sábado, 30 de octubre de 2010

COMO SE CELEBRA HALLOWEEN EN IRLANDA

Chic@s nesta noite especial en que se celebra o SAMAÍN e o HALLOWEEN, Morrigan, a raíña irlandesa das pantasmas, das sombras, da destrucción e da guerra, quere lembrarnos que ela segue a vixiar o noso traballo e que nos quedan 50 días para rescatar a Traste e Zeltia.
On allume la lumière ! Cadre animé

Pero sabíades que Halloween comezou en Irlanda, e que algúns dos castelos máis famosos ata teñen pantasmas residindo de forma permanente neles? Aquí temos unha casa encantada, investiga a ver que pasa!
En Irlanda Halloween é moi popular e moita xente disfrázase con traxes de medo, os nenos van de casa en casa pedindo lambetadas para asustar ao que non llas dea, e colócanse lanternas de cabaza en case todas as casas. E dentro das tradicións culinarias da celebración non pode faltar o Barm Brack.


É un doce típico: o Barm Brack é un bizcocho que esconde un anel e un penique dentro: "casaraste este ano se atopas o anel e terás fortuna se atopas o penique". Tamén son moi populares as fogueiras na noite de Halloween, pois se supón que escorrentan aos espíritos malignos.

E por se te aburres premendo na imaxe poderás xogar na casa da bruxa Wanda. Feliz Halloween!


viernes, 29 de octubre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: TEATRO "AS AVENTURAS DE CURUXA APRENDIZ DE BRUXA"

Curuxa é a bruxa máis nova de tódalas bruxas. Vive no seu pobo co seu pai que tamén é bruxo. Ela é moi atrevida e aventureira, pero ás veces tamén se quedaba distraída horas e horas..., sen pensar en nada. Así é como empeza a obra de teatro que escenificou hoxe na Biblioteca o grupo de 5º C.

Tivemos un problema co video porque eramos tant@s que a condesación estropeou a súa grabación. De todas maneiras aquí tedes unha montaxe con imaxes desta preciosa obra e sobre todo cuns actores e actrices estupendas. Parabéns 5º C!


Finalmente, para todos os que estén interesados, esta é a nosa obra de teatro que, de seguro, repetiremos nun recreo tranquiliños na aula para grabala e subila a YOUTUBE, de xeito que todo o mundo poida disfrutar da magnífica actuación dun equipo de actores excelentes, que a pesar de todos os inconvintes (unha pequena bronca, un actor que nos faltaba, os peques que nos querían coller as moscas,  demasiada calor...) realizaron unha labor estupenda. Quérovos!
(PREME EN FULLSCREEN PARA VELO EN GRANDE)

CURUXA

miércoles, 27 de octubre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: The Kingdom of Witches

Today was a special day! All the activities were in english. Vaia dia! Xogamos a Trick or Treat coas profes de inglés Gloria e Carmen.


E logo na Biblioteca traballamos co videoconto titulado "The Kingdom of Witches". Os encargados de narralo foron ALBERTO, CARMEN, AINOA, FRANCISCO, JESSICA E ANA, de terceiro ciclo. Tamén se repartiu pó do reino das bruxas para aprender moito inglés.














E que vos parece se lle votades unha ollada ao maravilloso conto de hoxe? Thanks teacher Gloria and Carmen.


reino (Aquí atoparás a traducción ó galego)

Para rematar, tedes unha preciosa montaxe  da profe de inglés do cole da RABADEIRA (da que temos permiso para utilizalo no noso blog) no que se explica a festa de HALLOWEEN. Parabéns teacher e saúdos a todos os nen@s e compis dese cole!

lunes, 25 de octubre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: OS NEN@S DO BARCO DOS BRUXOS


Menuda se montou hoxe ha Biblioteca! A avoa Recareda, o pooka e grupo de ilustradores presentaron o conto "O BARCO DOS BRUXOS" ao ritmo da música de MAKELENA e logo repartiron zume de libros que estaba delicioso e que fará que tod@s leamos moitísimo máis. Mirade tod@s que ben o pasamos! Foi un éxito de público xa que as dúas sesións estiveron cheas de nen@s. Grazas a tod@s por vir!

