domingo, 27 de febrero de 2011

XOGANDO E APRENDENDO CO ENTROIDO

Grazas a Belén Junquera de CASA DE TOLOS, que traballou en equipo con outros profes,  podes xogar e aprender moito sobre o Entroido.





E o CRA RAIÑA ARAGONTA propón estas actividades. Grazas queridos profes e compañeiros por compartir estes recursos.

sábado, 26 de febrero de 2011

QUE CHEGA O ENTROIDO!

Esta semana estamos a preparanos para o entroido. Aquí tedes a nosa meca guapísima vestida de muller labrega porque o tema deste ano para os disfraces é A COMARCA DE SANTA COMBA. 

Ela vai ser a encargada de decirnos as consignas co que temos que traer cada día:

O ENTROIDO VAI COMEZAR
E A MECA IMOS IMITAR
O LUNS VASTE DISFRAZAR
POLOS PÉS TES QUE EMPEZAR.





 
E como é moi marchosa, por eso da marcha de Santa Comba, ven acompañada dunha canción para animarnos no Entroido!


viernes, 25 de febrero de 2011

O CENICIENTO IRLANDÉS (COREOGRAFÍA DE 6ºB)

Cantas probas ten que pasar o protagonista deste fermoso conto para logar ser feliz! Pero coa axuda dos seres queridos e con astucia logra o seu obxectivo!

Aquí temos o conto, ilustrado cos debuxos dos alumnos de 6º A que quixeron colaborar e axudar aos seus compañeiros de 6º B na súa entrada especial.

E finalmente a coreograía dos alumn@s de 6ºB, fresca, divertida, amena, espontánea. Cos seus desexos de felicidade para tod@s e moitos ánimos para superar as probas e obstáculos que depara a vida (A DESPEDIDA DE DADDY- YANKEE)

jueves, 24 de febrero de 2011

POESÍA VISUAL RECICLAMOS E COIDAMOS O MUNDO

Estou encantada! O equipo de Dinamización de Convivencia propuxo unha actividade preciosa: elaborar unha manualidade con materiais de refugallo. Aquí tedes o resultado froito da colaboración dos nen@s e das familias. Parabéns a tod@s! E a seguir así coidando, respetando e amando a natureza e o noso planeta!

martes, 22 de febrero de 2011

A CALZADA DOS XIGANTES, O INXENIO DO AMOR (COREOGRAFÍA DOS ALUMN@S DE 4ºB)

O amor sempre agudiza o seu inxenio para conseguir os seus propósitos e busca recursos coma nunha especie de xogo.

Existe en Irlanda unha lenda preciosa sobre unha calzada de pedras que din que foi construida por un xigante chamado FINN McCOLL para alcanzar a morada dunha fermosa xiganta escocesa que vivía ao outro lado do mar.

Neste poster dixital podes aprender moito máis incluso terás outra versión desta lenda e imáxenes en video para que disfrutes da fermosura do lugar. Preme AQUÍ para velo en grande

Os rapaces e rapazas de 4º B presentan a súa coreografía dunha divertida e inxeniosa canción na que o amor é coma unha especie de xogo. (Katy Perry - Hot N Cold)

sábado, 19 de febrero de 2011

QUE VIVA O AMOR! (COREOGRAFÍA DOS ALUMNOS DE 6ºC)

Hoxe o leprechaun Zuimik quere contarvos unha historia fermosísima da súa terra. Unha historia que fai que reflexionemos sobre o amor hacia os animais e que pensemos en non facerlles dano porque non se sabe se serán o noso amor verdadeiro. Preme no play e entenderás o que che estou a contar. (Debuxo de Erika e Dalia 4ºA)




E agora  os alumnos de 6º C presentan a súa coreografía que estende o amor  a todos os seres humanos,  animais, plantas, ao planeta, ao universo...
QUE VIVA O AMOR!

jueves, 17 de febrero de 2011

PINTANDO UNHA CANCIÓN PINTANDO O AMOR (COREOGRAFIA DOS ALUMN@SM DE 5ºA)

"Soy tu aire" é unha canción chea de moitos e de poucos. De orquestas e de fios de voz. De verdades e mentiras a medias. E como ten arriba e abaixo quíxose dar algo para que vos movérades líbremente pola canción: UN PINCEL.

Porque "Soy tu aire" píntase no aire.

Móvete por donde queiras, por donde che leve o ritmo da canción ou o ritmo do teu corazón. Acabarás facendo a túa propia obra que poderás ver, se queres, en video.

Preme na imaxe e adiante!







Os rapaces e rapazas de 5º A móvense polo aire ao ritmo da súa canción. Sobre libros queren pintar o amor, cantarche ao oído,  abrir as ás do maxin, soñar contos, voar moi alto...

martes, 15 de febrero de 2011

FÓRMULA MÁXICA: DAR AMOR PARA RECIBILO (COREOGRAFÍA DOS ALUMN@S DE 5ºA)

Hai unha fórmula máxica  para asegurarnos de recibir amor: "sempre recibimos amor cando o damos"

Cada vez que axudas ou fas sorrir a alguén, sénteste moi ben. Canto máis amor damos, máis recibimos. E canto máis amamos, mellor nos sentimos.



Os nenos e nenas de 5ºB presentan unha canción que fala de sentir o amor dunha persoa a través da súa alma coma se tivesemos un anxo ao lado e a súa luz nos protexera de todo (Halo de Beyoncé). Unha maneira extraordinaria de recibir amor! Pero lembra: para recibir amor primeiro hai que dalo! Nunca te canses  de empregar esta fórmula máxica!

lunes, 14 de febrero de 2011

SAN VALENTÍN ESTÁ EN DUBLÍN, IRLANDA

Sabías que as reliquias de San Valentín están en Dublín, na igrexa carmelita de Whitefriar Street?


