lunes, 29 de noviembre de 2010

NARNIA E A MALVADA BRUXA BLANCA


Agora que se está a adornar o cole, as casas e as  cidades, con luces, nacementos... para celebrar a festa do nadal. Imaxinas o que pode ser non ter esta festa durante 100 anos?

Eso é o que pasa en Narnia por culpa da MALVADA BRUXA BRANCA donde hai un inverno permanente. 









Existe unha profecía: "Dous fillos de Adán e dúas fillas de Eva derrotarán a esta bruxa" e contarán coa axuda de moitos seres máxicos. 

Santa Claus é o primeiro que desexa que volte o Nadal e axuda aos protagonistas con regalos para usar con sabedoría.

Narnia é un mundo paralelo  que saíu do maxín de CLIVE STAPLES LEWIS, un novelista irlandés.



 Neste poster dixital podes aprender moito máis. (Preme AQUI para velo en grande)


ESTA AVENTURA REPRESENTA A ETERNA LOITA ENTRE O BEN E O MAL. PREPÁRATE PARA DISFRUTAR DELA PORQUE A IMOS VER E A TRABALLAR NA CLASE DURANTE ESTE MES DE DECEMBRO!

viernes, 26 de noviembre de 2010

TODOS LOS NIÑ@S DE TODOS LOS MUNDOS

Existe unha bruxa que anda polo mundo adiante que se chama INTERCULTURALIDADE. Que non me credes? Pois que vos parece si ledes un conto precioso na que ela é a protagonista?

INTERCULTURALIDADE está moi pero que moi contenta porque esta semana, no cole, celebramos a SEMANA INTERCULTURAL e tivemos varias actividades que organizou a EMPRESA VAGALUME. Mirade ben que divertido!



E xa para rematar presentovos unha entrevista que lle fixemos aos rapaces e rapazas que hai no noso cole de distintas culturas e países. Leticia, Fátima, Guillermo, Érika, Jennifer, María, Yoandra e Cinthia teñen moitas cousas que contar...

jueves, 25 de noviembre de 2010

PASTILLAS CONTRA A DOR ALLEA

No primeiro mundo, se che doe algo hai pastillas para mitigar case calquera dor. Pero... que pasa se o que che doe é a dor allea, a dor dos que non teñen pastillas para curar o seu sufrimento?

Non é xenial, que nós que temos pastillas de case todo, podamos tomarnos unha para acougar a dor dos que non teñen?


Hoxe quero presentarvos unha menciña especial "AS PASTILLAS CONTRA A DOR ALLEA.

INDICACIÓNS: As pastillas contra a dor allea son indicadas para o tratamento sintomático da dor allea de intensidade alta, leve ou moderada. O principio activo das pastillas contra a dor allea é o amor. Este principio é parte dun xesto humanitario que actúa directamente nas zonas máis necesitadas e o seu fin é axudar a aqueles que o necesitan. 

DOSIFICACIÓN: todas as que poidas, cantas máis mellor, depende da dor allea que sufras ti.

CADUCIDADE: ata que a dor desapareza do mundo




Apoio a iniciativa de MÉDICOS SEN FRONTEIRAS
http://www.msf.es/pastillascontraeldolorajeno/compralas.php

miércoles, 24 de noviembre de 2010

A TORRE DE HÉRCULES

Chic@s temos un problema HANRAHAN vota moito de menos a súa terra irlandesa e está desexando marchar para aló. Para animalo imos a contarlle contos dunha torre moi famosa: A TORRE DE HÉRCULES, aquela dende a que ITH, o fillo de Breogán, o caudillo celta fundador da cidade de A CORUÑA,  divisou terra irlandesa. 

Neste poster dixital podemos aprender moito sobre a historia desta torre (para velo en grande preme AQUI)





Ánimo HANRAHAN, pronto poderás marchar cargadiño de historias para o teu marabilloso país! Le ben estas dúas que te presentan os rapaces e rapazas de 4º de primaria. Na primeira atoparás un heroe que loita contra un xigante chamado GERIÓN, e tamén bruxas, petroleiros...
ATENCIÓN:
  •  INVENTA UNHA HISTORIA DIVERTIDA E CREATIVA (POR QUE CREES TI QUE A PROTAGONISTA DESTA HISTORIA É DE SANTA COMBA E ERA E ÚNICA QUE PODÍA AXUDAR AO XIGANTE GERIÓN?
  • INVESTIGA: REALMENTE HOUBO UN PETROLEIRO QUE DERRAMOU O SEU GASOIL ARREDOR DA TORRE?

