sábado, 2 de octubre de 2010

PARTICIPAMOS EN SAUDARTE


A escritora, médica e profesora da Universidade de Vigo, Lourdes Maceiras, Presidenta da Asociación Galega de Educación para a Saúde, quere facernos unha invitación especial para participar en SAUDARTE, unha exposición sobre como se traballa a saúde na escola. Se premedes na imaxe iredes a páxina web da Universidade.

Esta especialista en saúde  quedou encantada co  noso traballo en CONTADORA DE SOÑOS (un blog e unha profesora que facilita a saúde emocional dos nen@s). A saúde emocional é tan importante como a física. A autoestima (sentirse ben cun mesmo), expresar emocións e sentimentos, aprender a traballar en equipo e respectar o traballo dos demáis, a colaboración, tolerancia, felicidade, sentir que un forma parte dunha cultura, dun lugar... e, sobre todo, o mundo dos contos,  contribue en gran maneira ao noso bienestar emocional.

O proxecto co que estamos na actualidade sobre os medos presentarase o ano que ven ao seguinte certamen pero, este ano queremos participar cun traballo que realizamos no terceiro trimestre do curso pasado: O CANTO DA SEREA. Aportaremos a oca da serea coa que percorreremos a costa galega, con contos de sereas e información sobre a nosa cultura. Mamaiña que famosos imos a ser!
Tamén colaboraremos por petición expresa de Lourdes, cun puzzle dun maravilloso unicornio que nos anima a viaxar polo mundo e que debuxou Antonella de 6º B, actual 1º da Eso, cando ilustramos o libro "O TORQUES DE OURO", escrito por esta autora. Atreveste a xogar con el?


 
aladin