jueves, 31 de marzo de 2011

MEDITACIÓN POÉTICA e REIKI

Os maiores do cole, os rapaces e rapazas de sexto, están experimentando unha meditación especial: unha mezcla de REIKI e poesía.

REIKI É AMOR, aprender a escoitar e axudar a todas as persoas, é pedir enerxia e luz dende o corazón porque O AMOR NUNCA DAÑA A NINGUÉN.



Agora comprendes? Ti podes facer Reiki en calquera momento. Sempre que desexas algo bo fas Reiki, e sobre todo, se estás en contacto cun mestre de Reiki como é o caso.

A música de JEAN-PILIPPOE RYKIEL e o LAMA GYURME cos seus cantos pola paz, foi a nosa guía, luz e compañía na primeira parte da meditación. 




Na segunda parte, as poesías de JORGE GUILLÉN (La perfección), PEDRO SALINAS (El alma tenías), LUIS CERNUDA (Viviendo sueños), ANTONIO MACHADO (Meditación) e LUIS DE GÓNGORA (Mientras por compartir) cantadas por VICENTE MONERA, completaron esta meditación.


Realmente rematamos relaxados, e cargados de enerxía. Coa satisfacción de axudar a todos os seres sintientes do planeta e de levar a nosa luz ao mundo.

Permite que esta mestra de Reiki garde en segredo esta meditación. Só podo añadir que esta experiencia é única e un refuxio ante os problemas que se plantexan na vida. Cando chegues a sexto estareite esperando con este tesouro que todos os días se pon en práctica nos murais que facemos, contos, cancións, exercicios, no blog... Todo o traballo desta profe está irradiando REIKI.

BICOS CARGADOS DE POESÍA E ENERXÍA POSITIVA

miércoles, 30 de marzo de 2011

A PESAR DE TODO

As veces ser orixinal e creativo, ser "diferente", fai que aparezan persoas que poñan trabas no camiño. A pesar de todo....NON HAI TORMENTA QUE DURE CEN ANOS SI SE LEVA CON FORTALEZA E UN SORRISO!


domingo, 27 de marzo de 2011

A "MUSA DA POESÍA" E OS POETAS IRLANDESES



Mamaiña! Que atrevidos! Collimos unha parede e fixemos unha preciosa poesía visual titulada "A MUSA DA POESÍA". 



Xa ves que fermosa quedou, o radiador é a boca, cuns beizos vermellos e uns dentes enormes!


 

Nas ventás, sobre a musa, colocamos  catro poesías de autores irlandeses. 







Remo, da poetisa MOYA CANNON



Soños, do poeta O´SHAGHNESSY








El DESEXA AS TEAS DO CEO  do autor irlandés coñecido como O POETA DE IRLANDA chamado W. B. YEATS.








 Destaco a súa poesía  titulada ALÓ NOS XARDÍNS DE SALLEY(e que se escoita no Ipod ao entrar no blog, durante este especial poesía)cantada por ORLA FALLON, solista irlandesa.



Esta é a súa traducción ao galego.
Cal che gusta máis?

sábado, 26 de marzo de 2011

LIBRO COLOREAR IRLANDA E SAN PATRICIO

Os rapaces e rapazas de segundo, terceiro e cuarto traballaron neste libro con actividades especiais sobre San Patricio e Irlanda. Aquí tes os debuxos do libro e moitos máis!

Actividades Colorear San Patricio
IRLANDA COLOREAR1

jueves, 24 de marzo de 2011

A PEDRA DE BLARNEY E UNHA DE BICOS!

Unha das múltiples actividades realizadas para celebrar San Patricio foi a elaboración dunha manualidade: A PEDRA DE BLARNEY.


Dáselle a pedra unha capa de pintura branca, márcase a silueta dos beizos, píntase de verde, e adórnase con purpurina e símbolos celtas.




Pero... Sabes o seu significado? Pois a pedra de Blarney é a pedra da parede da torre do castelo de Blarney, no pobo irlandés do mesmo nome.  Suponse que bicando á pedra terás o regalo da elocuencia persuasiva, é decir serás capaz de convencer a calquera coas túas palabras.

As oríxes das propiedades da "pedra máxica" din que se deberon ao feitizo que lanzou unha velliña  para premiar a un rei que a salvara de afogar. Bicanco a pedra baixo o feitizo o rei conseguiu a habilidade de falar docemente e convenientemente.


Aquí tes unha imaxes en vivo e en directo deste lugar.




Ai que ricos que son os bicos!  Mira como se di noutros idiomas! Besos, besitos, besotes (español), kisses (inglés), beijo, beijinhos (portugués), petons, petonets (catalán), kisu (Xaponés), baiser (francés), nach küssen (alemán), neshikot (hebreo), bacio, bacione (italiano), musu (euskara), kys (danés), kusjes (holandés), halik (filipino), suukkoja (finlandés), csókok (húngaro), oscula (latín), nhung nu hon (vietnamita).

E sabías que os bicos son os creadores do arco da vella que tanto adoran os leprechauns irlandeses? Le atentamente este precioso conto para comprobalo.


lunes, 21 de marzo de 2011

MANUALIDADE DE LEPRECHAUN

Para celebrar o día de San Patricio estivemos a facer unha manualidade de leprechauns. 

