miércoles, 21 de diciembre de 2011

NADAL DISCO

Último día deste trimestre e vaia tardiña máis marchosa que tivemos no noso NADAL DISCO, onde disfrutamos con  proxeccións de videos da nosa música preferida e pasámolo de medo!

A que sí?

Pero o máis fermoso de todo foi a introducción a esta festa:

* Un Canto de Nadal galego recollido en Cícere e ilustrado polos alumnos de 5º A.




* E a adaptación ao galego da canción de LA OREJA DE VAN GOGH E OS CLANNERS "LA LUZ QUE NACE EN TÍ"; interpretada a dúo con ALICIA de 6º A (vaia voz máis fermosa que ten!
FELICES VACACIÓNS A TOD@S!

jueves, 15 de diciembre de 2011

REALMENTE... SÓ NECESITAS AMOR!

Pois sí amiguiños! SÓ NECESITAS AMOR! Así é como remata o  conto "MISTERIO DE NADAL" co que abríamos a semana.

O AMOR é o agasallo máis fermoso que podes desexar! Se tes amor podes superar todas as dificultades. Ese é o segredo da felicidade.

Neste video poderás ver o denselace deste conto con esta mensaxe especial.(Adaptación ao galego da canción de THE BEATLES "ALL YOU NEED IS LOVE"-COLABORACIÓN POR ORDE DE APARICIÓN: 4ºB, 2º B, 5ºB, Directora e Inma (Profe de Música), 6ºC, 6º B, 5º A e Jessica e Nacho (irmáns



E... sabes? O Neno Xesús do noso Belén, no fondo do mar, estes días, recibiu moito, moito deste sentimento xa que viñeron todos os nen@s de Educación Infantil a visitalo e viviron moitas aventuras con él: escoitaron un conto, cantaron panxoliñas, comeron galletas e chocolate, trouxeron debuxos... Que guapos están  nestas fotos!

E para que comprobes o ben que cantaron aquí tes dúas actuacións

lunes, 12 de diciembre de 2011

CONTO DE NADAL CON SABOR A MAR


CHARLES DICKENS é un escritor inglés autor dun famoso relato "CONTO DE NADAL" (A CHRISTMAS CAROL) no que o Espírito do Nadal ensina o segredo da felicidade. Aquí, no noso Belén no fondo do mar imos descubrir ese segredo a través dun conto titulado "MISTERIO DE NADAL" que che vai encantar, só que... TERÁS QUE ESPERAR POLO FINAL PORQUE... VAI SER ESPECTACULAR!

viernes, 9 de diciembre de 2011

PANXOLIÑAS A CARÓN DO NOSO BELÉN BAIXO O MAR

O Espírito do Nadal trae alegría, felicidade, paz, amizade... Hoxe son unha DJ cunha selección de fermosas panxoliñas escenificadas polos grupos de 1º B, 2º A, 2ºB, 3º A, 3º B e 3º C que aportan todos estes sentimentos. Agora que somos uns artistas da canción para outra volta intentaremos cantalas nós en galego.






A carón do noso Belén baixo o mar que máis soños se cumprirán?
(Preme en cada video para velo e logo en ampliar para agrandalo)

Watch videos at Vodpod and more of my videos

domingo, 4 de diciembre de 2011

MAMMA MIA, VAIA BELÉN!

Ola rapaces! Xa sabedes que estamos a recibir o Espírito do Nadal cunha fermosa meditación e aportando os nosos soños e desexos ao POZO DOS DESEXOS DE AVALÓN. E aquí me tedes escribindo os meus!


A verdade é que o pozo estase enchendo. Cantos soños e ilusións tedes no voso corazón!

Pero o soño que máis me gusta, polo de agora, é un que acabades de cumprir: UN BELÉN BAIXO O MAR!

Neste Belén, feito de plastilina e que ten máis de 200 figuras entre as que destacamos O APALPADOR, A DAMA DO LAGO, MERLÍN, O SHELLYCOAT, SANTA CLAUS, OS REIS MAGOS... participaron os seguintes grupos: 3º B(praderías marinas) 4º A (decoración das cunchiñas do Portal), 4º B (algas e corais), 5º A e 5º B (animais marinos), 6º A, 6º B e 6º C (animais marinos e figuras).

