martes, 8 de junio de 2010

1 GOL POLA EDUCACIÓN

Rapaces aquí está o resultado do noso traballo e do noso baile do WAKA WAKA percorrendo todo o colexio. Este video será subido á páxina oficial da campaña 1 GOL POLA EDUCACIÓN. É o noso gran de area para contribuir á protesta de que haxa tantos nen@s sen escolarizar.
Parabéns a tod@s os que participaron e aos profes que se añadiron ao baile. Grazas aos que non protestaron mentras nos adueñabamos do colexio coa nosa música e os nosos bailes e miles de bicos a tod@s os nen@s do mundo!

Deixote o video oficial de SHAKIRA para que o disfrutes e o bailes tanto como nós.

APETECHE VOTAR UN BAILE?


A través dun blog amigo entereime desta iniciativa que me gustaría propoñervos a tod@s.

Os líderes mundiales prometen que todos os nen@s terán unha educación primaria para o ano 2.015 pero, a 5 anos de distancia, inda hai no mundo 72 millóns de rapaces e rapazas que non están escolarizados.

O mellor de todo esto é que nós podemos facer algo e sabes como? Pois participando na campaña 1 GOL POLA EDUCACIÓN na que están colaborando personalidades de todo o mundo.

Neste video de Shakira, cuia canción ESTO É ÁFRICA é a oficial do mundial de fútbol que comeza esta semana, anímanos a grabarnos bailando o tema e a colgar o vídeo na súa páxina de YOUTUBE para remover conciencias e lograr a educación para tod@s.

Preparádevos porque tod@s os que queirades participar poñerémonos moi pronto a traballar. (Se premes na imaxe poderás coñecer maís sobre esta iniciativa)

 
aladin