Estes son os pasos que hai que seguir cun tubo de papel hixiénico pintado de verde.


 


A que nos quedaron moi ben?






E agora tes dous xogos para divertirte cos leprechauns! Preme nas imaxes, espera a que cargue o xogo e preme en PLAY GAME!


jueves, 17 de marzo de 2011

O TESOURO IRLANDÉS: O VERDE MOLA!

Neste día de San Patricio,   no que todo o mundo se viste de verde Zuimik quere desvelar cal é o tesouro irlandés a través deste precioso conto titulado O VERDE MOLA! e que escenificaron na Biblioteca hoxe os alumn@s de 6º. Presta moita atención, sobre todo á sorpresa final!


Aquí pódese ler o conto, ao chegar ao final terás a canción.(Grazas ao CEIP FRIÁNS-TEIS DE VIGO por tan fermosa canción)
E que tal se aprendes a letra da canción? HAPPY SAN PATRICK´S DAY!
O VERDE MOLA

martes, 15 de marzo de 2011

A BÚSQUEDA DO TESOURO IRLANDÉS: PROBA 2-REPASANDO E APRENDENDO SOBRE IRELAND


Atención tod@s! O Xoves 17 de Marzo, día de San Patricio estás invitad@ a Biblioteca a descubir o tesouro irlandés.

Debes vir vestid@ de verde.

Pero primeiro terás que superar a segunda das probas!


O noso amigo Zuimik case nos volve tolos! Na segunda proba da búsqueda do tesouro irlandés organizou unha tremenda! Fixo unha exposición con datos de Irlanda e alí nos mandou por grupos a buscar as respostas. Todos e todas estamos a pasar por alí e intentar acertar o máximo de preguntas.

Aquí tedes os datos que nos deixou Zuimik na exposición. Ollo! Debes de ler moi ben esta lección sobre IRELAND para poder contestar as preguntas do xogo final.


domingo, 13 de marzo de 2011

A BÚSQUEDA DO TESOURO IRLANDÉS: PROBA 1- SAN PATRICIO E AS MONTAÑAS SAGRADAS DE IRLANDA

PREPÁRATE! Zuimik quere propoñerte unhas probas para comprobar  se eres un bo investigador e atopas o tesouro irlandés.

Empezamos! Serás capaz de chegar ata o final e contestar correctamente as preguntas? Le con calma e presta atención aos videos para lograr este obxectivo.

San Patricio foi un misioneiro que adicou a súa existencia a levar o cristianismo a illa de Irlanda nun momento en que as crenzas celtas eran moi fortes. Vas coñecer a historia da súa vida e dúas importantes montañas de Irlanda relacionadas con él. Neste poster dixital tes todo moi ben explicado. Preme AQUÍ para velo en grande.



ATENCIÓN! PREGUNTAS!

miércoles, 9 de marzo de 2011

IRLANDA, A ILLA ESMERALDA, PATRIA DE SAN PATRICIO (PATRONO DE IRLANDA)

 Neste mes de marzo, o 17, celébrase en Irlanda a festa de SAN PATRICIO. Deste xeito ao longo de marzo faremos actividades relacionadas con este tema.

San Patricio foi un santo moi importante, que introduciu o cristianismo na illa e do que máis adiante aprenderemos a súa historia. 


Para empezar  aquí che queda unha presentación cunha canción de WOLFE TONES "ST PATRICK WAS A GENTLEMAN "que nos vai a acompañar ao longo deste mes no ipod de CONTADORA.


Despois dos meses que levamos de traballo de Irlanda estou moi, pero que moi segura que agora serás capaz por fin de poder facer estas actividades. (Preme na imaxe e adiante!)
(Grazas a profe Belen Junquera de CASA DE TOLOS)

martes, 8 de marzo de 2011

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Sabedes? En 1.908, un 8 de marzo, o propietario dunha fábrica textil decidiu que a mellor maneira de sofocar a revolta producida polas mulleres, que reclamaban máis dereitos e mellor trato, era queimar a fábrica con elas dentro. Por eso se propuxo este día como o día da muller traballadora.

Quixera deixaros un conto no que se expresa moi ben a situación da muller. Lede ata o final e decídeme se non vos é esto familiar. (Hai que pasar por encima o rato para ler o conto e pasar as follas)


E agora se premedes na imaxe podedes xogar e aprender moito máis sobre este tema

(Recursos recollidos do Recanto de Mik, imaxes de LEANDRO LAMAS)

sábado, 5 de marzo de 2011

ENTROIDO XALLEIRO

O entroido deste ano foi adicado a  terra xalleira. Vacas, corvos, espantallos, cociñeiros,troiteiros, músicos da bandafeirantes encheron o noso cole e o pobo de Santa Comba coa súa cor e sorrisos.

Eu rinme tanto tanto que teño agujetas!

Que non me credes que foi divertido? Pois a comprobalo!

ENTROIDO


MOMENTOS SIMPÁTICOS
 
aladin