jueves, 27 de enero de 2011

ZAPATOS POLA PAZ

Aquí temos por fin a exposición cos nosos zapatos. Aqueles que os leprechauns nos dixeron que trouxeramos adornados e cun tesouro dentro.

Vaia tesouros que atoparon! Mensaxes bonitos, poesías, caramelos, chistes, adiviñas, lápices, pinturas, debuxos... Todos, todos feitos co tesouro máis grande: O DO VOSO CORAZÓN. Non podedes imaxinar como están os leprechauns de contentos! Tanto, tanto que se premedes na imaxe de arriba  podedes facer un bonito puzzle que vos regalan con todo o seu cariño.

RECEITA DA CONVIVENCIA

O noso leprechaun Zuimik esta semana decidiu deixar no meu zapato unha receita. Quere que nos convirtamos nuns expertos cociñeiros da convivencia. A verdade é que ten uns ingredientes moi, moi interesantes: tolerancia e un pouco de paciencia.


Escoita con atención a receita e pon a funcionar as pilas da túa cabeza porque... a que se che ocurre a ti algún ingrediente máis? Os bos cociñeiros sempre andan a experimentar así que xa sabes!

 
aladin