domingo, 23 de octubre de 2011

1ª ENSINANZA DA DAMA DO LAGO: O MAGO MERLÍN, A COPA, A ALQUIMIA E A TRANSFORMACIÓN

Desta volta A DAMA DO LAGO quere presentar ao seu amigo o MAGO MERLÍN, mestre de alquimia. Que non sabes o que significa esta palabra? Pois ALQUIMIA é transformación, ou o que é o mesmo AMOR.
Image and video hosting by TinyPic
Os magos buscaban converter o chumbo en ouro é dicir, TRANSFORMAR aos SERES HUMANOS EN OURO. Converter o noso temor, ignorancia, odio e vergoña no máis precioso: O AMOR E A REALIZACIÓN.

O SANTO GRAAL é a copa que empregou Xesús na última cea, que contén o sangue de Cristo e que Xosé de Arimatea levou a Avalón para que O MAGO MERLÍN o custodiase. Santo Graal e ALQUIMIA son o mesmo. Os cabaleiros do REI ARTURO buscaban o Santo Graal ou sexa a transformación, O AMOR. Só SIR GALAHAD foi digno de conseguilo.

Sabes que a túa mestra é tamén unha ALQUIMISTA como MERLÍN? Un mestre que nos ensina a converternos en seres libres cheos de amor é un alquimista e sempre o foi.

Pero para que entendas isto mellor, que che parece se ves este relato?

E lembra sempre esta ensinanza. Déixate levar pola vida DON´T WORRY, QUE MALO SERÁ!
 
aladin