miércoles, 21 de diciembre de 2011

NADAL DISCO

Último día deste trimestre e vaia tardiña máis marchosa que tivemos no noso NADAL DISCO, onde disfrutamos con  proxeccións de videos da nosa música preferida e pasámolo de medo!

A que sí?

Pero o máis fermoso de todo foi a introducción a esta festa:

* Un Canto de Nadal galego recollido en Cícere e ilustrado polos alumnos de 5º A.




* E a adaptación ao galego da canción de LA OREJA DE VAN GOGH E OS CLANNERS "LA LUZ QUE NACE EN TÍ"; interpretada a dúo con ALICIA de 6º A (vaia voz máis fermosa que ten!
FELICES VACACIÓNS A TOD@S!

jueves, 15 de diciembre de 2011

REALMENTE... SÓ NECESITAS AMOR!

Pois sí amiguiños! SÓ NECESITAS AMOR! Así é como remata o  conto "MISTERIO DE NADAL" co que abríamos a semana.

O AMOR é o agasallo máis fermoso que podes desexar! Se tes amor podes superar todas as dificultades. Ese é o segredo da felicidade.

Neste video poderás ver o denselace deste conto con esta mensaxe especial.(Adaptación ao galego da canción de THE BEATLES "ALL YOU NEED IS LOVE"-COLABORACIÓN POR ORDE DE APARICIÓN: 4ºB, 2º B, 5ºB, Directora e Inma (Profe de Música), 6ºC, 6º B, 5º A e Jessica e Nacho (irmáns



E... sabes? O Neno Xesús do noso Belén, no fondo do mar, estes días, recibiu moito, moito deste sentimento xa que viñeron todos os nen@s de Educación Infantil a visitalo e viviron moitas aventuras con él: escoitaron un conto, cantaron panxoliñas, comeron galletas e chocolate, trouxeron debuxos... Que guapos están  nestas fotos!

E para que comprobes o ben que cantaron aquí tes dúas actuacións

lunes, 12 de diciembre de 2011

CONTO DE NADAL CON SABOR A MAR


CHARLES DICKENS é un escritor inglés autor dun famoso relato "CONTO DE NADAL" (A CHRISTMAS CAROL) no que o Espírito do Nadal ensina o segredo da felicidade. Aquí, no noso Belén no fondo do mar imos descubrir ese segredo a través dun conto titulado "MISTERIO DE NADAL" que che vai encantar, só que... TERÁS QUE ESPERAR POLO FINAL PORQUE... VAI SER ESPECTACULAR!

viernes, 9 de diciembre de 2011

PANXOLIÑAS A CARÓN DO NOSO BELÉN BAIXO O MAR

O Espírito do Nadal trae alegría, felicidade, paz, amizade... Hoxe son unha DJ cunha selección de fermosas panxoliñas escenificadas polos grupos de 1º B, 2º A, 2ºB, 3º A, 3º B e 3º C que aportan todos estes sentimentos. Agora que somos uns artistas da canción para outra volta intentaremos cantalas nós en galego.






A carón do noso Belén baixo o mar que máis soños se cumprirán?
(Preme en cada video para velo e logo en ampliar para agrandalo)

Watch videos at Vodpod and more of my videos

domingo, 4 de diciembre de 2011

MAMMA MIA, VAIA BELÉN!

Ola rapaces! Xa sabedes que estamos a recibir o Espírito do Nadal cunha fermosa meditación e aportando os nosos soños e desexos ao POZO DOS DESEXOS DE AVALÓN. E aquí me tedes escribindo os meus!


A verdade é que o pozo estase enchendo. Cantos soños e ilusións tedes no voso corazón!

Pero o soño que máis me gusta, polo de agora, é un que acabades de cumprir: UN BELÉN BAIXO O MAR!

Neste Belén, feito de plastilina e que ten máis de 200 figuras entre as que destacamos O APALPADOR, A DAMA DO LAGO, MERLÍN, O SHELLYCOAT, SANTA CLAUS, OS REIS MAGOS... participaron os seguintes grupos: 3º B(praderías marinas) 4º A (decoración das cunchiñas do Portal), 4º B (algas e corais), 5º A e 5º B (animais marinos), 6º A, 6º B e 6º C (animais marinos e figuras).

Aquí o tedes presentado nun divertido video e acompañado dunha canción na que recoñecerás as voces de ÉRIKA, LAURA, ANALÍA, INÉS, LARA e NEREA de 5ºA.

 
aladin