domingo, 2 de octubre de 2011

O XARDÍN DE AVALÓN

Temos outro recanto na aula que transformamos nun xardín especial: O XARDÍN DE AVALÓN, e que está a esperar a chegada da DAMA DO LAGO para abrirnos as súas portas.

Este xardín está cheo de maceiras porque o símbolo de AVALÓN, país do amor, da paz e da sabedoría, son as mazás.

Queres botarlle unha ollada e relaxarte? (Preme no icono do sonido para escoitar a música)

Neste lugar realizamos unha cerimonia moi fermosa: O RITUAL DE MABÓN, a festa celta das colleitas, da xenerosidade, da vendimia, da morte e renacemento, a festa das mazás, A FESTA DE AVALÓN
Escoitamos, e cantamos, a canción  sobre Avalón e logo coloreamos unha mazá para colocala nas árbores. Esta mazá representa unha promesa: a de comportarnos correctamente, ter ilusión, ánimo, e traballar moito durante todo o curso para ser dignos de Avalón.

Aquí che deixamos o noso ritual-meditación por se che apetece facelo na casa.


Ritual Mabon

E, coma sempre, deixamos o mellor para o final.  Seguro que tes curiosidade por saber que fai un dragón no xardín de Avalón e como se chama. Pois escoita atentamente e o descubrirás...
 
aladin