sábado, 2 de octubre de 2010

PARTICIPAMOS EN SAUDARTE


A escritora, médica e profesora da Universidade de Vigo, Lourdes Maceiras, Presidenta da Asociación Galega de Educación para a Saúde, quere facernos unha invitación especial para participar en SAUDARTE, unha exposición sobre como se traballa a saúde na escola. Se premedes na imaxe iredes a páxina web da Universidade.

Esta especialista en saúde  quedou encantada co  noso traballo en CONTADORA DE SOÑOS (un blog e unha profesora que facilita a saúde emocional dos nen@s). A saúde emocional é tan importante como a física. A autoestima (sentirse ben cun mesmo), expresar emocións e sentimentos, aprender a traballar en equipo e respectar o traballo dos demáis, a colaboración, tolerancia, felicidade, sentir que un forma parte dunha cultura, dun lugar... e, sobre todo, o mundo dos contos,  contribue en gran maneira ao noso bienestar emocional.

O proxecto co que estamos na actualidade sobre os medos presentarase o ano que ven ao seguinte certamen pero, este ano queremos participar cun traballo que realizamos no terceiro trimestre do curso pasado: O CANTO DA SEREA. Aportaremos a oca da serea coa que percorreremos a costa galega, con contos de sereas e información sobre a nosa cultura. Mamaiña que famosos imos a ser!
Tamén colaboraremos por petición expresa de Lourdes, cun puzzle dun maravilloso unicornio que nos anima a viaxar polo mundo e que debuxou Antonella de 6º B, actual 1º da Eso, cando ilustramos o libro "O TORQUES DE OURO", escrito por esta autora. Atreveste a xogar con el?


2 comentarios:

Anónimo dijo...

gustame moito o teu blog contadora de soños sigue asi! son rosana un bico

CARMEN LODEIRO dijo...

Amoriño! Canto tempo sen saber de ti! Espero que vaia todo ben polo instituto. Grazas polas túas maravillosas palabras o cariño demóstrase en grandes detalles e ao mesmo tempo sinxelos coma este. Quérote, quérovos a tod@s, recordos a todos os teus compañeiros que agora están no insti.

 
aladin