viernes, 29 de octubre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: TEATRO "AS AVENTURAS DE CURUXA APRENDIZ DE BRUXA"

Curuxa é a bruxa máis nova de tódalas bruxas. Vive no seu pobo co seu pai que tamén é bruxo. Ela é moi atrevida e aventureira, pero ás veces tamén se quedaba distraída horas e horas..., sen pensar en nada. Así é como empeza a obra de teatro que escenificou hoxe na Biblioteca o grupo de 5º C.

Tivemos un problema co video porque eramos tant@s que a condesación estropeou a súa grabación. De todas maneiras aquí tedes unha montaxe con imaxes desta preciosa obra e sobre todo cuns actores e actrices estupendas. Parabéns 5º C!


Finalmente, para todos os que estén interesados, esta é a nosa obra de teatro que, de seguro, repetiremos nun recreo tranquiliños na aula para grabala e subila a YOUTUBE, de xeito que todo o mundo poida disfrutar da magnífica actuación dun equipo de actores excelentes, que a pesar de todos os inconvintes (unha pequena bronca, un actor que nos faltaba, os peques que nos querían coller as moscas,  demasiada calor...) realizaron unha labor estupenda. Quérovos!
(PREME EN FULLSCREEN PARA VELO EN GRANDE)

CURUXA
 
aladin