domingo, 12 de septiembre de 2010

MAXIA CELTA NO OBRADOIRO

Unión, amizade, traballo en equipo, colaboración, complicidade, esforzo, ledicia, sorrisos, maxia... Todos os valores que debemos empregar para enfrentarnos a deusa irlandesa MORRIGAN xurdiron onte na praza do obradoiro da man do músico galego CARLOS NUÑEZ, do grupo irlandés The Chieftains e da Orquesta Sinfónica de Galicia (dirixida polo irlandés David Brohphy, ao que se lle uniron os millores gaiteir@s de Galicia).

Un gran augurio para nós, irlandeses e galegos traballando xuntos por un obxectivo común. Eu creo que a raiña Morrigan vai levar as de perder.

Aquí vos deixo un video da maravillosa "GALICIAN OVERTURE" que, entre outras pezas, foi tocada onte no Obradoiro. A música das sete nacións celtas aparece aquí representada.

A que o mundo máxico está do noso lado?

1 comentario:

Anónimo dijo...

mari son nerea unha das tuas ex alumnas como xa sabes bou po insti
boute botar de menos como senpre o teu blog e o mellor e chulisimo levaches travallando case todo o veran mais ven todo moitos vicos e que o pasedes ven travallando a ver se conseguides que volvan traste e celtia boto de menos os seus contos espero que che guste

 
aladin