domingo, 25 de septiembre de 2011

O SANTUARIO DO SHELLYCOAT: A SÚA GRUTA, O SEU BAÚL, UN ABECEDARIO ESPECIAL E UNHA BIBLIOTECA VIRTUAL.

Temos un recanto moi especial na aula no que estamos baixo o mar. Que non o cres? Pois admira o marabilloso mundo marino do noso teito!

BAIXO O MAR


Neste lugar ten o noso amigo SHELLYCOAT a súa gruta cun baúl cheo de contos para compartir con nós. 

Gústache?

Que?


Que non ves ao Shellycoat?...














Que si, mira ben que aí o está. Velo agora?

A colección de cunchas e buguinas do SHELLYCOAT ven cargada de valores e cun abecedario moi especial que alza a súa voz. Unha voz que che invita a ser mellor persoa e a unirte a ela nas túas accións e no seu canto. Mira o video e verás o agasallo tan fermoso que che espera.



E para rematar o máis importante. Aquí tes a colección de contos do SHELLYCOAT, unha biblioteca virtual en GOOGLE MAPS no que percorrerás o mundo aprendendo moito. En total son 129 CONTOS: NARRADOS, EN VIDEO, CURTAS, CANCIÓNS... relacionados coa auga e os seus estados. Deles 34 son propios do noso colexio O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA.

 Imos poñelo debaixo da cabeceira do blog para que cando accedas a él o teñas a man e poidas viaxar a donde ti queiras. (navega coas frechas de arriba para abaixo e preme nos puntos de cores para abrir o video correspondente ao conto)

Ver OS CONTOS DO SHELLYCOAT en un mapa más grande

GRAZAS ESPECIAIS AO ARTISTA JORGE MORAIS VALLE, AUTOR DA CURTA "O PINTOR DE CEOS", QUE NOS MANDOU TODO O MATERIAL DO SEU TRABALLO E DOU O SEU PERMISO PARA QUE POIDESE FORMAR PARTE DESTE PROXECTO.

No hay comentarios:

 
aladin