domingo, 25 de septiembre de 2011

O SANTUARIO DO SHELLYCOAT: A SÚA GRUTA, O SEU BAÚL, UN ABECEDARIO ESPECIAL E UNHA BIBLIOTECA VIRTUAL.

Temos un recanto moi especial na aula no que estamos baixo o mar. Que non o cres? Pois admira o marabilloso mundo marino do noso teito!

BAIXO O MAR


Neste lugar ten o noso amigo SHELLYCOAT a súa gruta cun baúl cheo de contos para compartir con nós. 

Gústache?

Que?


Que non ves ao Shellycoat?...














Que si, mira ben que aí o está. Velo agora?

A colección de cunchas e buguinas do SHELLYCOAT ven cargada de valores e cun abecedario moi especial que alza a súa voz. Unha voz que che invita a ser mellor persoa e a unirte a ela nas túas accións e no seu canto. Mira o video e verás o agasallo tan fermoso que che espera.



E para rematar o máis importante. Aquí tes a colección de contos do SHELLYCOAT, unha biblioteca virtual en GOOGLE MAPS no que percorrerás o mundo aprendendo moito. En total son 129 CONTOS: NARRADOS, EN VIDEO, CURTAS, CANCIÓNS... relacionados coa auga e os seus estados. Deles 34 son propios do noso colexio O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA.

 Imos poñelo debaixo da cabeceira do blog para que cando accedas a él o teñas a man e poidas viaxar a donde ti queiras. (navega coas frechas de arriba para abaixo e preme nos puntos de cores para abrir o video correspondente ao conto)

Ver OS CONTOS DO SHELLYCOAT en un mapa más grande

GRAZAS ESPECIAIS AO ARTISTA JORGE MORAIS VALLE, AUTOR DA CURTA "O PINTOR DE CEOS", QUE NOS MANDOU TODO O MATERIAL DO SEU TRABALLO E DOU O SEU PERMISO PARA QUE POIDESE FORMAR PARTE DESTE PROXECTO.

domingo, 18 de septiembre de 2011

A CHAMADA DA BUGUINA, A CHAMADA DO OCÉANO

Cantas aventuras vivimos no CAZATESOUROS no que tiñamos que conseguir a segunda buguina custodiada, en Irlanda, por Ainé, Dama da Lúa e segunda chave a Avalón. Por fin aquí a temos! Pero,antes de dar a súa mensaxe, quere que coñezas mellor  a súa especie así que le, con atención, este cartel.


 

Xa observaches que esta cunchiña con forma de espiral é moi fermosa e variada. 


Anímaste a decorala? A esquerda tes unha lámina para imprimir e adornar coa túa creatividade e imaxinación.
Agora que sabes máis sobre buguinas xa estás preparad@ para oír a súa mensaxe. Pon moita, moita atención porque é moi, moi importante.





VAIA MISIÓN! TEMOS QUE ROMPER UN FEITIZO! 
EU CREO QUE PARA CONSEGUILO HAI QUE COÑECER BEN O OCÉANO A QUE SÍ?

CON PALABRAS É IMPOSIBLE DESCRIBILO HAI QUE VIVILO. POR ESO O SHELLYCOAT O FARÁ, PRÓXIMAMENTE, COS CONTOS DAS SÚAS CUNCHIÑAS E BUGUINAS. PERO… SE QUERES UN ADIANTO AQUÍ O TES.

Preme na imaxe e alucina!


lunes, 12 de septiembre de 2011

CAZA TESOUROS: NA PROCURA DA BUGUINA

Vaia comezo de curso máis apaixonante! Os rapaces e rapazas de sexto foron os primeiros en pasar unha das probas do Shellycoat (descubrir as trastadas que fixo na súa canción). E, agora, tamén son os primeiros en aceptar o seu reto  e ir na procura da buguina, segunda chave da porta a Avalón, situada en Irlanda e custodiada por Ainé.

A través deste cazatesouros, percorrendo todo o país irlandés, temos que pasar por diversas probas. Este é un traballo en equipo e é moi importante que todos o grupos logremos superalas con éxito.

A continuación tedes o cazatesouros coas normas por se o queredes imprimir e xogar tamén na casa cos vosos pais.
CAZATESOUROS

E estes son os preciosos contos irlandeses, que forman parte deste traballo,  ilustrados polos alumnos de 4ºA (actual 5ºA), 4ºB (actual 5ºB), 5ºC (actual 6ºC) e 5ºB (actual 6ºB). (Preme en cada video para ver e logo podes amplialo).

Watch videos at Vodpod and more of my videos
 
aladin