¡Tus propias imágenes en una Slideshow para MySpace, Facebook, orkut o tu página web!mostrar todos los imagenes de esta slideshow
Disfrutade agora do estupendo conto e da banda sonora que o acompañou.

domingo, 24 de octubre de 2010

SAMAIN-HORA MEIGA. ACTIVIDADES ANIMACIÓN Á LECTURA.

A bruxa Makelena está contenta, por fin a súa canción está en YOUTUBE para que a poida escoitar todo o mundo.

Mamaiña! Cando  teñamos as actividades na Biblioteca e Makelena nos chame a saber canta xente virá!

jueves, 21 de octubre de 2010

MAKELENA A BRUXA DO COLEXIO E A SÚA CANCIÓN

E por fin aquí temos a bruxa MAKELENA, que pasou coma un foguete pola nosa aula para instalarse na porta da Biblioteca porque sei que alí había máis libros para ler, menudo morro! 

Pero claro, eu non quero chamarlle a atención porque como  é unha bruxa, aínda que sea boa, pode lanzarme un feitizo e converterme en cantante de ópera por exemplo.



Pero o importante é que ela este contenta para contarnos moitos contos e aventuras.

Polo de agora quere ensinarnos unha preciosa canción que ten unha historia detrás xa que é unha adaptación dun poema,  titulado COME LITTLE CHILDREN, dun escritor  en lingua inglesa,  chamado EDGAR ALLAN POE.

Neste estupendo montaxe podedes escoitala e despois podedes imprimir a letra e aprendela.

Poe

lunes, 18 de octubre de 2010

BRUXAS, MEIGAS...

Xa sabedes que os duendes ou trasnos son os que máis saben das bruxas e que chegou un pooka irlandés ao cole. Pois hoxe, él, vai ser o encargado de contarnos cousas sobre elas. Lede con moita atención.


viernes, 15 de octubre de 2010

A CHEGADA DE POOKA, UN DUENDE IRLANDÉS

Os pookas son os duendes máis temidos de Irlanda porque sempre andan a facer trastadas. Saen pola noite e divírtense moito tomándolle o pelo á xente, sobre todo cando se transforman en animais como burros, cabalos, ogros... E mira por onde ven un ao noso cole a facerlle compañía a Hanrahan.

Ven en misión especial, pero será mellor que volo explique él.


Get a Voki now!
E agora para darlle a benvida ao noso cole os nen@s de 3º A teñen preparado este conto que seguro lle gustará ao noso pooka e tamén a vós.

miércoles, 13 de octubre de 2010

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA: "O CASTELO DA LÚA"

Dia Dhuit HANRAHAN, INNIU (hoxe en irlandés) son os rapaces e rapazas de 6ºB os encargados de contarche unha triste historia  dun amor imposible que aconteceu na nosa terra, concretamente en Rianxo, hai moito, moito tempo. 

Espero que che guste tanto como as outras.

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA: A VISIÓN DE HANRAHAN

Vaia chic@s, como me estou a divertir cas vosas historias! Pero agora tócame outra vez a mín. Estes atrevid@s de 6ºC de Primaria, son os encargad@s de axudarme con esta historia.  GO RAIBH MITH AGAT( grazas chicos en irlandés, ou o que é o mesmo QUE TEÑAS O BEN)





A historia de DIARMUND E GRANIA está representada en baile, aquí che deixo un fragmento de cando GRANIA se entera da morte de DIARMUND.

martes, 12 de octubre de 2010

A LENDA DE JACK-O-LANTERN. CONTO IRLANDÉS

Agora que nos estamos a preparar para o Samaín é importante que coñezas unha lenda irlandesa que explica o por que da utilización das cabazas cunha luz dentro: a lenda de JACK O LANTERN.













A LENDA DE JACK

Os irlandeses solían utilizar nabos para fabricar os seus "faroles de Jack" pero cando os inmigrantes chegaron a Estados Unidos, notaron que as cabazas eran máis abundantes que os nabos. Por ese motivo, xurdeu o costume de tallar cabazas para a noite de HALLOWEEN(antigo Samain) e transformalas en farois metendo unha brasa ou unha vela no seu interior. O farol non tiña como obxectivo convocar espíritus malignos senon mantelos lexos das persoas e dos seus fogares (que distinto da tradición dos celtas que acendía luces na noite de Samain para traer ós mortos de volta ao seu fogar).

