martes, 31 de mayo de 2011

O SEGREDO DA ILLA DE SAN BORONDÓN

E por fin vaise desvelar o segredo da illa de San Borondón. Estes días estivemos a intentar adiviñalo mirando para os debuxos do conto que estaban expostos nun corcho. Algún grupo andivo cerca e outro botoulle tal imaxinación que se podía facer outra fermosa historia das ilustracións realizadas polas alumnas de 6ºA, Nerea Barbeira, Jessica Espasandin, Patricia García, Laura Carracedo e Ana Castiñeira.

Espero que vos guste moito e o que é máis importante, poñede en práctica na vosa vida ese segredo!


lunes, 30 de mayo de 2011

A ILLA DE SAN BORONDÓN (VIAXE DE BRENDAN)

Un dos protagonistas da película "O segredo do libro de Kells",  chamáse BRENDAN. Este nome non foi elexido o azar polos productores xa que SAN BRENDAN é un importante misioneiro irlandés, cuia festividade celébrase o 16 de maio. 

Algúns pensan que chegou a descubrir América antes que Colón.






Este misioneiro, xunto con 14 compañeiros, partiu de Irlanda, nun curragh (bote de pesca irlandés) no ano 480 buscando terras para evanxelizar. Na súa viaxe de illa en illa tiveron encontros con estranas criaturas...


Atoparon unha illa donde os paxaros podían falar...

Noutra ocasión confundiron unha illa cunha balea e navegaron no seu lomo ata chegar a unha illa marabillosa con ríos cheos de peixes, estranas árbores, aromas e seres máxicos... donde a paz que se respiraba fixo que pensaran que se atopaban no PARAÍSO. Aquí estivo sete anos e chamáronlle a ILLA DE SAN BORONDÓN (situada nas Canarias).




As illas Canarias son sete...

Pero a  illa de San Borondón é considerada a octava illa das  Canarias. Existen maís narracións de xente que din que a avistaron. Din que nela se atopa un gran tesouro. 
Ti que pensas?



A historia das viaxes de San Borondón escribíronse no Navigatio Sancti Brendani Abbatis, no ano 800, considerado un dos manuscritos medievais máis importantes.

Pronto o segredo da illa de San Borondón será revelado neste blog

viernes, 27 de mayo de 2011

EL ESPAÑOL EN EL AIRE POR LAS NIÑAS

Hoxe a cita era as 10:30 para todos os colexios que quixeran participar na campaña: O ESPAÑOL NO AIRE POLAS NENAS.

Á segunda hora saímos ao patio.

Primeiro escoitamos un conto titulado SIRA E O PAXARO NEGRO.(Se premes abaixo do video verás dous cadradiños, pois ten dúas partes. Cando acabe a primeira parte preme na segunda para seguir co conto)

Logo, ANA e OLGA de 6º C axudaron a voar as cometas con diversos mensaxes e Laura G. e Laura C. de 5º B cantaron a súa canción MUÑECAS DE TRAPO, adicada a todas as nenas do mundo que non poden ir á escola.

Pero,  por que non o vedes?


jueves, 26 de mayo de 2011

FLASHMOB NO RECREO

Un dos dereitos do nen@ é o "Dereito a xogar, a descansar e facer deporte". O sedentarismo está favorecendo que cada vez máis nen@s teñan sobrepeso e obesidade infantil. A escola e con ela a educación contribúe a desenrolar este dereito.

Na Campaña Mundial da Educación deste ano que estamos a traballar pídese unha educación para as nenas. Se non acuden a escola por ter que traballar... donde está o seu dereito a xogar, descansar e facer deporte? 

Despois de varios días ensaiando, onte no recreo da tarde, gravamos o noso flasmob POR UNHA EDUCACIÓN PARA TOD@S!

martes, 24 de mayo de 2011

"MUÑECAS DE TRAPO", UNHA CANCIÓN POLA EDUCACIÓN DAS NENAS

Profe, queres escoitar a canción que inventamos? Así naceu "MUÑECAS DE TRAPO" un tema que LAURA GARCIA e LAURA CAMAÑO (de 5ºB de primaria) interpretan representando a todas as nenas do mundo ás que se lles nega, por múltiples causas, o dereito a unha educación.


