadelos, poñer cara moi, pero que moi, moi fea...

Agora tod@s estamos conseguindo vencer os nosos medos. Os máis valentes de momento son os rapaces de segundo que viviron unha aventura fantástica, queredes vela?



E que tal se vos deixan unha canción para que aprendades a non ter medo como eles?

jueves, 23 de septiembre de 2010

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA: A FURNA DA BUXERANA

CONÁS ATÁ TÚ ( COMO ESTÁS? en gaélico) Hanrahan?


Canto estamos a aprender xuntos! O que nos ensinaches na anterior entrada sobre as banshees foi moi, moi interesante! Algúns que presumían de non ter medo a nada pasaron medo de verdade!

Agora, estamos a preparar unhas historias fantásticas para contarche, desas que che gustan, onde se mezclan os namor
ados cos aparecidos, pantasmas, seres máxicos... Seica che van encantar!

De momento os rapaces e rapazas do Barrié queremos regalarche este libro para que leas a primeira historia titulada "A FURNA DA BUXERANA" que aconteceu na parroquia de Moraime en Muxia, moi preto de Santa Comba.


Esperamos que te entreteñas coa súa lectura, sentadiño ao quentiño da lareira, mentres che estamos preparando moitas máis sorpresas.

Seguro que Morrigan está contenta co nós e co teu trato, xa ves que somos moi educados.




Como ves os troveiros cantaban historias de amor, de amores imposibles como este deste precioso conto. E, agora, que che parece se escoitas unha desas cantigas de namorados pero con música actual? (CANTIGA DE AMIGO, unha namorada chorando polo seu amado)

A ARPA DO DAGDA, GRAN BARDO IRLANDÉS


Que historia mais interesante a da Furna da Buxerana! Pero, sabedes? No meu país tamén os bardos e troveiros cantan cancións de amores tráxicos e sobre heroes mortos.



O máis importante de todos os tempos é O GRAN DAGDA, o noso deus principal, é o BO DEUS. Dagda toca unha arpa (cláirseach en gaélico) feita de carballo e empregaba o seu son para poñer as estacións en orden.

Foi un dos xefes do pobo que estaba en Irlanda,os TUATA DE DANANN, antes de que chegaran os fillos de Mil. Gran guerreiro e amante de MORRIGAN!

Din que un día, nunha batalla, o arpista do Dagda foi collido prisioneiro e con él a arpa do Dagda. Os fillos deste enteraronse de que a súa arpa estaba nun pazo submarino, onde vivían os seus enemigos. Como ir ata aló? Imaxinas o que sería vivir sin estacións?

Pois o Dagda coa súa maxia chamou cunha canción a arpa que voltou as súas máns:

Ven carballo dos berros!
Ven man de música cuádruple!
¡Ven verán, ven inverno!
¡Voz de arpas, fuelles e flautas!

Neste video do grupo TROBAR DE MORTE, podes escoitar unha fermosa canción sobre a arpa do Dagda. Por todo esto a arpa é un símbolo de Irlanda.



My harp flies to me! And it sings that magic melody.
My harp flies to me! And it cause sleep for the eternity.
My harp flies to me! And it you bring us the happiness.
My harp flies to me! And it cause the sadness this night.
Dagda, and its delighted harp, The ruler of life and death.
Dagda, God of the earth, The master of the magic and the war.
Dagda, you protect us and guide us toward the light. Dagda, plays your harp eternally for us...

domingo, 19 de septiembre de 2010

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA: AS LAVANDEIRAS, ESPIRITUS DA NOITE

Ei Hanrahan! A que estás moi a gustiño con esta lareira que che fixemos na aula? Ao calorciño dela imos a contarche historias da nosa terra porque, en Galicia, sempre se contaban a carón da lareira e eran os maiores os encargados de contar contos de aparecidos, de raposos, de lobos, da santa compaña...

Hoxe imos presentarche as LAVANDEIRAS. Que non sabes o que son? Pois son espíritos que aparecen nas noites de lúa chea nas beiras dos ríos.

Aparecen lavando as sabas manchadas do sangue e ésta nunca desaparece. Dise que
son mulleres que morreron no parto ou que deixaron morrer aos seus fillos sen bautizar.

Piden axuda aos vivos para escurrir as sabas (se aceptas tes que procurar torcer a roupa en distinto sentido ao que o fan elas) pero o é mellor escapar
cando un as ve e non facerlle caso porque traen mala sorte ou incluso ocasionar a morte.

Para que te fagas unha idea aquí temos un precioso video de CARLOS NUÑEZ e NOA donde se une a música e a voz para contarte esta preciosa historia.



A lavandeira da noite

Era unha noite de lúa,
Era unha noite clara,
Eu pasaba polo río,
da volta da muiñada!
Topei unha lavandeira
Que lavaba ao par da agua
Ela lavaba no río,
E unha cántiga cantaba:
Moza que vés do muíño,
Moza que vas pola estrada.
Axúdame a retorcer
A miña saba lavada.
Desaparece a lavandeira
Como fumeira espeirada
Onde as sabas tendera
Poza de sangue deixara!
Era unha noite de lúa,
Era unha noite clara

AS LAVANDEIRAS IRLANDESAS

Vaia rapaces como me gustou esta historia! Pois tomade nota! En Eirin temos tamén uns seres parecidos chámanse BANSHEE ou BEAN-SIDHE (en gaélico significa fada da colina ou fada do espírito). Ésta é unha mensaxeira da morte xa que cando aparece, normalmente cerca dos lagos, está lavando a mortaxa daqueles que están destinados a morrer. As veces canta e outras chora ou ben peitea os seus cabelos.

