sábado, 30 de octubre de 2010

COMO SE CELEBRA HALLOWEEN EN IRLANDA

Chic@s nesta noite especial en que se celebra o SAMAÍN e o HALLOWEEN, Morrigan, a raíña irlandesa das pantasmas, das sombras, da destrucción e da guerra, quere lembrarnos que ela segue a vixiar o noso traballo e que nos quedan 50 días para rescatar a Traste e Zeltia.
On allume la lumière ! Cadre animé

Pero sabíades que Halloween comezou en Irlanda, e que algúns dos castelos máis famosos ata teñen pantasmas residindo de forma permanente neles? Aquí temos unha casa encantada, investiga a ver que pasa!
En Irlanda Halloween é moi popular e moita xente disfrázase con traxes de medo, os nenos van de casa en casa pedindo lambetadas para asustar ao que non llas dea, e colócanse lanternas de cabaza en case todas as casas. E dentro das tradicións culinarias da celebración non pode faltar o Barm Brack.


É un doce típico: o Barm Brack é un bizcocho que esconde un anel e un penique dentro: "casaraste este ano se atopas o anel e terás fortuna se atopas o penique". Tamén son moi populares as fogueiras na noite de Halloween, pois se supón que escorrentan aos espíritos malignos.

E por se te aburres premendo na imaxe poderás xogar na casa da bruxa Wanda. Feliz Halloween!


 
aladin