viernes, 31 de diciembre de 2010

HAPPY NEW YEAR!, ATHBHLIAIN FAOI MHAISE DUIT!


         

jueves, 30 de diciembre de 2010

31 DE DECEMBRO, A NOITE DO APALPADOR

Lembra que a noite do  31 de decembro é moi importante, non só porque é a última noite do ano senon porque, en Galicia, ven o Apalpador a visitar as casas dos nenos, a apalparlle a barriguiña e a deixarlle castañas e regalos. Ademáis de desexaros un ano novo cheo de felicidade e comida.

Neste poster dixital podes aprender moito sobre él, escoitar o noso conto e xogar. Anímate! (Preme AQUÍ para velo en grande)

sábado, 25 de diciembre de 2010

MERRY CHRISTMAS!

viernes, 24 de diciembre de 2010

A NOITE DE PAPA NOEL


Este Nadal podes seguir a PAPA NOEL arredor do mundo.



Preme na imaxe da esquerda e verás donde está neste momento.

jueves, 23 de diciembre de 2010

SOÑOS DE NADAL. FESTIVAL 2010

Benvidos ao noso festival no que expresaremos os soños e desexos para todo o mundo neste tempo no que disfrutamos da maxia do Nadal.

Teatro, contos, música, bailes, desexos, sorpresas, momentos divertidos… todo vale para contar os nosos soños.

Comezamos cun soño moi especial o que tivo a inspiración fai moito, moito tempo. E para que se cumprira fixo falta a man dun autor chamado VALLE INCLÁN, que escribiu a obra A CABEZA DO DRAGÓN……A mán dos nenos e nenas de sexto curso do Ceip Onésimo Redondo Pinto de Madrid……E finalmente a dos alumnos e alumnas tamén de sexto curso do noso colexio O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA.


                  A inspiración, representada por un bufón, conseguiu así o seu obxectivo que non é outro que divertir. Aquí tedes o seu soño titulado: “UN CONTO TOLO

<

E agora o resto dos soños...

martes, 21 de diciembre de 2010

O VALOR DA AMIZADE PODE CON TODO!

Rapazas e rapaces teño una boa noticia que darvos. Pero... será mellor que a leades neste mensaxe máxico.







Mirade que contentos que están! Non poderemos reunirnos con eles ata o curso que ven no que traballaremos o país celta de Gales, en Inglaterra,  e o reino de Camelot. Pero o mellor de todo é que podedes mandarlle mensaxes. Como? Na imaxe, a túa esquerda abrirase unha ventana, preme no símbolo '' e poderás ler todas as notas que hai e escribir ti unha.

Anímate a mandarlle unha mensaxe a Traste e a Zeltia!



Xa vedes o importante que é o valor da amizade. Superou aos enemigos, os problemas, as zancadillas... Mandan este video como agradecemento. Que tal se o vemos? (Mira ata o final e espero que non acabes a chorar coma fixen eu)

domingo, 19 de diciembre de 2010

DESPEDIDA DE DOUS AMIGOS IRLANDESES



Que soiña que me quedei! O contacontos irlandés HANRAHAN e o duende tamén irlandés POOKA xa non están con nós. Voltaron ao seu país porque queda moi pouco para a festa celta de Yule e seica a queren celebrar alí. Pero antes de marchar deixaron este agasallo para nós. (Preme en play)


Os rapaces e rapazas de 3ºB tiñan preparado para este momento este precioso conto coas aventuras de pooka nun nadal. Unha despedida cariñosa para eses dous seres máxicos que compartiron tanto con nós.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

A FESTA CELTA DE YULE-O NADAL CRISTIANO




Xa sabedes que na festa de Yule, na NOITE DA NAI, a raiña irlandesa Morrigan prometeu liberar a Traste e a Zeltia.

Pero que é e en que consiste esta festa? 


Le con atención neste poster dixital. Preme AQUÍ para velo en grande.                                                                      


Como ves a nosa festa cristiana do Nadal ten moito en común coa festa celta de Yule.

Neste poster dixistal hai un video que informa sobre a historia do Nadal. Aqui o tes acompañado dunhas preguntas. Seras capaz de acertalas todas?

lunes, 13 de diciembre de 2010

O NADAL EN IRLANDA

Ben chic@s, todo ten que rematar e a miña estancia con vós tamén. Pronto a Raíña irlandesa Morrigan decidirá si pasastes a proba e deixa libre ao trasno Traste e a fada Zeltia, entón eu terei que regresar a Irlanda. 

Marcho contento porque levo unha chea de contos e historias para relatar no meu país. Pero antes gustaríame explicarvos cómo se celebra o Nadal en IRLANDA, NOLLAIG dise. (Música: himno gaélico; canta AOIFE NI FHEARRAIGH)


E tamén vos propoño a lectura, para as vacacións de Nadal, deste maravilloso libro de FRANK McCOURT.

Un conmovedor conto de Nadal, cheo de tenrura e maxia, baseado nun episodio real protagonizado por Ángela, a nai de Frank McCourt, cando era unha nena.

É Nadal na xélida cidade irlandesa de Limerick e a pequena Angela, de seis anos, pensa que o Neno Xesús debe estar pasando moito frío na igrexa. Así que o leva cariñosamente en brazos ata a calor da súa casa. Aí, o seu irmán descóbrea e cóntallo todo á súa nai. Afortunadamente para Ángela, a nai non lle cre e o Neno Xesús pode seguir arroupado na súa cama, ao abrigo do terrible frío que arrasa a cidade.