O amor ao que cantan simboliza a súa infancia perdida, os seus soños rotos, o seu futuro sin esperanza...

Esta mensaxe será a que, o venres 27 de maio as 10:30, surcará os ceos dende o noso cole.
Que alguén o escoite. Que o mundo cambie.

domingo, 22 de mayo de 2011

POLO DEREITO UNIVERSAL Á EDUCACIÓN DAS NENAS(CAMPAÑA MUNDIAL DE EDUCACIÓN)

Por ser nenas é unha campaña de PLAN para loitar contra a desigualdade de xénero, promover os dereitos das nenas e sacalas da pobreza. En moitos países, as nenas son as que máis sofren a pobreza. Só por ser nenas, son as primeiras en ter que deixar os estudos para traballar ou se enfrontan a matrimonios temperáns que lles impiden continuar a súa educación e acceder a un futuro mellor.

Descobre en dous e medio minutos por que investir nas nenas é clave para romper o círculo da pobreza



Dende aquí contribuiremos coas seguintes actividades:

1) Colaborando no día 27 de maio as 10 e media hora peninsular na campaña: O IDIOMA NO AIRE POLAS NENAS/O ESPAÑOL NO AIRE POLAS NENAS.

Consiste en soltar globos de papel con contos e mensaxes todos xuntos a mesma hora. Nós, por motivos de seguridade, empregaremos cometas.

PARTICIPA, ESCRIBE A TÚA HISTORIA E QUE A LEVE O VENTO
COMETA

2) Tamén che mostraremos o video cunha actuación de dúas alumnas de 5ºB cantando para todas as nenas do mundo.

3) Montaxe do noso particular FLASHMOB cunha coreografía que estamos a traballar da canción MOVE YOUR BODY DE BEYONCÉ polo dereito a educación, en concreto á educación física e a facer deporte (Premendo en flashmob poderás ver varios exemplos de coreografías)




TODO POR LOITAR POLOS DEREITOS DAS NENAS DO MUNDO.

viernes, 20 de mayo de 2011

BLOG COLECTIVO "DÍA DO LIBRO NO SÉCULO XXI"


Este curso ademáis de participar no blog colectivo de poesía visual "REDEIRAS", tamén o facemos en "DÍA DEL LIBRO S.XXI".(preme na imaxe para coñecelo)

Aportamos as nosas actividades de primaria sobre a película "O segredo de libro de Kells" e o xogo que  inventamos "O TRISKELE DE KELLS".


Colaboramos tamén cunha montaxe coa exposición que se realizou sobre contos populares, elaborada por los alumn@s de 6º de Primaria en plastilina.

Coa lectura especial dos alumnos e alumnas de 5º A na biblioteca, donde os libros os trasportaron ao seu mundo imaxinario, e os fixeron voar moi alto cantándolle ao oído...

E a semana que ven contarémoslle as nosas aventuras coa bruxa Mon. O profe Fernando tamén quere aportar a visión especial dos nenos e nenas de 6º B dunha fermosa poesía de LOIS PEREIRO.

Porque o bo traballo hai que saber compartilo. A que si?

martes, 17 de mayo de 2011

MANDALAS CELTAS





Dende o principio as diversas culturas empregaron os mandalas para conectar cos deuses. Representan a creación, a vida, a unión do individuo co Cosmos.  Tamén os celtas empregaron estes símbolos na súa cultura que axudan a: 
  • Estabilizar a mente
  • Observar a alma
  • Comunión co Espírito/Deus
  • Restablecer o equilibrio (exterior e interior)
  • Conexión a terra a nós mesmos...
 



Polo tanto os mandalas son unha porta aberta ao mundo espiritual, ao interior do ser humán.









Os monxes que realizaron o manuscrito de Kells, mezclaron os símbolos celtas cos cristiáns para buscar a perfección e unión das dúas culturas, do home  co Espiritu, con Deus, coa vida, co Cosmos.





Debuxos xeométricos inscritos nun círculo con distintos significado. Símbolo de sanación, meditación e oración.


Aquí tes unha selección de mandalas celtas para imprimir e colorear.

Mandalas Celtas










E si o prefires podes realizar mandalas en línea premendo na imaxe da dereita=>


sábado, 14 de mayo de 2011

O TRISKELE DE KELLS (XOGO EDUCATIVO)

Aquí temos un xogo de creación propia (non busques no mercado porque non está a venta). É o TRISKELE DE KELLS, baseado na película "O SEGREDO DE KELLS". 

En cada círculo do triskele hai un protagonista: AISLING, PANGUR BÁN E BRENDAN cos que vivirás aventuras e aprenderás moito máis. 

Temos dúas copias na aula e unha na Biblioteca así que xa imaxinades que contento está o Bibliorato, foi o primeiro en xogar!

Por se o queres imprimir na túa casa, aquí che queda unha copia do triskele, as normas e as tarxetas de probas e preguntas.
Xogo Do Triskele de Kells

miércoles, 11 de mayo de 2011

XOGOS DE CONCENTRACIÓN "O SEGREDO DE KELLS"

Hoxe vou presentar un xogos de concentración nos que se poñen  a proba a  capacidade de atención, paciencia e perseverancia.

No primeiro, serás capaz de atopar todos os números que aparecen no maravilloso bosque da fada Aisling,  protagonista da película "O SEGREDO DE KELLS"? Preme na imaxe e ármate de paciencia!

E... que tal se che dan os crebacabezas? Esta imaxe que che presento é unha das máis fermosas da película, dun impresionante colorido, representa ao Pai Aidán e a Brendan mentras ilustran o libro de Kells. Ánimo! Preme en Image para guiarte e en scatter para volver a intentalo unha vez completado.

domingo, 8 de mayo de 2011

CINE NO ENSINO: ACTIVIDADES PARA PRIMARIA PELÍCULA "O SEGREDO DO LIBRO DE KELLS"

Pangur Bán quere presentar unhas actividades que estamos a realizar na aula despois do visionado da película "O SEGREDO DO LIBRO DE KELLS".

Porque.. non é só ver senon aprender a ver.

Actividades Para Primaria Libro de Kells

miércoles, 4 de mayo de 2011

FACE2FACE: THE TREASURE ISLAND/A ILLA DO TESOURO

Na película de O SEGREDO DE KELLS, os vikingos, uns piratas normandos, chegaron a este pobo e arrasaron con todo. Deron co libro que estaban ilustrando os monxes e roubáronlle a portada de ouro e pedras preciosas, por eso non chegou ata os nosos días. Os vikingos fixeron incursións en  Irlanda dende os século VIII ao XI. 

Os Piratas sempre andaban a facer trastadas e pillerías, e roubaban todo o ouro que podían. Irlanda tamén foi cuna de piratas. Destacan as mulleres pirata: Grace O”™Malley “Gránuaile” e Anne Bonny.

Agora preséntoche a uns piratas especiais, os do grupo FACE2FACE que representaron unha versión libre da obra A ILLA DO TESOURO hoxe no multiusos.
(This story is about two pirates called MOD SEA DOG and LONG JOHN SILVER, who want to look for the treasure map. They find it and they fight over it and the map breaks. At the end, they find it after this, they sail the sea with more pirate stories)
 

lunes, 2 de mayo de 2011

A CANCIÓN DE AISLING

Aisling, a fada do bosque da película "O SEGREDO DO LIBRO DE KELLS" que representa o espírito dos bosques irlandeses, pertence aos TUATHA DÉ DANNAN (o pobo da deusa Dannan) e é a protagonista de moitos poemas da literatura irlandesa. O seu nome significa "SOÑO".

A canción que canta e que se escoita no Ipod do blog é un exemplo de encantamento, unha CAINTÉ.

Este é o seu significado


Está baseada nun proverbio irlandés antigo: "Nil sa saol seo ach ceo is ni bheimid beo ach seal beag gearr O MUNDO É VELLO E BRUMOSO E SÓ ESTAMOS NEL POR UN CORTO ESPACIO DE TEMPO", que seguramente observarías que na película "O SEGREDO DO LIBRO DE KELLS" repite moi a miudo o PAI AIDÁN.

Agora observa que a letra é unha mezcla de inglés e irlandés.

E que che parece  se a escoitas e intentas aprendela?


Grazas a MARTA VEY de Tá mé i mo chónaí i ríocht na sí
 
aladin