jueves, 24 de marzo de 2011

A PEDRA DE BLARNEY E UNHA DE BICOS!

Unha das múltiples actividades realizadas para celebrar San Patricio foi a elaboración dunha manualidade: A PEDRA DE BLARNEY.


Dáselle a pedra unha capa de pintura branca, márcase a silueta dos beizos, píntase de verde, e adórnase con purpurina e símbolos celtas.




Pero... Sabes o seu significado? Pois a pedra de Blarney é a pedra da parede da torre do castelo de Blarney, no pobo irlandés do mesmo nome.  Suponse que bicando á pedra terás o regalo da elocuencia persuasiva, é decir serás capaz de convencer a calquera coas túas palabras.

As oríxes das propiedades da "pedra máxica" din que se deberon ao feitizo que lanzou unha velliña  para premiar a un rei que a salvara de afogar. Bicanco a pedra baixo o feitizo o rei conseguiu a habilidade de falar docemente e convenientemente.


Aquí tes unha imaxes en vivo e en directo deste lugar.




Ai que ricos que son os bicos!  Mira como se di noutros idiomas! Besos, besitos, besotes (español), kisses (inglés), beijo, beijinhos (portugués), petons, petonets (catalán), kisu (Xaponés), baiser (francés), nach küssen (alemán), neshikot (hebreo), bacio, bacione (italiano), musu (euskara), kys (danés), kusjes (holandés), halik (filipino), suukkoja (finlandés), csókok (húngaro), oscula (latín), nhung nu hon (vietnamita).

E sabías que os bicos son os creadores do arco da vella que tanto adoran os leprechauns irlandeses? Le atentamente este precioso conto para comprobalo.


No hay comentarios:

 
aladin