lunes, 31 de enero de 2011

O AMIGO FIEL (SOMOS PAZ)

O amigo fiel é un conto no que podedes aprender a importancia de ter un gran corazón, ser xeneroso e nunca aproveitarse dos demáis. Dar e recibir sempre van unidos. Ainda que hai algúns que dan e outros que reciben sen dar nada a cambio como pasa nesta historia que che van contar os artistas de 6º B.

sábado, 29 de enero de 2011

CONCERTO POLA PAZ


Onte celebramos o día da paz no colexio. Quixemos mandar ao planeta, as persoas, a natureza... a todos os seres a nosa enerxía positiva e amor. A ritmo da canción de Juanes "PAZ, PAZ, PAZ", baixamos ao patio exterior donde os pequenos de infantil e os maiores de sexto bailaron e cantaron cancións con mensaxes para tod@s. Logo acabamos bailando todos xuntos a canción de Juanes.

Aquí vos deixo unha pequena montaxe coas imaxes dese día e recórdovos que o luns teremos o último conto (adicado a paz) na Biblioteca, contado polos rapaces de 6ºB. Bicos para tod@s!


jueves, 27 de enero de 2011

ZAPATOS POLA PAZ

Aquí temos por fin a exposición cos nosos zapatos. Aqueles que os leprechauns nos dixeron que trouxeramos adornados e cun tesouro dentro.

Vaia tesouros que atoparon! Mensaxes bonitos, poesías, caramelos, chistes, adiviñas, lápices, pinturas, debuxos... Todos, todos feitos co tesouro máis grande: O DO VOSO CORAZÓN. Non podedes imaxinar como están os leprechauns de contentos! Tanto, tanto que se premedes na imaxe de arriba  podedes facer un bonito puzzle que vos regalan con todo o seu cariño.

RECEITA DA CONVIVENCIA

O noso leprechaun Zuimik esta semana decidiu deixar no meu zapato unha receita. Quere que nos convirtamos nuns expertos cociñeiros da convivencia. A verdade é que ten uns ingredientes moi, moi interesantes: tolerancia e un pouco de paciencia.


Escoita con atención a receita e pon a funcionar as pilas da túa cabeza porque... a que se che ocurre a ti algún ingrediente máis? Os bos cociñeiros sempre andan a experimentar así que xa sabes!

lunes, 24 de enero de 2011

O PRÍNCIPE FELIZ (CONECTATE A PAZ)

O conto de OSCAR WILDE de hoxe trata da estatua dun príncipe que está nunha cidade. Unha anduriña converterase na súa mellor amiga e xuntos farán cousas moi boas polos demáis.



Esta é unha historia na que o amor, lealtade, amizade e xenerosidade son os protagonistas. Aquí tedes o conto do PRÍNCIPE FELIZ a mans dos alumn@s de 6ºC.



viernes, 21 de enero de 2011

XOGOS POLA PAZ

O leprechaun Zuimik está tan contento polos zapatos adornados que estades a traer (dos que poñeremos as fotos no blog máis adiante) e tamén pola excelente actuación dos rapaces e rapazas de 6º A na Biblioteca, co conto do XIGANTE EGOÍSTA, que me deixou no meu zapato uns xogos pola paz. 

Na aula faremos unha dinámicas moi interesantes pero para quentar motores aquí tedes esta páxina de PALABRAS AMIGAS.

Premede na imaxe e podedes elexir entre diversas clases de puzzles, sopas de letras, atopar as diferenzas ou xogar ao aforcado.



E este da Xunta é para os máis maiores do cole. Seredes capaces de contestar todo correctamente?

lunes, 17 de enero de 2011

O XIGANTE EGOÍSTA (CONSTRÚE A PAZ)

Erase unha vez un xigante moi, moi egoísta que non quería compartir o seu xardín con nadie. 

Erase uha vez uns nen@s que conseguiron facelo bo e convertilo nunha persoa xenerosa.

