O 30 de Xaneiro é cando se conmemora O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA e aquí me tedes repartindo amor e sorrisos polo mundo.
Sabedes que sorrir é a mellor menciña e que non se atopa nas farmacias? Os científicos recomendan sorrir un mínimo de 15 minutos ao día para mellorar a nosa saude física e emocional. Calquera cousa vale dende un chiste a unha película cómica.
A risa é un excelente remedio contra a guerra e un instrumento da paz. Por iso abriremos a caixa dos sorrisos, aquela que traerá a paz, a sorte e momentos agradables a nosa vida. E farémolo da man dunha pantasma moi especial, protagonista desta curta que vos presentan os alumn@s de 6º A e que vos encantará.

WILLIAN SHAKESPEARE decía: É MÁIS FÁCIL OBTER O QUE SE DESEXA CUN SORRISO QUE COA PUNTA DA ESPADA. Así que xa sabedes... SORRIR OU NON SORRIR! ESA É A CUESTIÓN. Que elexides?
(Se premes na frase de Shakespeare irás a unha meditación especial GLOBO FLOTANTE(PREPARATORIA PARA AS TÉCNICAS DE RISOTERAPIA QUE TRABALLAREMOS NA AULA)
(Se premes na frase de Shakespeare irás a unha meditación especial GLOBO FLOTANTE(PREPARATORIA PARA AS TÉCNICAS DE RISOTERAPIA QUE TRABALLAREMOS NA AULA)















0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada