jueves, 28 de abril de 2011

O SEGREDO DO LIBRO DE KELLS, O LIBRO QUE TROUXO A LUZ...

Agora que xa coñecemos o libro de Kells estamos a ver esta fermosa película que relata a historia dun libro que un neno ten que protexer. A que sabedes cal é?

Toda a película xira ao redor de Brendan, un monxe de 12 anos que vive nunha remota abadía fortificada de Kells, na Irlanda do século IX. Cos outros irmáns, axuda a construír unha muralla para resistir os asaltos dos viquingos. 

Pero unha nova vida de aventuras preséntase ante el cando coñece a un famoso mestre que chega de terras estranxeiras, co seu gato Pangur Bán, coidando dun antigo libro máxico que está inacabado. 

Coa esperanza de terminalo, Brendan sairá da abadía por primeira vez e internarase no perigoso bosque, habitado por todo tipo de criaturas... Alí coñecerá a fada Aisling que lle axudará nesta gran aventura.

martes, 26 de abril de 2011

THE BOOK OF KELLS, LEABHAR CHEANANNAIS, O LIBRO DE KELLS

O Libro de Kells  (tamén coñecido como o Gran Evanxeliario de San Columba), é un manuscrito ilustrado con motivos ornamentais, realizado por monxes celtas cara ao ano 800. Debido á súa gran beleza e á excelente técnica do seu acabado, este manuscrito está considerado por moitos especialistas como un dos máis importantes vestixios da arte relixiosa medieval. Escrito en latín, o Libro de Kells contén os catro Evanxeos do Novo Testamento, ademais de notas preliminares e explicativas, e numerosas ilustracións e miniaturas coloreadas. 
Na actualidade o manuscrito está exposto permanentemente na biblioteca do Trinity College de Dublín (Irlanda)

Os monxes non só facían ilustracións, tamén cantaban cantos gregorianos coas súas exquisitas voces. Se premes na imaxe podes dirixir un coro, so tes que picar nas bocas para que canten e de novo para que paren. Cantas melodías serás capaz de facer?

domingo, 24 de abril de 2011

EASTER!

Aisling e Pangur Bán queren explicarte cal é o significado da Pascua ou Easter. Le con atención.
Easter é o nome en inglés co que se designa a Pascua. A Pascua é unha festa cristiá na que se celebra a volta a vida de XESÚS DE NAZARET, aínda que ten precedente xudeu no que celebraban a saída da escravitude de Exipto. Como ves significa VIDA-RENACEMENTO.

En Irlanda, nos tempos dos druidas acendíasen fogueiras nestas datas en honor a primavera. San Patricio mantivo este costume pero o homenaxeado era Xesús de Nazaret.

Tamén nestes tempos os ovos representaban o renacemento da terra, creíase que tiñan unha forza especial. O largo inverno pasou, a terra explosiona chea de vida como un ovo.

Os coellos representaban a capacidade de reproducción e vida, sobre todo nesta época.


De aquí que coellos e ovos sigan presentes hoxe en día nesta festa cristiá de VIDA E RENACEMENTO.

Grazas a CASA DE TOLOS

sábado, 23 de abril de 2011

LE! E O TEU MUNDO SERÁ RICO. 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


Agora que imos estudar un libro tan importante coma o de Kells... 

Imaxinas que os monxes que o fixeron se desanimaran porque non entendían as palabras que tiñan que copiar ou porque non lle interesaban os libros? 

Que se asustaran do traballo que tiñan por diante?

Que non percibiran as marabillas das súas creacións: OS LIBROS?



Pois a protagonista da historia que che presento non lle interesan os libros nin aprender. A verdade é que pensa que vive nun mundo de extraterrestres porque non entende nada.

Así que é  desterrada ao campo a casa da súa tía Etelvina polos seus propios pais. 
 
Pensaban que na soedade do campo lle interesaría a biblioteca da súa tía e cambiaría de actitude.

Le! O teu mundo será tan rico como o sexan as túas palabras.




Grazas a Bibliotics

viernes, 22 de abril de 2011

22 DE ABRIL DÍA DA TERRA

Na película O SEGREDO DE KELLS, que visionaremos á volta das vacacións, a fada AISLING é a protectora e garda da natureza, dos bosques de Kells en Irlanda.

O 22 de abril de 1970 o senador estadounidense Gaylord Nelson, quixo que neste día se concenciara as persoas sobre o coidado e a conservación do noso planeta.

Pero Aisling quere que comprendas que TODOS OS DÍAS DEBEN DE SER O DÍA DA TERRA. Que debes de coidala e protexela como ela fai. Preme na imaxe e ensinaráche como.

domingo, 17 de abril de 2011

PANGUR BÁN

Pangur Bán é o título dun poema que se cre que foi escrito por un monxe irlandés durante o século IX. Apareceu na marxe do manuscrito da dereita que se conservaba no mosteiro de San Pablo de Carintia, Austria. No poema, o autor fala do seu gato, Pangur Bán e fai unha comparación dos seus estudos coa caza de ratos do animal. En canto ao significado do nome, parece que é Gato branco




Este é o poema en irlandés e o seu significado en galego. (Preme na imaxe para ler ben)


Pangur Bán vainos a acompañar na recta final do curso onde coñeceremos a historia dun libro moi importante, o libro que trae a luz, o LIBRO DE KELLS. Pintaremos o noso propio libro de Kells como os monxes antigos... traballaremos a película O SEGREDO DE KELLS na que a fada AISLING canta a canción que estar a escoitar no IPOD de Contadora... 

Como ves non teremos tempo de aburrirnos!

jueves, 14 de abril de 2011

PINTANDO POESÍA

Barrrie MacGuire é un pintor irlandés destacado pola beleza das súas pinturas en poesía visual. Esta que ves á dereita chámase MARINS QUILT e pódese atopar na galería de arte da cidade de GALWAY.


Outro autor é CONOR WALTON. Elexín tres das súas pinturas para que nos serviran de guía no noso traballo.














Imos xogar a pintar, como este último, poesía visual coa nosa cara.  Eu por exemplo son unha burbulla de coral no fondo do mar.

Vistos os resultados non é tan difícil, a que non?
FELICES VACACIÓNS CON IMAXINACIÓN PARA TOD@S!

martes, 12 de abril de 2011

POESÍA VISUAL: POESÍAS ACRÓBATAS

Para participar na exposición que se fixo diante da Biblioteca, con poesías visuais elaboradas a partir dun obxecto, os rapaces de 6º A e 6ºB colaboraron na transformación dunha táboa de planchar.



Esta é a súa poesía titulada: POESÍAS ACRÓBATAS.





Agora podes ler as poesías de XOAN MANUEL PINTOS, ANTÓN GARCÍA TEIJEIRO, HELENA VILLAR JANEIRO, MARGA ARUFE, ANA MARÍA FERNANDEZ, LOURDES MACEIRAS E GLORIA SÁNCHEZ, empregadas nesta actividade.
POESÍAS

domingo, 10 de abril de 2011

UNHA ESCRITORA, UNHA MENSAXE, UN LIBRO, UN POEMA... E O ARCO DA VELLA

A mestra e escritora de literatura infantil e xuvenil ÁNXELA GRACIÁN, con data 30 de marzo, deixou unha mensaxe no noso blog. Aquí a tes:

Lemos o libro na clase e a tod@s nos encantou  este conto no que un Dragón Arco da vella se namora dunha pinga de choiva. Os alumn@s de 2º B fixeron uns debuxos preciosos.

Queremos decirlle a Ánxela Gracian que nos tamén temos moi bos escritores no cole. Aquí está Liroy de 5ºB que nos presenta o seu poema "O ARCO DA VELLA" . Escoita ben a este artista!

Agora podes xogar con Liroy a colocar correctamente a súa poesía, aprendela e se queres tamén podes ti añadir algunha estrofa. Preme na imaxe e será mellor que te apures poeta!

viernes, 8 de abril de 2011

POESÍA VISUAL "O MEU XARDÍN"

A segunda parede do colexio, que tivemos a sorte de poder pintar, é a que está no pasillo de primeiro ciclo. En colaboración coas profes de segundo creouse esta  poesía visual titulada "O meu xardín" que xira en torno ao radiador, empregado para facer unha casiña rodeada de elementos primaverais. Encima das ventás colocamos esta poesía:

Pra, pre, pri
A primavera, a primavera
Pra, pre, pri
A primavera, xa está aquí.

Pra, pre, pri
Crecen as flores,
Cantan os grilos.

Pra, pre, pri
E hai bolboretas
No meu xardín.
Este é o precioso resultado!




Os nenos de 2ºA, aproveitando este tema, xogaron a inventar poesías. Partiron dunhas frases que eu lle dín e logo deixaron voar o seu maxín. Aquí tedes dous exemplos.

Xa vedes que grandes artistas temos no noso cole!

miércoles, 6 de abril de 2011

POEMAS DUN RAPEIRO, POEMAS NO COLEXIO

Lembras a JHARECK (Iago Rey)? Todo o mundo o coñece porque o ano pasado veu a impartir aos maiores do cole un taller sobre RAP E POESÍA. Desta experiencia xurdiu o RAP DO LIBRO.

Por razóns de axenda non pode vir nestas datas pero o fará en maio. Os rapaces e rapazas de sexto serán os afortunados de disfrutar con él dun TALLER DE RIMAS. 

Mentras, deixanos algunha das súas poesías que presentan MANU, CHECHU, AINOA E MARCOS de 6ºB e ... Sabes quen se apuntou a facer poesía e rap coma él?.... Pois BASILIO de 6º B que nos presenta tamén o RAP DA AMIZADE!

Mira, escoita, alucina e disfruta!

domingo, 3 de abril de 2011

A HISTORIA DO VIOLIN E A SÚA ORIXE NUN CONTO-POEMA

O violin é  un instrumento cun son fermoso,  un dos instrumentos mais importantes da orquestra.(Imaxe de Leandro Lamas)


Neste poster dixital tes moi ben explicado o que necesitas saber sobre él e a súa importancia na musica irlandesa. Preme AQUÍ para velo en grande.


Agora que che parece se coñeces a orixe do violín? Como naceu? Le atentamente este conto ilustrado polos alumn@s de 6º C e verás que  historia tan fermosa. Ao final atoparás un gracioso poema.



 
aladin