E na segunda bandidos, bruxas e misterio.
ATENCIÓN:
  • INVESTIGA: Aínda que HABELAS HAILAS, as veces acusaron a mulleres de bruxería sendo inocentes. Busca a historia de MARÍA SOLIÑA en Galicia e a de ALICE KYTELER (a bruxa de KILKENNY en Irlanda).

lunes, 22 de noviembre de 2010

FADA DE MARMELADA


Hanrahan, o contacontos irlandés, e Pooka están encantados cando vos lle contades un conto. Hoxe son os rapaces e rapazas de 2º B os que presentan o seu que trata sobre unha bruxa moi especial que che arrincará mais dun sorriso! Le atentamente  e xa verás...
Xa ves SORRÍ, SORRÍ MOITO porque a fada de marmelada anda por aquí.

sábado, 20 de noviembre de 2010

20 de NOVEMBRO, DÍA DO NENO

Hoxe é o día do neno e da nena. Dende aquí quero facer unha chamada para protexer, coidar e amparar ao futuro da humanidade: OS NEN@S. 
"O medio mellor para facer bos aos nenos é facelos felices"

Oscar Wilde (1854 - 1900). Novelista e poeta irlandés.

Se premes na imaxe poderás pasar un bo rato e aprender moito máis!

jueves, 18 de noviembre de 2010

POR QUE SON MALAS AS BRUXAS?

Ola! Hoxe é POOKA  o que vos propon a lectura  desta  preciosa poesía de SAGRARIO  PINTO xa que  nela podedes averiguar por que son malas as bruxas.

Como vedes a SOEDADE, O RECHAZO e a falta de cariño é o que fai que as bruxas sexan malas, así que xa o sabedes: cando vos atopedes cunha persoa malvada posiblemente sexa un bruxo ou bruxa e o remedio é darlle moito CARIÑO, COMPAÑÍA, ATENCIÓN, AMIZADE,...e sobre todo moitos bicos! Porque os bicos gustan a todos, a que si?


Que non o credes? Pois mirade nesta historia e comprobaredes que o remedio precisamente é este que nos conta POOKA!

lunes, 15 de noviembre de 2010

A BRUXA DAS ESTRELAS

Sabedes? O noso cole estase enchendo de contos por todas partes. Hai un rincón moi especial, o dos bruxiñ@s de Segundo e Terceiro de Primaria no que un pode sentarse a descansar e descubir historias de Santa Comba.

Miradeo ben, a que é chulísimo?

E agora podedes vós ler o conto dos rapaces e rapazas de Segundo A titulado "A BRUXA DAS ESTRELAS" que ocupa unha das paredes (queda pendente o de Segundo B que está en proceso de elaboración)

A que as estrelas son maravillosas? Grazas, bruxiña do pelo negro por  poñelas no ceo todas as noites!

viernes, 12 de noviembre de 2010

MAGOSTO-SAMAIN 2010

magosto 
Que contenta se puso a nosa bruxa MAKELENA con tanta festa, cabazas terroríficas e as vosas manualidades. Tan, tan contenta está que quere descubriros un segredo bruxeril: o da castaña da envexa

Ah! Que non sabedes o que é? Pois é unha castaña macho, ou castaña de indias que se leva no bolsillo contra a envexa das persoas e das meigas. Cando empeza a romper e que está facendo o seu efecto. Mira que sabe esta Makelena!

Agora aquí tes as imaxes deste día especial!


E se queres comprobar canto sabes sobre a nosa festa galega do Magosto pasa e xoga!

(Via O RECANTO DE MIK)

miércoles, 10 de noviembre de 2010

OS PERROS DA MORRIGAN

No libro "OS PERROS DA MORRIGAN", hai uns nen@s que tamén se teñen que enfrentar a raíña da destrucción Morrigan. 

PEJOTA E BRIGIT, deben de salvar ó mundo da fantasía pois a súa destrucción parece ser inminente. 




A acción transcorre no pobo de KYLEDOVE en GALWAY. PEJOTA descubre un vello libro na librería de GALWAY no que hai moito tempo San Patricio, un santo irlandés, condenou a vivir a unha serpe malvada chamada OLC GLASS. 

Tan pronto como PEJOTA toca o libro as bruxas irmáns de MORRIGAN,  póñense en camiño  para perseguir aos nen@s acompañadas dos seus perros. Se recuperan a serpe para MORRIGAN a maldade estenderase polo mundo.

