jueves, 10 de junio de 2010

UN PRECIOSO CAMBIO EN CONTADORA DE SOÑOS

Fai tempo que tiña ganas de darlle un cambio ao blog e por fin chegou o momento. Aquí tedes o resultado e á dereita as responsables de que esto fora posible: ANTONELLA, de 6º, e LAURA, de 2º. Autoras dos maravillosos debuxos da cabeceira.

Grazas ás dúas por contribuir a que o noso blog fose máis bonito se cabe e tamén grazas ao resto dos alumnos que me debuxaron coma unha maravillosa princesa.

Para vós este baile no que me fai compañía alguén especial.









TARXETA AMARELA AOS LÍDERES MUNDIAIS


A miña querida amiga Conchita, a través do seu blog Blogmaníacos, segue a informarme sobre a campaña 1GOL PARA A EDUCACIÓN.

Agora temos que escribir miles de tarxetas amarelas con mensaxes para os líderes mundiais, que se van a reunir en Sudáfrica co Presidente Jacob Zuma antes de que acabe a Copa do Mundo.

Nos no colexio xa estamos a preparar as nosas tarxetas




Pero se o queres facer a través da páxina web de 1 GOL PARA A EDUCACIÓN, preme na imaxe da miña tarxeta, segue os pasos que che din e eles farán a túa tarxeta para entregarlla na man.


 
aladin