sábado, 6 de febrero de 2010

O BURRO NO ENTROIDO


No cole estamos a rescatar a tradición de entroido de "mete lo burro", unha broma que se lle gasta a alguén neste tempo.

Escríbese unha carta que se manda por correo ou que se deixa entre os útiles de traballo, no peto, no bolso... e reímonos do outro a través das coplas que lle dedicamos.

Aquí tes un exemplo: "este burro que che mando mándocho de corazón, para que vexas que te aprecio como o gato ao ratón...

Creo que os conxuros da meiga Uxia son os culpables da desaparición das tixolas, era visto que ían traer cousas raras!

Por certo o noso burro vai a ir avisando das prendas que temos que traer durante a semana. Recorda para o luns "por diante ou por detrás este luns vas colocar e o teu corpo cubrirás para os demáis alegrar"

Nin che conto o que vou a levar eu!

 
aladin