domingo, 4 de diciembre de 2011

MAMMA MIA, VAIA BELÉN!

Ola rapaces! Xa sabedes que estamos a recibir o Espírito do Nadal cunha fermosa meditación e aportando os nosos soños e desexos ao POZO DOS DESEXOS DE AVALÓN. E aquí me tedes escribindo os meus!


A verdade é que o pozo estase enchendo. Cantos soños e ilusións tedes no voso corazón!

Pero o soño que máis me gusta, polo de agora, é un que acabades de cumprir: UN BELÉN BAIXO O MAR!

Neste Belén, feito de plastilina e que ten máis de 200 figuras entre as que destacamos O APALPADOR, A DAMA DO LAGO, MERLÍN, O SHELLYCOAT, SANTA CLAUS, OS REIS MAGOS... participaron os seguintes grupos: 3º B(praderías marinas) 4º A (decoración das cunchiñas do Portal), 4º B (algas e corais), 5º A e 5º B (animais marinos), 6º A, 6º B e 6º C (animais marinos e figuras).

Aquí o tedes presentado nun divertido video e acompañado dunha canción na que recoñecerás as voces de ÉRIKA, LAURA, ANALÍA, INÉS, LARA e NEREA de 5ºA.

No hay comentarios:

 
aladin