viernes, 29 de enero de 2010

SEXTA MENSAXE DA ÁRBORE DOS SUSURROS: IMAXINA...

Ben chic@s todo chega ao seu fin e a árbore do susurros xa está completa. Remata o seu traballo co sexto susurro, preparado polos rapaces e rapazas de 5º de Primaria.


Quero darvos as grazas a tod@s polo vosa ilusión e esforzo, en especial aos susurradores que me acompañaron e axudaron na aventura de susurrar a través da megafonía do centro: ALBERTO, ANGELA, SOFÍA, ANA, MARTÍN E YOÁNDRA.


Como é costume, a continuación, podedes disfrutar do conto, no que aprendemos por que a pomba é un símbolo da paz e, sobre todo, a mensaxe que transmite co seu voo: IMAXINA, imaxina un mundo en perfecta paz...

E que che parece se escoitamos a mensaxe da pomba mentras vemos os traballos realizados polos tutores e nen@s para a elaboración do LIBRO DA PAZ, proposto polo equipo de Dinamización da Biblioteca?. Parabéns!



 
aladin