sábado, 18 de junio de 2011

MEMORIA DO CURSO

Quero despedir este curso lembrando as fermosas actividades que realizamos, todo o que aprendimos e os nosos soños cumplidos.

Atrás quedan moitas horas de traballo, na aula, nos recreos, na casa, sábados, domingos, festivos, vacacións... 

Porque un mestre que traballa coas TIC ten que buscar material, preparar as clases, montar vídeos, pelexar coas páxinas web, navegar por internet, relacionarse con outros blogs... 

Pero veredes, lendo esto, como é que todo o esforzo e horas empregadas, lectivas e non lectivas, merecen a pena. A EDUCACIÓN DOS RAPACES DEBE SER O MÁIS IMPORTANTE. E sabedes? Se un fai a un neno feliz, fai un adulto responsable.

FELICES VACACIÓNS A TOD@S! Disfrutade repasando a maioría do noso traballo!(Vai baixando co rato para ler toda a nota, podes dar play aos videos e velos, ou premer neles para youtube)

viernes, 17 de junio de 2011

UNHA REVISTA E BANDA DESEÑADA NA NOSA ESCOLA

Agora que está a rematar o curso quixera presentar o noso último traballo: o LIBRO DA LUZ; un libro feito por nós para ensinar a ser mellores persoas e a atopar o noso camiño. Valores en 12contos:  
  • O AGASALLO MÁIS VALIOSO
  • O AGASALLO DA AVOA
  • O PRÍNCIPE QUE PERDOOU AO SEU INIMIGO
  • O PAN MÁIS PEQUENO
  • OS OLLOS DO CORAZÓN
  • A MELLOR AUGA DO MUNDO
  • A ANCIÁ QUE SEMENTABA FELICIDADE
  • OS DOUS REIS
  • O PAÍS DAS RIQUEZAS
  • AS TRES COMETAS
  • A CADEA MÁXICA
  • A ESTRELA DE DEUS
Os rapaces de terceiro ciclo puxeron toda a súa ilusión e esforzo en facer estas historias en banda deseñada. 
(Para ver mellor preme no cadrado e amplia coa lupa, se lle das a roda do rato amplia moito máis)



E agora que te parece se lle votas unha ollada a nosa revista "O LARETEIRO DO XALLAS"

martes, 14 de junio de 2011

SUPERHEROES (DESPEDIDA DE ALUMN@S DE SEXTO)

Nestes nove anos que estivemos xuntos no colexio sentinme como unha superheroína que se enfrentaba a ataques, perigos, problemas, retos, desafíos... e ... sabedes?

Sempre os superaba!

Porque a forza de vontade, o apoio, a comprensión e o cariño deste equipo foi indestructible e insuperable.

Que non me credes? Pois aquí  tedes a SUPERCONTADORA!





Grazas queridos  alumn@s, sin vós eu non sería así.
Vós sodes os verdadeiros superheroes!

lunes, 13 de junio de 2011

COMIC BOOK "O SEGREDO DE KELLS"

Unha das actividades que estamos a realizar a raíz do visionado da película "O SEGREDO DE KELLS" é a elaboración de cómics por parte dos alumn@s de 3º ciclo. Están a preparar un libro con 12 historias en banda deseñada. Un libro que, como o de Kells, servirános de guía na vida e traerá a luz aos nosos corazóns. 


Mentras están a traballar que te parece se lle botas unha ollada a este COMIC BOOK, creado por TOMM MOORE, donde se narra as orixes de  Brendan, como e por que apareceu no mosteiro de Kells?


Lembra que Brendan é o protagonista da película que vivía no mosteiro co seu tío o Abad. (Preme na imaxe e alucina!)


jueves, 9 de junio de 2011

TALLER DE RIMAS CON JHARECK

Hoxe tivemos a visita de Jhareck (Iago Rey), o rapeiro que o ano pasado veu impartir un taller de rap e poesía e de aí xurdiu o noso rap do libro.

Este ano co seu taller de rimas tod@s disfrutamos e intentamos levar os nosos soños a un papel, escribilos e compartilos. Os soños de facer un mundo mellor para nós.

Primeiro presenteunos unha proposta nun video: PENSA UNHA IDEA PARA CAMBIAR O MUNDO E PONA EN PRÁCTICA.


Ese é o noso soño e nós ímolo cumprir con poesía.

O primeiro paso foi apuntar nun papel todas aquelas cousas que queríamos cambiar no mundo, que non nos gustan.

Logo elexir un tema e facer unha rima por grupos. Para darnos unha pista escoitamos a canción de ZPu "He tenido un sueño".



Finalmente as nosas rimas aparecen nunha poesía visual donde cada verso é o nervio dunha folla.


Aquí che deixamos as fotos desta experiencia inolvidable, nunha presentación moi emotiva, e que nos deixou con ganas de máis.
Grazas Jhareck pola túa paciencia, ilusión e dedicación.

lunes, 6 de junio de 2011

MICRORELATO DOS ALUMN@S DO CEIP BARRIÉ DE LA MAZA

Hoxe quero presentaros unha actividade que realizamos na aula a partir do conto "O SEGREDO DA ILLA DE SAN BORONDÓN". É un conto encadenado titulado: "AVENTURAS NA ILLA DE SAN BORONDÓN"

Nun conto encadenado hai que partir dunha idea, neste caso os alumn@s de 3º A foron os primeiros, e logo os seguintes van aportando as súas historias ata formar un relato. Os alumnos de 2º A, 2º B e 4ºA foron os encargados deste traballo. 

Torbellino de ideas, imaxinación a raudales, creatividade, ganas de traballar, ilusión, fantasía...  e unha profesora detrás que cada día se sorprende máis co que podedes aportar. Sodes estupendos!

Aquí tedes o magnífico resultado.Preme no cadrado para velo en pantalla completa. (Atentos ao final porque o xoves haberá, para os alumnos de 6º de primaria, unha proposta con este tema)

viernes, 3 de junio de 2011

ACTIVIDADES CO TESOURO DE SAN BORONDÓN

A estas alturas xa sabemos todos cal é o tesouro de San Borondón: a beleza da poesía, da escritura, das obras de arte, o placer da lectura dun libro, a imaxinación dos poetas, escritores... A FELICIDADE QUE NOS TRAE ESTA BELEZA... porque alí vive a Musa da Poesía. (Ver o conto da entrada anterior)

 Apetéceche xogar co seu tesouro?

Aquí che deixo as ilustracións orixinais das fabulosas artistas de 6ºA, podes imprimilas e colorealas. Tamén podes escibir ti outra historia, baseada nesta ou inspirada pola musa.

ILUSTRACIONES BORONDÓN

E agora este xogo está especialmente adicado aos meus alumn@s de segundo de primaria. Para recuperar o tesouro de San Borondón hai que superar probas donde se traballarán os números do 1 ao 9, as figuras (cadrado, círculo, triángulo, estrella, corazón e rectángulo, e as seriacións.

Serás capaz de chegar ata o final?



 
aladin