Aquí o tedes presentado nun divertido video e acompañado dunha canción na que recoñecerás as voces de ÉRIKA, LAURA, ANALÍA, INÉS, LARA e NEREA de 5ºA.

martes, 29 de noviembre de 2011

A BIBLIOTECA ENMEIGADA

Como explicar o que pasou onte na Biblioteca? A malvada Morgana estropeou o video de presentación ameazando con vingarse de nós por contar contos sobre o mar e acoller ao Mago Merlín. Tamén se presentou en persoa e fixo un conxuro para que non se abriran nunca xamáis os libros e estropear o traballo de tantos anos na nosa biblioteca...

Pero será mellor que o vexades vós mesmos porque realmente merece a pena. Parabéns a todos os actores que participaron nesta actuación e miles de grazas a tod@s os que dalgunha maneira fixeron que estas sesións de contacontos foran unha realidade.

viernes, 25 de noviembre de 2011

DANZA DE MENSAXES AO MAR

(Presentación da última sesión de contacontos na Biblioteca "Ven a Nadar"-28-11-2012)
Un día o mar díxome ao oído:

- Desexo que os humanos me queiran e me coiden. Podes axudarme? 

E respondínlle.

- Eu farei que moitos naden e se mergullen nas túas ondas. Agora os nen@s xa saben por que as túas augas son salgadas. Que se te pos triste perdes a túa fermosa cor azul e que as túas augas teñen tanta maxia que fixeron moi famosas as cunchas das vieiras.

Escoita mar, queres ver as fermosas poesías visuais que fixeron os alumn@s deste cole empregando estas cunchiñas?




Non te preocupes. Bailarán contigo e serás respetado.

Coa maxia desta danza abrirei as portas a un mundo máxico onde serás amado.

martes, 22 de noviembre de 2011

O CABALEIRO DAS CUNCHAS

Que festa fixemos onte na Biblioteca con gaiteiro e todo!

O Shellycoat trouxo unha cunchiña cun conto da ría de Vigo, do pobo de Bouzas, que explica por que a vieira é o símbolo dos pelegríns.

O grupo encargado de escenificalo foi 6ºC de Primaria. Magníficos artistas xa con moita experiencia en escena.

Queres disfrutalo ti tamén? 


O CABALEIRO DAS CUNCHAS from CONTADORASONOS on Vimeo.

viernes, 18 de noviembre de 2011

DANZA AO MAR DOS ALUMN@S VERSIÓN DANCE

(Presentación da terceira sesión de contacontos na Biblioteca "Ven a Nadar"-21-11-2012)
Un día o mar díxome ao oído:

- Desexo que os humanos me queiran e me coiden. Podes axudarme? 

E respondínlle.

- Eu farei que moitos naden e se mergullen nas túas ondas. Agora os nen@s xa saben por que as túas augas son salgadas. E tamén que se te pos triste perdes a túa fermosa cor azul.

Pero,  escoita mar, os nenos deste cole quérenche       igoal aínda que sexas  doutra cor. Queres ver como te imaxinan a ti e as criaturas que te habitan se non eres azul?



Non te preocupes. Bailarán contigo e serás respetado.

Coa maxia desta danza abrirei as portas a un mundo máxico onde serás amado.

martes, 15 de noviembre de 2011

O DÍA QUE O MAR PERDEU A COR

Na segunda sesión de contacontos de onte na Biblioteca o Shellycoat (Liroy) trouxo unha cunchiña recollida na praia de Muros cunha adaptación moi libre do conto de PATRICIA BARBADILLO "El día que el mar se quedó sin color" (Cuentos Azules. Ediciones SM)

O grupo de 6ºB foi o encargado de levar a cabo a súa escenificación, donde hai moitas sorpresas como a actuación en directo de LAURA N. e LAURA C.


Que bo equipo para un conto tan fermoso! Quérovos!


Disfrutade del tanto como nós ao representalo.




E tal como lle prometemos ao mar imos coidalo. Aquí tedes uns xogos educativos que vos axudarán na tarefa de aprender a importancia da auga. Premede nas imaxes e adiante mariñeiros!




viernes, 11 de noviembre de 2011

DANZA AO MAR DOS ALUMN@S

 (Presentación da segunda sesión de contacontos na Biblioteca "Ven a Nadar"-14-11-2012)
Un día o mar díxome ao oído:

- Desexo que os humanos me queiran e me coiden. Podes axudarme? 