Pero na igrexa, o párroco non tarda en descubrir a misteriosa desaparición e avisa á policía. Quen sería capaz de cometer semellante roubo? 


“Nollaig Shona Dhuit!” (BO NADAL)

jueves, 9 de diciembre de 2010

OS CONTOS VAN A BELÉN! UNHA FELICITACIÓN DE NADAL PARA TOD@S!


Agora que ven o Nadal e dende este blog no que traballamos cos contos, queremos rendir homenaxe a este mundo marabilloso. Sobre todo aos contos tradicionais, aqueles que teñen sabor a antigo e cos que medramos, especialmente, os que son da miña década. 


Esta é a nosa felicitación, a de CONTADORA DE SOÑOS, de HANRAHAN, de POOKA, MAKELENA e a dos rapaces e rapazas de 6º que traballaron moito para realizala. CON MOITO CARIÑO PARA TOD@S!

E como POOKA segue a facer das súas non dubidou en facerlle unha trastada ben gorda a estes artistas de 6º.

Mira ti que recompensa por esforzarse e traballar! Este POOKA é terrible! (Preme en cada video para velo e logo podes amplialo)

lunes, 6 de diciembre de 2010

AS CRÓNICAS DE NARNIA: O PRÍNCIPE CASPIAN

O segundo libro da saga das Crónicas de Narnia, escrito polo autor irlandés C.S. LEWIS titúlase "O Príncipe Caspian". En él aínda que o armario xa non existe, a bruxa morreu e Aslan desapareceu fai máis de mil anos, a aventura continúa.

Agora Peter, Susan, Edmund e Lucy Pevensie volven ser convocados a Narnia para atoparse cun mundo moi moi diferente. Un novo inimigo axexa o campo de batalla e ás bondadosas criaturas das súas terras, que están a piques de extinguirse. 

Nesta ocasión van a NARNIA a través do anden dunha estación e atendendo a chamada dun corno. Como vedes hai unha similitude coas aventuras de HARRY POOTER cando vai a HOGWARTS. Inspiraríase J. K ROWLING (escritora inglesa) en LEWIS e neste momento para crear o anden misterioso que leva a Harry ao mundo máxico?

Como xa sabedes WALT DISNEY levou ao cine esta saga de aventuras. Neste poster dixital podes disfrutar delas. (Preme AQUI para velo en grande)


E se queres podes entrar na páxina web de DISNEY e axudar ao Príncipe Caspian nas súas aventuras. Preme na imaxe e ENTRA EN NARNIA.

sábado, 4 de diciembre de 2010

UN LIBRO E UNHA OBRA DE TEATRO DE BRUXAS

O noso POOKA IRLANDÉS dentro de pouco terá que marchar para o seu país. Cando chegue o momento os nenos de 3ºB teñen unha sopresa preparada para que se vaia contento. 

Agora aquí o tes. Seica nos ten algo que decir pero eu creo que é a súa última trastada porque... serás capaz de enteder o que dí?


Get a Voki now!


Tamén quere invitarte a ler este precioso libro coas aventuras dun gato que anda a búsqueda dunha bruxa...


Leonardo é un gato solitario que pasa todo o tempo na Biblioteca. Certo dia, lendo a Enciclopeda das  Bruxas, descubre que elas adoran os gatos. Pero... como poderá  Leonardo encontrar unha bruxa, se nunca na súa vida viu unha?Así é como comeza a súa aventura na procura dunha bruxa.


Este Leonardo! Pois claro que na Biblioteca hai bruxas! Lembrade a historia da bruxa Curuxa, a obra de teatro de 5ºC por fin en video!

jueves, 2 de diciembre de 2010

CELTIC ROOTS

Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.


O libro CD-DVD de Celtic Roots recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s C. Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.
Máis info en: celticroots.org
Para reservar ou mercar o disco: paitunes.com
AQUI CHE PRESENTO O PROXECTO

Celtic Roots - GL from Casa de Tolos on Vimeo.
E AQUI TES UNHA PRECIOSA CANCIÓN
COMO VEDES TODOS XUNTOS TRABALLANDO POR UN OBXECTIVO COMÚN. PARABÉNS POR ESTE EXCELENTE TRABALLO!

miércoles, 1 de diciembre de 2010

OS DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro de 1.948 a ONU proclamou a DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS, dende entón cada 10 de decembro lémbrase este acontecemento. Aínda que no mundo en moitos lugares e circunstancias, a cada segundo os dereitos das persoas non son respectados.


Como estamos a traballar o libro de  C.S. LEWIS "A bruxa, o león e o armario" comprobarás que en NARNIA, universo paralelo, tampouco se respetan os dereitos dos seres que habitan ese mundo pois a malvada bruxa branca domina todo co seu poder.
  


E Para que aprendas cales son os DEREITOS HUMANOS e ao mesmo tempo pasar un bo rato propóñoche este xogo no que viaxarás a distintos planetas. Preme na imaxe de abaixo e atoparás outra coma esta da dereita que che manda rexistrarte, preme nela e sigue as instrucións.

 
aladin