jueves, 9 de junio de 2011

TALLER DE RIMAS CON JHARECK

Hoxe tivemos a visita de Jhareck (Iago Rey), o rapeiro que o ano pasado veu impartir un taller de rap e poesía e de aí xurdiu o noso rap do libro.

Este ano co seu taller de rimas tod@s disfrutamos e intentamos levar os nosos soños a un papel, escribilos e compartilos. Os soños de facer un mundo mellor para nós.

Primeiro presenteunos unha proposta nun video: PENSA UNHA IDEA PARA CAMBIAR O MUNDO E PONA EN PRÁCTICA.


Ese é o noso soño e nós ímolo cumprir con poesía.

O primeiro paso foi apuntar nun papel todas aquelas cousas que queríamos cambiar no mundo, que non nos gustan.

Logo elexir un tema e facer unha rima por grupos. Para darnos unha pista escoitamos a canción de ZPu "He tenido un sueño".



Finalmente as nosas rimas aparecen nunha poesía visual donde cada verso é o nervio dunha folla.


Aquí che deixamos as fotos desta experiencia inolvidable, nunha presentación moi emotiva, e que nos deixou con ganas de máis.
Grazas Jhareck pola túa paciencia, ilusión e dedicación.
 
aladin