E respondínlle.

- Eu farei que moitos naden e se mergullen nas túas ondas. Agora os nen@s xa saben por que as túas augas son salgadas. Queres ver os fermosos debuxos que fixeron do teu conto?

Non te preocupes. Bailarán contigo e serás respetado.

Coa maxia desta danza abrirei as portas a un mundo máxico onde serás amado.

martes, 8 de noviembre de 2011

POR QUE A AUGA DO MAR É SALGADA

Menuda se montou onte na Biblioteca! 

Estreamos a sesión de contacontos titulada "VEN A NADAR" coa cunchiña, cun conto de Galicia, en concreto de Carnota e  que trouxo o noso amigo o SHELLYCOAT no que se conta por que a auga do mar é salgada.


 
Os encargados de ilustrar e escenificar este conto foron os alumnos de 6º A, cunha colaboración moi  especial: a de Laura de 6º B que, no papel de Olaia, cantaba ao seu amor mariñeiro que a deixaba soa.

Excelente a interpretación de Daniel do mago Merlín e impresionante e belísima estaba Sofía, como a DAMA DO LAGO. 

Estupendo o camara, a controladora de son, os relatores....

Un gran traballo en equipo onde cada un cumpriu a perfección o seu papel para darnos a coñecer un fermoso conto da nosa terra, onde se ensalza ao mar e a Galicia que sempre ESTÁ DE FESTA para celebrar todas as riquezas que ten.



Apetéceche ver o ben que o fixeron?


Que orguiosa estou de vós!

viernes, 4 de noviembre de 2011

DANZA AO MAR

Un día o mar díxome ao oído:

- Desexo que os humanos me queiran e me coiden. Podes axudarme? 

E respondínlle.

- Eu farei que moitos naden e se mergullen nas túas ondas. Non te preocupes. Bailarán contigo e serás respetado.

Coa maxia desta danza abrirei as portas a un mundo máxico onde serás amado.
 (Presentación da sesión de contacontos na biblioteca VEN A NADAR)


sábado, 29 de octubre de 2011

VEN A NADAR!

No mes de novembro a nosa Biblioteca terá unha chea de visitantes: O SHELLYCOAT, A DAMA DO LAGO, O MAGO MERLÍN E MORGANA; serán os protagonistas dunha chea de aventuras! Aquí tes o programa.
E a canción que nos acompañará, nesta ocasión, é unha versión moi especial de "ON THE FLOOR" de JENNIFER LOPEz e PITBULL, cantada polo SHELLYCOAT e A DAMA DO LAGO. Soará pola megafonía do centro para avisar de que comeza a sesión de contacontos.



Espérovos a tod@s! Pero non quero despedirme sen antes desexarvos, eu e o meu equipo, un BO SAMAÍN!

domingo, 23 de octubre de 2011

1ª ENSINANZA DA DAMA DO LAGO: O MAGO MERLÍN, A COPA, A ALQUIMIA E A TRANSFORMACIÓN

Desta volta A DAMA DO LAGO quere presentar ao seu amigo o MAGO MERLÍN, mestre de alquimia. Que non sabes o que significa esta palabra? Pois ALQUIMIA é transformación, ou o que é o mesmo AMOR.
Image and video hosting by TinyPic
Os magos buscaban converter o chumbo en ouro é dicir, TRANSFORMAR aos SERES HUMANOS EN OURO. Converter o noso temor, ignorancia, odio e vergoña no máis precioso: O AMOR E A REALIZACIÓN.

O SANTO GRAAL é a copa que empregou Xesús na última cea, que contén o sangue de Cristo e que Xosé de Arimatea levou a Avalón para que O MAGO MERLÍN o custodiase. Santo Graal e ALQUIMIA son o mesmo. Os cabaleiros do REI ARTURO buscaban o Santo Graal ou sexa a transformación, O AMOR. Só SIR GALAHAD foi digno de conseguilo.

Sabes que a túa mestra é tamén unha ALQUIMISTA como MERLÍN? Un mestre que nos ensina a converternos en seres libres cheos de amor é un alquimista e sempre o foi.

Pero para que entendas isto mellor, que che parece se ves este relato?

