jueves, 27 de enero de 2011

ZAPATOS POLA PAZ

Aquí temos por fin a exposición cos nosos zapatos. Aqueles que os leprechauns nos dixeron que trouxeramos adornados e cun tesouro dentro.

Vaia tesouros que atoparon! Mensaxes bonitos, poesías, caramelos, chistes, adiviñas, lápices, pinturas, debuxos... Todos, todos feitos co tesouro máis grande: O DO VOSO CORAZÓN. Non podedes imaxinar como están os leprechauns de contentos! Tanto, tanto que se premedes na imaxe de arriba  podedes facer un bonito puzzle que vos regalan con todo o seu cariño.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Precioso o voso traballo! Noraboa! Un saúdo dende Ribeira, EEI A CAPELA.

 
aladin