lunes, 14 de febrero de 2011

SAN VALENTÍN ESTÁ EN DUBLÍN, IRLANDA

Sabías que as reliquias de San Valentín están en Dublín, na igrexa carmelita de Whitefriar Street?


Cada ano cara ao 14 de febreiro esta igrexa ve como miles de visitantes acoden, especialmente parellas. Aquí sitúanse os restos de San Valentín, xunto cun pequeno vaso tinguido co seu sangue e algúns outros obxectos.


O 10 de novembro de 1836 o relicario que contén os restos chegaron a Dublín, e foron levados en procesión solemne a Whitefriar Church Street, onde foron recibidos polo arcebispo Murray de Dublín.



O relicario foi un agasallo do Papa Gregorio XVI ao irlandés carmelita John Spratt, que era famoso polas súas oracións e prédicas. Coa morte do Pai Spratt o interese nas reliquias apagouse e almacenáronse no esquecemento.


Durante unha renovación importante da igrexa na década de 1950 as reliquias foron devoltas á fama cun altar e o santuario que se construíu para aloxalos e onde poden ser venerados.


Hai unha estatua esculpida por Irene Broe que representa ao santo na vestimenta vermella dun mártir e leva unha folla de palma nas man


E que? Apeteceche dar agora un paseo por Dublín?
 
aladin