PEJOTA E BRIGIT teñen axuda do mundo fantástico, o GRAN DAGDA coida deles. Deste xeito nas súas aventuras escapando de MORRIGAN  e os seus perros atopan deuses disfrazados e personaxes como unha ra que só fala coa zeta...

Gansos, e ata unha burriña (Serena) que os axuda a transportar ao mundo máxico.

Como vedes un libro excelente, escrito por PAT OSHEA a raíz dun sono que tivo seu fillo e  a que lle levou 13 anos escribilo. Estades en Irlanda no mundo das fadas. 

Lograrán estes rapaces salvar ao mundo da fantasía?  Lograrémolo nós?

(Lectura recomendada para nen@s a partir de 10 anos)

HISTORIA DE GALWAY

Shiissst rapaces! Andade con ollo non vaia ser que nos aparezan os perros da Morrigan! Eu dende logo non teño ganas de tropezar con eles!

Gustáronme moito as vosas actividades na Biblioteca. Estades a traballar moito para enfrentaros a Morrigan e podo deciros que está furiosa pois non esperaba este despliegue de medios pola vosa parte. Seguide así! Ánimo!

Quero contaros algo sobre a cidade de GALWAY, onde acontecen as aventuras de PEJOTA E BRIGIT. Hai tres teorías: 

1) O seu nome ven de gall e am (en gaélico río rocoso) xa que está atravesada por un río de pedras chamado CORRIB. 

2) Pero hai quen di que o seu nome  provén dunha lenda celta: Galvia, filla do rei Breasal, afogou preto dunha rocha no río Corrib, de aí Galway.

3) E, por último, din que debe o seu nome a GALLAECIA (si, a vosa Galicia é a terra dos antepasados dos habitantes desta cidade, xa que tiveron relacións cos galegos dende tempos remotos).

Vós que versión preferides?
 
Déixovos con imaxes desta preciosa cidade.

lunes, 8 de noviembre de 2010

O CIRCO DAS BOLBORETAS

Mentras descansamos un pouco de tanto traballo Pooka vai ir preparando máis sorpresas sobre bruxas. 

E agora que chegamos á metade do noso percorrido, no que todos xuntos traballando en equipo e achegando cada un as nosas mellores cualidades para conseguir un obxectivo: recuperar a uns amigos; quixera que coñecerades a historia que se narra neste pequeno curto no que se reflicten todos os valores que aquí traballamos.

Erase que se era un grupo de persoas que se uniron para traballar por un ben común. Cada un cunhas cualidades marabillosas que desenvolver. Esta é unha historia de perseveranza, de amizade,confianza, esforzo e motivación.



Canto máis dura é a loita máis glorioso é o triunfo.

viernes, 5 de noviembre de 2010

HORA MEIGA NA BIBILIOTECA: CONTO "JESSICA NON CRÍA EN BRUXAS"

Halloween Socière et chat noir Potion magique
Todo o que empeza ten que rematar, deste xeito os contos a carón da lareira na Biblioteca din adeus. Nós seguiremos na nosa aula con Hanrahan, Pooka e Makelena que nos contarán e aos que contaremos moitas e moitas historias. 

Grazas a todos e a todas, os que colaboraron nos contos, os que os viñeron escoitar, os que axudaron... Podo decir que TEÑO MOITA SORTE DE TER UNS ALUMNOS E ALUMNAS ESTUPEND@S! QUEROVOS E SÍNTOME MOI AFORTUNADA.

Os nen@s de 5º B son os encargados de pechar a hora meiga cun maravilloso conto narrado por Laura, cunha protagonista especial, Jessica, escenificado por tod@s e cunha sorpresa final. 


E que che parece se admiras os preciosos debuxos destes alumn@s?

miércoles, 3 de noviembre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: "A BRUXA MON" EN TÍTERES

O libro "A BRUXA MON é un libro de Pilar Mateos para nen@s de 2º ou 3º curso de primaria.


Os rapaces e rapazas de 5º A representaron con títeres o primeiro e o último capítulo. Avoa Recareda: Alicia, Policia: Samuel Péixe: Bruno C, Bruxa: Elena e Sheila, Ra: Fran, Nena: Sofía, Guardia: Paula, Pooka: Daniel, Conductor: Carla, Eco: Paula L, Narradores: Samuel e Julián.

Mirade que bonito!


E finalmente, se premedes na imaxe poderedes xogar e aprender moito coa bruxa Mon.
 
aladin