E lembra sempre esta ensinanza. Déixate levar pola vida DON´T WORRY, QUE MALO SERÁ!

domingo, 16 de octubre de 2011

A DAMA DO LAGO

E por fin chegou o momento. Rapaces e rapazas preséntovos á DAMA DO LAGO!Image and video hosting by TinyPic O seu nome é VIVIANE e simboliza a sabedoría. Ela é a que nos vai otorgar os dons do coñecemento espiritual, do poder e da forza que xurden dende as profundidades do lago é decir da nosa alma.

Fará que sexamos dignos da espada da luz (EXCALIBUR, a espada do REI ARTURO) a través da cal seremos capaces de sentir o AMOR de maneira que nos axude a  cumplir a nosa misión, como seres humanos, e ser excelentes GUERREIROS DA LUZ.

Aquí a temos tan contenta na nosa aula.
Por suposto ven cunha sorpresa. Unha fermosa canción que nos acompañará durante o curso no ipod do blog e que se convertirá no noso himno de paz. Queres aprendela?

domingo, 9 de octubre de 2011

A BARCA DE AVALÓN

Image and video hosting by TinyPic

Esta semana atoparás na aula unha barca moi especial: A BARCA DE AVALÓN. Último paso que nos levará a DAMA DO LAGO e  a illa de Avalón.

Nela imos deixar unha folla co nome, e unha descripción nosa na actualidade. Como somos, o que nos gusta, por que somos importantes... Esto é necesario para coñecernos ben e, sobre todo, afondar no noso interior. 

Ao final do curso, despois de todas estas ensinanzas e da iniciación en Avalón cubriremos outra e a compararemos... Xa veredes o cambio e a vosa evolución!

Aquí vos deixo o modelo que me pasou a profe Conchita de "Blogmaníacos"
Agora... Colle a barca e fai unha viaxe pola túa alma!

domingo, 2 de octubre de 2011

O XARDÍN DE AVALÓN

Temos outro recanto na aula que transformamos nun xardín especial: O XARDÍN DE AVALÓN, e que está a esperar a chegada da DAMA DO LAGO para abrirnos as súas portas.

Este xardín está cheo de maceiras porque o símbolo de AVALÓN, país do amor, da paz e da sabedoría, son as mazás.

Queres botarlle unha ollada e relaxarte? (Preme no icono do sonido para escoitar a música)

Neste lugar realizamos unha cerimonia moi fermosa: O RITUAL DE MABÓN, a festa celta das colleitas, da xenerosidade, da vendimia, da morte e renacemento, a festa das mazás, A FESTA DE AVALÓN
Escoitamos, e cantamos, a canción  sobre Avalón e logo coloreamos unha mazá para colocala nas árbores. Esta mazá representa unha promesa: a de comportarnos correctamente, ter ilusión, ánimo, e traballar moito durante todo o curso para ser dignos de Avalón.

Aquí che deixamos o noso ritual-meditación por se che apetece facelo na casa.


Ritual Mabon

E, coma sempre, deixamos o mellor para o final.  Seguro que tes curiosidade por saber que fai un dragón no xardín de Avalón e como se chama. Pois escoita atentamente e o descubrirás...

domingo, 25 de septiembre de 2011

O SANTUARIO DO SHELLYCOAT: A SÚA GRUTA, O SEU BAÚL, UN ABECEDARIO ESPECIAL E UNHA BIBLIOTECA VIRTUAL.

Temos un recanto moi especial na aula no que estamos baixo o mar. Que non o cres? Pois admira o marabilloso mundo marino do noso teito!

BAIXO O MAR


Neste lugar ten o noso amigo SHELLYCOAT a súa gruta cun baúl cheo de contos para compartir con nós. 

Gústache?

Que?


Que non ves ao Shellycoat?...














Que si, mira ben que aí o está. Velo agora?

A colección de cunchas e buguinas do SHELLYCOAT ven cargada de valores e cun abecedario moi especial que alza a súa voz. Unha voz que che invita a ser mellor persoa e a unirte a ela nas túas accións e no seu canto. Mira o video e verás o agasallo tan fermoso que che espera.



E para rematar o máis importante. Aquí tes a colección de contos do SHELLYCOAT, unha biblioteca virtual en GOOGLE MAPS no que percorrerás o mundo aprendendo moito. En total son 129 CONTOS: NARRADOS, EN VIDEO, CURTAS, CANCIÓNS... relacionados coa auga e os seus estados. Deles 34 son propios do noso colexio O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA.