Erase unha vez uns alumnos que seguiron a súa profe con toda a ilusión do mundo e que prepararon este marabilloso conto nun tempo record. 


Que sorte ter soños e ter tantas máns voluntarias para levalos a cabo!

sábado, 15 de enero de 2011

CANCIÓN POLA PAZ

Dentro deste mes no que adicaremos as nosas actividades  na clase a celebración do día MUNDIAL DA PAZ E NON VIOLENCIA, destacamos esta preciosa canción de JUANES que nos vai a acompañar no blog e ca que elaboramos unha coreografía  moi divertida que grabamos onte no recreo.

Lembrade que esta canción é a que se vai a poñer pola megafonía do centro, os luns, despois de comer, para avisarvos que empeza a SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA.

Grazas a tod@s os que participastes nesta experiencia e a profe Inma por axudarme coa súa grabación

jueves, 13 de enero de 2011

OSCAR WILDE

Que sorte teño! Hoxe atopei no meu zapato tuneado o regalo do leprechaun! Un poster sobre OSCAR WILDE un escritor irlandés! Grazas Zuimik! Pero... como sabía este leprechaun que nós estamos a preparar algo sobre este escritor para a Biblioteca e que moi pronto se vai representar? Diosito estes duendes teñen ollos por todas partes! (Preme AQUI para velo en grande)




Aquí tedes o programa sobre OSCAR WILDE que haberá na Biblioteca. Espérovos a tod@s!

martes, 11 de enero de 2011

DONA PAZ E A ESCOLA DOS SENTIMENTOS

Ola rapaces mirade  que bonito me quedou o meu zapato. Chámase DONA PAZ e viviremos moitas aventuras na súa compañía ao longo deste mes. 

Porque éste é o mes da paz xa que o día 30 celébrase en todo o mundo o día da PAZ E DA NON VIOLENCIA.


Sabedes que tesouro lle puxen dentro? Pois este cadro tan fermoso dun artista galego chamado LEANDRO LAMAS.






SENTIMENTOS

Gustaralle a ZUIMIK e ao resto dos leprechauns? Cal será o meu regalo a cambio? Que nervios!

lunes, 10 de enero de 2011

OS ZAPATOS MÁXICOS DOS LEPRECHAUNS

Xa sabedes que temos o cole cheo de Leprechauns. Hoxe preséntovos a Zuimik, un leprechaun que nos quere ensinar este precioso conto que fala da importancia de conservar os zapatos que xa nos quedan grandes ou están estropeados ...

Tamén nos quere propoñer unha proba: Queredes xogar con a él e ver o que che regala? Se aceptas o seu reto deberás traer un ZAPATO ADORNADO PARA ATRAER AO LEPRECHAUN, MOI BONITO PARA QUE LLE GUSTE E DEBE TER UN TESOURO DENTRO.

POÑEDE A VOAR A VOSA IMAXINACIÓN!

lunes, 3 de enero de 2011

Leprechaun -Duendecillo nacional de Irlanda-

Mirade rapaces que pouco me durou a soedade. A FADA DO ANINOVO trouxo da Irlanda máxica un LEPRECHAUN, ou dous ou tres...? Non sei cantos hai!

Os leprechaun son duendes irlandeses. Diminutos, vellos, trastes e de gran corazón. O seu oficio é fabricar ou arreglar zapatos. Ás fadas só lles fan un, mira que son! 
 
Son moi ricos, custodian potes cheos de ouro que se poden atopar ao final do arco da vella. Se descubres algún tes que miralo fixamente para que non poida escapar pero si lle retiras a vista, desaparecen! 




Falando de zapatos! Lede con atención esta mensaxe porque faremos algo moi divertido con eles que xa che explicarei máis adiante.




E para coñezas mellor estes seres máxicos aquí vos deixo esta marabillosa película titulada:  

A LENDA MÁXICA DOS LEPRECHAUN
 
aladin