Son mulleres pequenas de pelo longo, loiro ou castaño cobrizo e viste con roupas e campesina, de cor blanco normalmente. Pero será mellor que o vexades...


miércoles, 15 de septiembre de 2010

CHEGA HANRAHAN O VERMELLO



Chic@s! temos que darlle a benvida ao cole ao emisario de Morrigan, chámase HANRAHAN o VERMELLO. DIA DHUIT! (ola, en gaélico-irlandés)

Sabedes? Aos irlandeses encantalles contar as súas vellas lendas de trasnos, fadas e desaparecidos. E ninguen mellor que HANRAHAN O VERMELLO, O CONTACONTOS VAGABUNDO, para narralas.

Un segredo que vos vou contar del: foi victima dun feitizo que o condenou a vagar eternamente por chegar tarde a unha cita coa súa prometida. A verdade e que era bastante enamoradizo e seguro que se entretivo con outra e... xa podedes imaxinar quen o condenou!

Dise que percorre o país de Irlanda contando historia
s de SIDHE, de espíritus da vella Eirin (nome en gaélico de Irlanda).

Co seu pelo vermello, as súas historias e as súas ganas de divertirse, HANRAHAN é o mensaxeiro da "ALEGRÍA DE VIVIR". Só que non está aquí para contar historias senon para escoitalas e levarlle esa alegría a MORRIGAN. Pero si lle gustan os nosos relatos promete contarnos algun conto irlandés.

Imos preparalle un sitio precioso no colexio onde vai estar moi agustiño. PRONTO, PRONTIÑO... Mentras, Hanrahan, que che parece se fas unha visita virtual pola nosa terra? Se premes na imaxe poderás coñecer os lugares que ti queiras sen sair do sitio.
Recurso recollido de PRIMER CICLO DE PRIMARIA

E, como podes ver, ata os xornais comentan a túa chegada.
WELCOME! FÁILTE !(BENVIDO en inglés e en gaélico-irlandés)




domingo, 12 de septiembre de 2010

MAXIA CELTA NO OBRADOIRO

Unión, amizade, traballo en equipo, colaboración, complicidade, esforzo, ledicia, sorrisos, maxia... Todos os valores que debemos empregar para enfrentarnos a deusa irlandesa MORRIGAN xurdiron onte na praza do obradoiro da man do músico galego CARLOS NUÑEZ, do grupo irlandés The Chieftains e da Orquesta Sinfónica de Galicia (dirixida polo irlandés David Brohphy, ao que se lle uniron os millores gaiteir@s de Galicia).

Un gran augurio para nós, irlandeses e galegos traballando xuntos por un obxectivo común. Eu creo que a raiña Morrigan vai levar as de perder.

Aquí vos deixo un video da maravillosa "GALICIAN OVERTURE" que, entre outras pezas, foi tocada onte no Obradoiro. A música das sete nacións celtas aparece aquí representada.

A que o mundo máxico está do noso lado?

martes, 7 de septiembre de 2010

MENSAXE DE MORRIGAN, RAIÑA DAS SOMBRAS

Chic@s, menuda historia teño que contarvos! Xa sei quen é MORRIGAN, a do mensaxe tan horrible da entrada anterior e que me deixou cos pelos de punta.

O seu nome significa "Raiña dos demos, tamén é a Raiña das sombras, das pantasmas, da destrucción e da guerra!...
Xa vedes que panorama se nos presenta con este currículum.


Pode aparecerse coma unha muller nova, coma unha velliña ou coma un corvo

A soberana de Irlanda, deusa da adivinación e da profecía, mandou agora estoutra mensaxe. Lede con atención o que nos ten que decir.



Seica vai mandar un emisario ao colexio para seguir o noso traballo porque tod@s unidos lograremos que Traste e Zeltia volten con nós. (Ainda que eu non seu se fiarme dunha bruxa malvada. Vós que pensades? Espero que non me esté a escoitar...) Por certo, xa adiviñastes que día serán liberados?

De momento, Morrigan, Gran Raiña, neste video os rapaces e rapazas do Barrié poden ver o teu poderío.
(Música Trobar de Morte, canción Morrigan)

miércoles, 1 de septiembre de 2010

UNHA MENSAXE MISTERIOSA PARA UNHA VOLTA AO COLE TERRORÍFICA



Mamaiñaaaa...! Acabamos de recibir esta mensaxe ESPELUZNANTE!


E ven acompañada deste video que che deixa tremendo de medo. Que me leven os trasnos se non é certo, miradeo ben!




Vou a investigar quen pode ser esta Morrigan, será ela a responsable dos problemas de Traste e Zeltia en Irlanda?(ver entrada anterior) Mentras, eu xa vedes como estou...

horror

Vaia forma de empezar o curso! Esta si que é unha volta ao cole terrorífica!
 
aladin