Cada ano cara ao 14 de febreiro esta igrexa ve como miles de visitantes acoden, especialmente parellas. Aquí sitúanse os restos de San Valentín, xunto cun pequeno vaso tinguido co seu sangue e algúns outros obxectos.


O 10 de novembro de 1836 o relicario que contén os restos chegaron a Dublín, e foron levados en procesión solemne a Whitefriar Church Street, onde foron recibidos polo arcebispo Murray de Dublín.



O relicario foi un agasallo do Papa Gregorio XVI ao irlandés carmelita John Spratt, que era famoso polas súas oracións e prédicas. Coa morte do Pai Spratt o interese nas reliquias apagouse e almacenáronse no esquecemento.


Durante unha renovación importante da igrexa na década de 1950 as reliquias foron devoltas á fama cun altar e o santuario que se construíu para aloxalos e onde poden ser venerados.


Hai unha estatua esculpida por Irene Broe que representa ao santo na vestimenta vermella dun mártir e leva unha folla de palma nas man


E que? Apeteceche dar agora un paseo por Dublín?

sábado, 12 de febrero de 2011

O ANEL DE CLADDAGH SIMBOLO DO AMOR E DA AMIZADE (coreografía dos alumn@s de 4ºA)

Os alumn@s de 4ºA expresan o seu amor e amizade  cunha canción fermosísima de NENA DACONTE: "Tenía tanto que darte". Lembra que a amizade, como o amor,  está chea de pequenos detalles que a fan grande, grande. (Debuxo de Sara 2ºB)



jueves, 10 de febrero de 2011

O SEGREDO DO AMOR (COREOGRAFÍA DE 6ºA)

Din que o AMOR VERDADEIRO da liberdade aos que ama. Din que fala cos ollos e bica coa mirada. Din que a felicidade dos demáis é o seu bienestar, que nunca xuzga e sempre acompaña.            
                                           (Debuxo de Uxía 2ºB)



Ti que clase de amor tes no teu corazón? Será como os dos nen@s deste magnífico video?





Os rapaces e rapazas de 6º A presentan a súa coreografía na que cantan e bailan ao amor de múltiples cores, ao amor da vida, ao amor verdadeiro.
(O que queremos é que os nosos pais se enchan de orgullo de nós. Queremos levar alto as nosas cores. Estes son os nosos soños da vida e a esperanza dos xovenes, o mellor ainda está por vir. IMOS POÑER O SOL NOS ROSTROS TRISTES)

martes, 8 de febrero de 2011

AMOR AO RITMO DA CHUVIA (COREOGRAFÍA DOS ALUMN@S DE 3ºB)

Din que Irlanda é o país da chuvia eterna. Tamén din que en Santiago de Compostela a chuvia é arte. Pero  sabías ti que  para un namorado a chuvia lémbralle un gran amor? A que é preciosa esta idea? Pois pensa neso cando chova, non te deprimas, visualiza a xente que queres e o amor que te rodea.

Os nenos e nenas de 3º B son encargados de presentar a súa coreografía bailando ao ritmo da chuvia. Podes ver a súa versión en inglés e a española. 

E se premes agora na imaxe podes aprender, cun xogo, divertido a letra desta canción.

lunes, 7 de febrero de 2011

TRADICIÓN DE AMOR IRLANDESA (COREOGRAFÍA DOS ALUMN@S DE 5ºC)





Music


Os rapaces e rapazas de 5ºc presentan a súa coreografía, dentro do proxecto bailando por todos os rincóns do colexio e estendendo o amor polo mundo. Nenos e nenas unidas polo mesmo sentimento porque... aínda que a tradición anterior é simpática,  verdade que é mellor elixir e decidir entre dous un paso como é o do matrimonio?

CANTANDO AO AMOR from CONTADORASONOS on Vimeo.

viernes, 4 de febrero de 2011

O PODER DO AMOR FONTE INAGOTABLE DE FELICIDADE (ALUMNOS DE SEGUNDO DE PRIMARIA)

O poder do amor transforma o interior das persoas, como unha fonte inagotable de felicidade.
Escoita ben o conto irlandés que che conta ZUIMIK titulado "O DUENDE NAMORADO" donde aprenderás o poderoso que é o amor.




E agora disfruta das simpáticas coreografías de 2º A e 2º B e das súas cancións de amor. Observa como é certo que o amor é unha fonte inagotable de felicidade!

martes, 1 de febrero de 2011

FEBREIRO MES DO AMOR E DA AMIZADE

Estreamos o mes de febreiro cunha mensaxe de ZUIMIK, o leprechaun irlandés, que nos propón outra actividade moi divertida. Escoitade ben o que vos ten que decir.



E como estamos encantados con esta historia xa nos puxemos a traballar. Os primeiros que empezan enchendo o cole e as ondas coas súas melodías de amor, son os nen@s de 3ºA. Esta canción será a que nos acompañe, tamén, durante este mes no MIXPOD do blog.

1 DE FEBREIRO SANTA BRÍGIDA PATRONA DE IRLANDA

E agora ides coñecer a historia dun personaxe que vai ser moi importante para Irlanda e as súas tradición sobre o amor. 

Lede ben a historia de SANTA BRÍGIDA porque máis adiante coñeceredes unha anécdota moi simpática sobre ela. Preme AQUÍ para velo en grande


 
aladin