jueves, 11 de marzo de 2010

MAR DE SEREAS, MAR DE POEMAS

Caramba enchemos o colexio de poesías!. Están colgadas por todas partes, ata as sereas quixeron unirse a nós e o seu mar está cheo delas!


Inventadas, en galego, en castelán, en portugués... Sobre o mar, os mariñeiros, as sereas...VIVAN AS POESÍAS E OS/AS POETAS!

Quédate cunha mostra de poesías sobre o mar.

POEMA "A MIÑA AMIGA A SEREA"


Leticia Durán e o seu pai Manuel compuxeron para o noso mural MAR DE SEREAS MAR DE POEMAS, unha preciosa poesía titulada "a miña amiga a serea". Parabéns aos dóus, encantounos a tod@s. Aquí a tes para que a disfrutes!


Eu teño unha amiga
que é unha serea
e vive no mar
baixo unha batea.

Coñecína hai seis meses
cando fun a pasear
preto de Muxía
na beira do mar.

Ten cabelo loiro
como un caramelo
e en vez de pés
ten rabo de xurelo.

É moi boa amiga,
cunha linda cara.
Non tiña ela nome
e eu chámolle Clara.

Un día con ela
estaba a xogar
e sen darnos conta
levounos o mar.

Tiven moito medo
pensei de morrer
e a miña amiga
me veu socorrer.

Sacoume pra fora,
salvoume a vida,
que sorte e ter
unha amiga querida.

Todo esto é certo,
o relato é forte.
Esto aconteceu
na Costa da Morte.

Leticia Durán Delgado (3ºA) e Manuel Durán Gomez



Clara, a serea do poema de Leticia, quere agora que lle axudes coa decoración do fondo marino donde vive. Se premes na imaxe poderás facelo.
 
aladin