domingo, 29 de enero de 2012

CURTAMETRAXE: A PANTASMA DA RISA (DÍA DA PAZ)

O 30 de Xaneiro é cando  se conmemora O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA e aquí me tedes repartindo amor e sorrisos polo mundo.

Sabedes que sorrir é a mellor menciña e que non se atopa nas farmacias? Os científicos recomendan sorrir un mínimo de 15 minutos ao día para mellorar a nosa saude física e emocional. Calquera cousa vale dende un chiste a unha película cómica. 

A risa é un excelente remedio contra a guerra e un instrumento da paz. Por iso abriremos a caixa dos sorrisos, aquela que traerá a paz, a sorte e momentos agradables a nosa vida. E farémolo da man dunha pantasma moi especial, protagonista desta curta que vos presentan os alumn@s de 6º A e que vos encantará.
Image and video hosting by TinyPic

WILLIAN SHAKESPEARE decía: É MÁIS FÁCIL OBTER O QUE SE DESEXA CUN SORRISO QUE COA PUNTA DA ESPADA. Así que xa sabedes... SORRIR OU NON SORRIR! ESA É A CUESTIÓN. Que elexides?

(Se premes na frase de Shakespeare irás a unha meditación especial GLOBO FLOTANTE(PREPARATORIA PARA AS TÉCNICAS DE RISOTERAPIA QUE TRABALLAREMOS NA AULA)

miércoles, 25 de enero de 2012

ABRAZAR e MEDITAR CON ÁRBORES

Xa levamos un tempo aprendendo a percibir a enerxía en cada un e en todo: xente, plantas, animais. De modo que, agora, cando camiñamos entre as árbores nun parque ou nun bosque podemos sentir a súa enerxía, xa non custa nada. A que non? (fragmentos da película as 9 revelacións)



Sabías que xa os celtas crían que cada árbore poseía un espírito sabio cuio rostro podía verse na súa codia e a súa voz podía escoitarse no son das follas movéndose con vento?

ARBORES
Cando vaias de paseo escolle unha árbore, dalle unha aperta e sinte a súa enerxía. Preséntate e dalle as grazas polo osíxeno que nos da, pola sombra, pola leña...Cóntalle as túas inquedanzas, reláxate e verás que experiencia tan marabillosa.

viernes, 20 de enero de 2012

CURTA "O MAXIVIRUS"

Aquí me tedes facendo unha sesión de fotos aos alumn@s de 6º C, actores protagonistas da nosa primeira curta titulada "O MAXIVIRUS" e que pronto se farán moi famosos.

Baixo a dirección da CONTADORA DE SOÑOS e do cámara SANTIAGO presentan esta historia que conta a orixe das apertas, bicos, sorrisos... 

Simplemente "IMPRESIONANTE"




Fonte: CUENTOS PARA DORMIR-CUENTOS CORTOS CON VALORES

lunes, 16 de enero de 2012

A RUMBA DAS APERTAS

Ola! Atopei na biblioteca do cole este libro titulado "ABRÁZAME" de KATHLEEN KEATING que trata sobre os beneficios das apertas.

O que máis me gusta é o apartado que fala sobre os distintos tipos de apertas. Sabes que coñecer esto é necesario para ser excelentes apertaterapeutas?

Neste video que fixemos, basado neste libro, poderás aprender  sobre as clases de apertas e, sobre todo, sorrir moito, moito. A canción que o acompaña é A RUMBA DAS APERTAS, do libro de MAGÍN BLANCO "A NENA E O GRILO".
(Premendo no título da canción irás a unha meditación especial: BURBULLAS DE PAZ)

jueves, 12 de enero de 2012

APERTAS GRATIS

Levantate! Álzate e únete  ao movemento "FREE HUGS" ou "APERTAS GRATIS" que consiste en cambiar o mundo a través do poder amoroso dunha aperta.






Esta idea de regalar apertas orixinouse no ano 2001 cando Janson Hunter, ao morrer sua nái (unha muller que abrazaba á xente e daba amor a todo o mundo sen importar a raza nin o sexo) quiso continuar co seu exemplo.

Anos máis tarde, Juan Maan,  un rapaz que saía a regalar apertas  todos os xoves en Australia, fixo famosa esta ideoloxía e incluso foi acosado pola policia. Recolleu moitas firmas para presentar ante as autoridades e poder seguir repartindo apertas. Aquí tes a súa aventura!


Este movemento rompeu fronteiras e chegou a todos os países e, por suposto, tamén ao noso colexio. Apetéceche ver a nosa experiencia?

lunes, 9 de enero de 2012

A CAIXA DAS APERTAS

Benvid@s de novo ao cole! 

Neste trimestre seguiremos aprendendo sobre o AMOR INCONDICIONAL (AVALÓN) e farémolo cunhas caixas especiais (ver entrada anterior), que deberemos de encher con sentimentos, e que xa temos na aula.









A primeira que debemos de abrir e traballar é a das APERTAS. Sabedes que unha aperta é AMOR e ALEGRÍA? Que escorrenta a soedade, fortalece a autoestima, que calma os medos?  Que é ecolóxica, que non custa nada, que cura enfermidades, que é unha arte e... o que é o máis importante QUE EVITA A GUERRA?

Se non me credes, mirade este video para comprobalo.  Pero, antes, lembrade sempre que son necesarias 4 apertas para sobrevivir, 8 para manterse en pé e 12 para medrar
Image and video hosting by TinyPicAsí que... como diría WILLIAM SHAKESPEARE: *ABRAZAR OU NON ABRAZAR, ESA É A CUESTIÓN. Que elexides?
*(SE PREMES NA FRASE DE SHAKESPEARE IRÁS A UNHA MEDITACIÓN ESPECIAL)

lunes, 2 de enero de 2012

UN MAR DE SENTIMENTOS

Nestas datas, nas que os agasallos forman parte da nosa vida, non podemos esquecer que un paseo, un bico, un sorriso, un "quérote", un chiste, un conto, unha aperta... é algo moito máis valioso que calquera cousa material.

Espérovos a tod@s aquí para seguir soñando, aprendendo e compartindo experiencias fantásticas que nos fan medrar. Pero... neste video xa tedes un aperitivo do que imos traballar. Queres unha pista? Unhas caixas moi especiais, sentimentos, experiencias, apertas, bicos...
 Verás, verás...
 
aladin