lunes, 12 de septiembre de 2011

CAZA TESOUROS: NA PROCURA DA BUGUINA

Vaia comezo de curso máis apaixonante! Os rapaces e rapazas de sexto foron os primeiros en pasar unha das probas do Shellycoat (descubrir as trastadas que fixo na súa canción). E, agora, tamén son os primeiros en aceptar o seu reto  e ir na procura da buguina, segunda chave da porta a Avalón, situada en Irlanda e custodiada por Ainé.

A través deste cazatesouros, percorrendo todo o país irlandés, temos que pasar por diversas probas. Este é un traballo en equipo e é moi importante que todos o grupos logremos superalas con éxito.

A continuación tedes o cazatesouros coas normas por se o queredes imprimir e xogar tamén na casa cos vosos pais.
CAZATESOUROS

E estes son os preciosos contos irlandeses, que forman parte deste traballo,  ilustrados polos alumnos de 4ºA (actual 5ºA), 4ºB (actual 5ºB), 5ºC (actual 6ºC) e 5ºB (actual 6ºB). (Preme en cada video para ver e logo podes amplialo).

Watch videos at Vodpod and more of my videos

No hay comentarios:

 
aladin