 Imos poñelo debaixo da cabeceira do blog para que cando accedas a él o teñas a man e poidas viaxar a donde ti queiras. (navega coas frechas de arriba para abaixo e preme nos puntos de cores para abrir o video correspondente ao conto)

Ver OS CONTOS DO SHELLYCOAT en un mapa más grande

GRAZAS ESPECIAIS AO ARTISTA JORGE MORAIS VALLE, AUTOR DA CURTA "O PINTOR DE CEOS", QUE NOS MANDOU TODO O MATERIAL DO SEU TRABALLO E DOU O SEU PERMISO PARA QUE POIDESE FORMAR PARTE DESTE PROXECTO.

domingo, 18 de septiembre de 2011

A CHAMADA DA BUGUINA, A CHAMADA DO OCÉANO

Cantas aventuras vivimos no CAZATESOUROS no que tiñamos que conseguir a segunda buguina custodiada, en Irlanda, por Ainé, Dama da Lúa e segunda chave a Avalón. Por fin aquí a temos! Pero,antes de dar a súa mensaxe, quere que coñezas mellor  a súa especie así que le, con atención, este cartel.


 

Xa observaches que esta cunchiña con forma de espiral é moi fermosa e variada. 


Anímaste a decorala? A esquerda tes unha lámina para imprimir e adornar coa túa creatividade e imaxinación.
Agora que sabes máis sobre buguinas xa estás preparad@ para oír a súa mensaxe. Pon moita, moita atención porque é moi, moi importante.





VAIA MISIÓN! TEMOS QUE ROMPER UN FEITIZO! 
EU CREO QUE PARA CONSEGUILO HAI QUE COÑECER BEN O OCÉANO A QUE SÍ?

CON PALABRAS É IMPOSIBLE DESCRIBILO HAI QUE VIVILO. POR ESO O SHELLYCOAT O FARÁ, PRÓXIMAMENTE, COS CONTOS DAS SÚAS CUNCHIÑAS E BUGUINAS. PERO… SE QUERES UN ADIANTO AQUÍ O TES.

Preme na imaxe e alucina!


lunes, 12 de septiembre de 2011

CAZA TESOUROS: NA PROCURA DA BUGUINA

Vaia comezo de curso máis apaixonante! Os rapaces e rapazas de sexto foron os primeiros en pasar unha das probas do Shellycoat (descubrir as trastadas que fixo na súa canción). E, agora, tamén son os primeiros en aceptar o seu reto  e ir na procura da buguina, segunda chave da porta a Avalón, situada en Irlanda e custodiada por Ainé.

A través deste cazatesouros, percorrendo todo o país irlandés, temos que pasar por diversas probas. Este é un traballo en equipo e é moi importante que todos o grupos logremos superalas con éxito.

A continuación tedes o cazatesouros coas normas por se o queredes imprimir e xogar tamén na casa cos vosos pais.
CAZATESOUROS

E estes son os preciosos contos irlandeses, que forman parte deste traballo,  ilustrados polos alumnos de 4ºA (actual 5ºA), 4ºB (actual 5ºB), 5ºC (actual 6ºC) e 5ºB (actual 6ºB). (Preme en cada video para ver e logo podes amplialo).

Watch videos at Vodpod and more of my videos

miércoles, 31 de agosto de 2011

O MURMURIO DA BUGUINA

Ei rapaces! Despois de pasar todo o verán, buscando e escudriñando na praia para ver se o meu soño se facía realidade e aparecía a buguina co conto do Shellycoat, finalmente, e por casualidade, din con ela mentres daba o último paseo e me despedía das vacacións. 

A verdade é que case me rompo un pé ao pisala (sería a monda se non puidese empezar o cole por culpa diso). Controlada a dor agarrei a causa da miña desventura, púxena na orella e por fin!...

Isto foi o que me contou.



E aquí tedes a súa canción por se a queredes aprender e cantala vós tamén.

sábado, 30 de julio de 2011

BAIXO O MAR DO SHELLYCOAT

Vaia soño máis estraño que tiven! Un ser estrafalario cuberto de cunchas e caracolas(BUGUINAS), que facían moito ruído cando se movía, partíase de risa na miña orella mentras bailaba e cantaba unha divertidísima canción. Queres cantala tí tamén?


