jueves, 31 de marzo de 2011

MEDITACIÓN POÉTICA e REIKI

Os maiores do cole, os rapaces e rapazas de sexto, están experimentando unha meditación especial: unha mezcla de REIKI e poesía.

REIKI É AMOR, aprender a escoitar e axudar a todas as persoas, é pedir enerxia e luz dende o corazón porque O AMOR NUNCA DAÑA A NINGUÉN.



Agora comprendes? Ti podes facer Reiki en calquera momento. Sempre que desexas algo bo fas Reiki, e sobre todo, se estás en contacto cun mestre de Reiki como é o caso.

A música de JEAN-PILIPPOE RYKIEL e o LAMA GYURME cos seus cantos pola paz, foi a nosa guía, luz e compañía na primeira parte da meditación. 




Na segunda parte, as poesías de JORGE GUILLÉN (La perfección), PEDRO SALINAS (El alma tenías), LUIS CERNUDA (Viviendo sueños), ANTONIO MACHADO (Meditación) e LUIS DE GÓNGORA (Mientras por compartir) cantadas por VICENTE MONERA, completaron esta meditación.


Realmente rematamos relaxados, e cargados de enerxía. Coa satisfacción de axudar a todos os seres sintientes do planeta e de levar a nosa luz ao mundo.

Permite que esta mestra de Reiki garde en segredo esta meditación. Só podo añadir que esta experiencia é única e un refuxio ante os problemas que se plantexan na vida. Cando chegues a sexto estareite esperando con este tesouro que todos os días se pon en práctica nos murais que facemos, contos, cancións, exercicios, no blog... Todo o traballo desta profe está irradiando REIKI.

BICOS CARGADOS DE POESÍA E ENERXÍA POSITIVA
 
aladin