Neste trimestre seguiremos aprendendo sobre o AMOR INCONDICIONAL (AVALÓN) e farémolo cunhas caixas especiais (ver entrada anterior), que deberemos de encher con sentimentos, e que xa temos na aula.
A primeira que debemos de abrir e traballar é a das APERTAS. Sabedes que unha aperta é AMOR e ALEGRÍA? Que escorrenta a soedade, fortalece a autoestima, que calma os medos? Que é ecolóxica, que non custa nada, que cura enfermidades, que é unha arte e... o que é o máis importante QUE EVITA A GUERRA?
Se non me credes, mirade este video para comprobalo. Pero, antes, lembrade sempre que son necesarias 4 apertas para sobrevivir, 8 para manterse en pé e 12 para medrar.
Así que... como diría WILLIAM SHAKESPEARE: *ABRAZAR OU NON ABRAZAR, ESA É A CUESTIÓN. Que elexides?
*(SE PREMES NA FRASE DE SHAKESPEARE IRÁS A UNHA MEDITACIÓN ESPECIAL)
Así que... como diría WILLIAM SHAKESPEARE: *ABRAZAR OU NON ABRAZAR, ESA É A CUESTIÓN. Que elexides?















0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada