sábado, 29 de octubre de 2011

VEN A NADAR!

No mes de novembro a nosa Biblioteca terá unha chea de visitantes: O SHELLYCOAT, A DAMA DO LAGO, O MAGO MERLÍN E MORGANA; serán os protagonistas dunha chea de aventuras! Aquí tes o programa.
E a canción que nos acompañará, nesta ocasión, é unha versión moi especial de "ON THE FLOOR" de JENNIFER LOPEz e PITBULL, cantada polo SHELLYCOAT e A DAMA DO LAGO. Soará pola megafonía do centro para avisar de que comeza a sesión de contacontos.



Espérovos a tod@s! Pero non quero despedirme sen antes desexarvos, eu e o meu equipo, un BO SAMAÍN!

domingo, 23 de octubre de 2011

1ª ENSINANZA DA DAMA DO LAGO: O MAGO MERLÍN, A COPA, A ALQUIMIA E A TRANSFORMACIÓN

Desta volta A DAMA DO LAGO quere presentar ao seu amigo o MAGO MERLÍN, mestre de alquimia. Que non sabes o que significa esta palabra? Pois ALQUIMIA é transformación, ou o que é o mesmo AMOR.
Image and video hosting by TinyPic
Os magos buscaban converter o chumbo en ouro é dicir, TRANSFORMAR aos SERES HUMANOS EN OURO. Converter o noso temor, ignorancia, odio e vergoña no máis precioso: O AMOR E A REALIZACIÓN.

O SANTO GRAAL é a copa que empregou Xesús na última cea, que contén o sangue de Cristo e que Xosé de Arimatea levou a Avalón para que O MAGO MERLÍN o custodiase. Santo Graal e ALQUIMIA son o mesmo. Os cabaleiros do REI ARTURO buscaban o Santo Graal ou sexa a transformación, O AMOR. Só SIR GALAHAD foi digno de conseguilo.

Sabes que a túa mestra é tamén unha ALQUIMISTA como MERLÍN? Un mestre que nos ensina a converternos en seres libres cheos de amor é un alquimista e sempre o foi.

Pero para que entendas isto mellor, que che parece se ves este relato?

E lembra sempre esta ensinanza. Déixate levar pola vida DON´T WORRY, QUE MALO SERÁ!

domingo, 16 de octubre de 2011

A DAMA DO LAGO

E por fin chegou o momento. Rapaces e rapazas preséntovos á DAMA DO LAGO!Image and video hosting by TinyPic O seu nome é VIVIANE e simboliza a sabedoría. Ela é a que nos vai otorgar os dons do coñecemento espiritual, do poder e da forza que xurden dende as profundidades do lago é decir da nosa alma.

Fará que sexamos dignos da espada da luz (EXCALIBUR, a espada do REI ARTURO) a través da cal seremos capaces de sentir o AMOR de maneira que nos axude a  cumplir a nosa misión, como seres humanos, e ser excelentes GUERREIROS DA LUZ.

Aquí a temos tan contenta na nosa aula.
Por suposto ven cunha sorpresa. Unha fermosa canción que nos acompañará durante o curso no ipod do blog e que se convertirá no noso himno de paz. Queres aprendela?

domingo, 9 de octubre de 2011

A BARCA DE AVALÓN

Image and video hosting by TinyPic

Esta semana atoparás na aula unha barca moi especial: A BARCA DE AVALÓN. Último paso que nos levará a DAMA DO LAGO e  a illa de Avalón.

Nela imos deixar unha folla co nome, e unha descripción nosa na actualidade. Como somos, o que nos gusta, por que somos importantes... Esto é necesario para coñecernos ben e, sobre todo, afondar no noso interior. 

Ao final do curso, despois de todas estas ensinanzas e da iniciación en Avalón cubriremos outra e a compararemos... Xa veredes o cambio e a vosa evolución!

Aquí vos deixo o modelo que me pasou a profe Conchita de "Blogmaníacos"
Agora... Colle a barca e fai unha viaxe pola túa alma!

domingo, 2 de octubre de 2011

O XARDÍN DE AVALÓN

Temos outro recanto na aula que transformamos nun xardín especial: O XARDÍN DE AVALÓN, e que está a esperar a chegada da DAMA DO LAGO para abrirnos as súas portas.

Este xardín está cheo de maceiras porque o símbolo de AVALÓN, país do amor, da paz e da sabedoría, son as mazás.

Queres botarlle unha ollada e relaxarte? (Preme no icono do sonido para escoitar a música)

Neste lugar realizamos unha cerimonia moi fermosa: O RITUAL DE MABÓN, a festa celta das colleitas, da xenerosidade, da vendimia, da morte e renacemento, a festa das mazás, A FESTA DE AVALÓN
Escoitamos, e cantamos, a canción  sobre Avalón e logo coloreamos unha mazá para colocala nas árbores. Esta mazá representa unha promesa: a de comportarnos correctamente, ter ilusión, ánimo, e traballar moito durante todo o curso para ser dignos de Avalón.

Aquí che deixamos o noso ritual-meditación por se che apetece facelo na casa.


Ritual Mabon

E, coma sempre, deixamos o mellor para o final.  Seguro que tes curiosidade por saber que fai un dragón no xardín de Avalón e como se chama. Pois escoita atentamente e o descubrirás...
 
aladin