Mirade eu que guapo que estou!

sábado, 9 de octubre de 2010

AS PANTASMAS XOGABAN A PELOTA, CONTO IRLANDÉS

Vaia o que estamos a aprender! Algunha vez se vos pasou pola cabeza que as pantasmas podían xogar tamén ao futbol? Pois neste precioso conto irlandés no que os rapaces e rapazas de 6º A  de primaria colaboran con HANRAHAN podedes velos xogar.

Pero antes de ler o conto mirade que guap@s quedaron os vosos compañeiros e compañeiras con Hanrahan.

ALUMNOS


E, a que tampouco te imaxinabas que as pantasmas tamén lles gusta bailar? Pois mira, alucina e únete a eles!

miércoles, 6 de octubre de 2010

CONTOS A CARÓN DA LAREIRA: A PANTASMA BRANCA DA TORRE

HANRAHAN, GO RAIBH MAITH AGAT (grazas en gaélico-irlandés) por todo o que nos estás ensinando. 

Os rapaces levan moi boa conta de todo  e están encantados.


Hoxe vai de pantasmas que habitan en torres e son os nen@s de 4º  de primaria os que queren falar deste tema, contándoche sucesos que aconteceron na nosa terra.

Hai dúas historias, a primeira (presentada polos alumn@s de 4º A)


Ésta pasou hai moito tempo no cume dunha colina que hai entre as parroquias de SEIXALVO E REBORDELO, preto de Ourense. 

Aínda existen as ruinas do castelo medieval no que aconteceu esta historia.


E a segunda (presentada polos alumnos de 4º B)



Esto acontece no
libro, de  LOURDES MACEIRAS, A PANTASMA DA TORRE" que vos queren recomendar como lectura e do que vos deixan aquí unhas preciosas ilustracións.

lunes, 4 de octubre de 2010

RELAXACIÓN CONTRA OS NERVIOS E O MEDO.Procedimento de Relaxación Muscular de Koeppen




Cando te a topas alterad@ ou nervios@, por calquer circunstancia da vida, os músculos do corpo póñense ríxidos, tensos e duros.  Na clase, esta semana, imos a aprender a relaxar eses músculos e así superar situacións que nos poñen nerviosos.

Este exercicio podes facelo todos os días, vendo a televisión, sentado no sofa, cando te vas a acostar... Pronto descubrirás que canto máis o practicas, menos nervios e medos tés. 
Procedimento de Relaxación Muscular de Koeppen
O RESULTADO VAI SER ALUCINANTE!




sábado, 2 de octubre de 2010

PARTICIPAMOS EN SAUDARTE


A escritora, médica e profesora da Universidade de Vigo, Lourdes Maceiras, Presidenta da Asociación Galega de Educación para a Saúde, quere facernos unha invitación especial para participar en SAUDARTE, unha exposición sobre como se traballa a saúde na escola. Se premedes na imaxe iredes a páxina web da Universidade.

Esta especialista en saúde  quedou encantada co  noso traballo en CONTADORA DE SOÑOS (un blog e unha profesora que facilita a saúde emocional dos nen@s). A saúde emocional é tan importante como a física. A autoestima (sentirse ben cun mesmo), expresar emocións e sentimentos, aprender a traballar en equipo e respectar o traballo dos demáis, a colaboración, tolerancia, felicidade, sentir que un forma parte dunha cultura, dun lugar... e, sobre todo, o mundo dos contos,  contribue en gran maneira ao noso bienestar emocional.

O proxecto co que estamos na actualidade sobre os medos presentarase o ano que ven ao seguinte certamen pero, este ano queremos participar cun traballo que realizamos no terceiro trimestre do curso pasado: O CANTO DA SEREA. Aportaremos a oca da serea coa que percorreremos a costa galega, con contos de sereas e información sobre a nosa cultura. Mamaiña que famosos imos a ser!
Tamén colaboraremos por petición expresa de Lourdes, cun puzzle dun maravilloso unicornio que nos anima a viaxar polo mundo e que debuxou Antonella de 6º B, actual 1º da Eso, cando ilustramos o libro "O TORQUES DE OURO", escrito por esta autora. Atreveste a xogar con el?


 
aladin