Logo de darme un bico regálame unha CARACOLA (BUGUINA) QUE DÍ QUE É MÁXICA e que escoite o que me ten que decir.

Vos que credes? Farase realidade? A verdade é que estou moi, pero que moi intrigada... Que pasará?

Será que o mundo máxico atopou a miña mensaxe na botella? (VER ENTRADA ANTERIOR)Vou a estar pendiente de todas as buguinas que atope na praia!
Nota: O Shellycoat é unha criatura das augas do Reino Unido, en concreto de Escocia, que se adica a facer pillerías e a coleccionar cunchas. 
Na canción "BAIXO O MAR" o Shellycoat fixo algunha trastada. Serás capaz de atopalas?
 

jueves, 7 de julio de 2011

MESSAGE IN A BOTTLE-MENSAXE NUNHA BOTELLA (SOS)

Queres mandar un SOS ao mundo? Queres que alguen descubra a túa mensaxe e a escoite? As veces cres que estás perdid@? 

Pois... Pensa que nesta illa non estamos sós. Hai moita xente na procura dun fogar único... que quere construir un mundo mellor e ter amigos...


Esta é a miña mensaxe, o meu SOS:

E agora manda a túa. Na esquerda da imaxe hai unhas ventás, onde está o rapaz cun libro, pon READ THE MESSAGE, é para ler os que xa hai. Onde está o lápiz é para que escribas.

ÁNIMO


Poodwaddle.com

sábado, 18 de junio de 2011

MEMORIA DO CURSO

Quero despedir este curso lembrando as fermosas actividades que realizamos, todo o que aprendimos e os nosos soños cumplidos.

Atrás quedan moitas horas de traballo, na aula, nos recreos, na casa, sábados, domingos, festivos, vacacións... 

Porque un mestre que traballa coas TIC ten que buscar material, preparar as clases, montar vídeos, pelexar coas páxinas web, navegar por internet, relacionarse con outros blogs... 

Pero veredes, lendo esto, como é que todo o esforzo e horas empregadas, lectivas e non lectivas, merecen a pena. A EDUCACIÓN DOS RAPACES DEBE SER O MÁIS IMPORTANTE. E sabedes? Se un fai a un neno feliz, fai un adulto responsable.

FELICES VACACIÓNS A TOD@S! Disfrutade repasando a maioría do noso traballo!(Vai baixando co rato para ler toda a nota, podes dar play aos videos e velos, ou premer neles para youtube)

viernes, 17 de junio de 2011

UNHA REVISTA E BANDA DESEÑADA NA NOSA ESCOLA

Agora que está a rematar o curso quixera presentar o noso último traballo: o LIBRO DA LUZ; un libro feito por nós para ensinar a ser mellores persoas e a atopar o noso camiño. Valores en 12contos:  
  • O AGASALLO MÁIS VALIOSO
  • O AGASALLO DA AVOA
  • O PRÍNCIPE QUE PERDOOU AO SEU INIMIGO
  • O PAN MÁIS PEQUENO
  • OS OLLOS DO CORAZÓN
  • A MELLOR AUGA DO MUNDO
  • A ANCIÁ QUE SEMENTABA FELICIDADE
  • OS DOUS REIS
  • O PAÍS DAS RIQUEZAS
  • AS TRES COMETAS
  • A CADEA MÁXICA
  • A ESTRELA DE DEUS
Os rapaces de terceiro ciclo puxeron toda a súa ilusión e esforzo en facer estas historias en banda deseñada. 
(Para ver mellor preme no cadrado e amplia coa lupa, se lle das a roda do rato amplia moito máis)



E agora que te parece se lle votas unha ollada a nosa revista "O LARETEIRO DO XALLAS"

martes, 14 de junio de 2011

SUPERHEROES (DESPEDIDA DE ALUMN@S DE SEXTO)

Nestes nove anos que estivemos xuntos no colexio sentinme como unha superheroína que se enfrentaba a ataques, perigos, problemas, retos, desafíos... e ... sabedes?

Sempre os superaba!

Porque a forza de vontade, o apoio, a comprensión e o cariño deste equipo foi indestructible e insuperable.

Que non me credes? Pois aquí  tedes a SUPERCONTADORA!





Grazas queridos  alumn@s, sin vós eu non sería así.
Vós sodes os verdadeiros superheroes!

 
aladin