viernes, 30 de marzo de 2012

O TEU SORRISO CAMBIARÁ O MUNDO!

Que contenta estou! Fernando, compañeiro de 3º Ciclo, tamén se une ao mundo das TICs na Educación e creou un blog chamado ENGARCHAR.T

(Preme na imaxe para acceder ao blog)

Dende aquí vennos este magnífico spot publicitario no que se anuncian sorrisos, un dos temas do noso proxecto "MAR DE SENTIMENTOS". 

Parabéns Fernando! Parabéns alumn@s de 5º A! E grazas por compartir con tod@s este fermoso traballo!


FELICES VACACIÓNS CON MILES DE SORRISOS!

martes, 27 de marzo de 2012

VALORES NA PELÍCULA "GNOMEO E XULIETA"

Que marabilla! Que ben se está neste fermoso xardín onde hai paz e harmonía! 

Un similar é o protagonista da película de GNOMEO E XULIETA... Mellor dito dóus xardíns! onde uns gnomos, vermellos e azuis, non son capaces de convivir en paz. 


Así é como o odio e a intolerancia destruen toda a fermosura.

Se seguiran os consellos das nosas LOVE SPOON "A TARTARUGA DA HARMONÍA" e "O EXTRATERRESTRE DA TOLERANCIA" eso non pasaría.


Nós analizamos moi ben este film e fixemos este vídeo cos valores que aparecen nel. A sección titúlase "EU APRENDÍN" e está presentada polos alumn@s de 6º de Primaria

Pronto estaredes de vacacións, aproveitade para descansar que, á volta, unha chea de aventuras nun xardín especial están a agardar por vós! Bicos.

sábado, 24 de marzo de 2012

BAILANDO O ROCK DO BO HUMOR e SHAKESPEARE NAS AULAS


Ei rapaces! Atópome na Biblioteca buscando todo tipo de información sobre o noso amigo WILLIAM SHAKESPEARE, que nos acompaña neste proxecto  "MAR DE SENTIMENTOS"

Fai moito tempo escribiu unha obra titulada ROMEO E XULIETA que remataba en traxedia, xa que esta parella de namorados non conseguía a felicidade debido a intolerancia das persoas que os rodeaban. 

Premendo na imaxe de abaixo podedes acceder a  un pequeno xogo sobre este escritor.

Na clase estamos a traballar a versión actualizada, e para nen@s, coa película GNOMEO E XULIETA onde hai un final tráxico? Para nada! Xa que unha parella de ananos de xardín non quere morrer por amor, como na historia de SHAKESPEARE, e deciden loitar para alcanzar a felicidade. 

Para celebrar o triunfo do amor bailan un rock que nós transformamos no rock do bo humor e que... 

 Será mellor que visionedes o vídeo e vexades o que pasa.

martes, 20 de marzo de 2012

O ROCK DO BO HUMOR, O ROCK DO CROCODILO

Chissss! Non fagades ruido que estou a gravar O ROCK DO BO HUMOR no meu estudio! Ah! Que non sabedes o que é?

Pois é unha canción que nos presenta outra LOVE SPOON, neste caso o CROCODILO DO BO HUMOR para que, ao seu ritmo, esquezamos todas as penas.

Este ROCK é unha adaptación, ao galego, da canción de ELTON JHON "CROCODILE ROCK" que forma parte da banda sonora da película "GNOMEO E XULIETA" que estamos a traballar na aula.

Déixovos esta primicia pero cunha tarefa pendente: QUEN SE ATREVERÁ A BAILAR AO RITMO DESTE ROCK? Sairanos tan ben coma estes rapaces? 

Na próxima entrada desvelaremos o resultado deste reto!

miércoles, 14 de marzo de 2012

O TRASNO DA RISA, MEDOMEDÁ E 120 CARAS QUE INVITAN A SORRIR

Hoxe é un día especial xa que teño unha sorpresa moi grande para vós relacionada co mundo da música.

Quero presentarvos ao grupo santigués MeDoMedA que  nace da unión de Pais (Trifulka e OC29, guitarra), Anxo Pelexo (Sufridos e Indana, baixo), Arturo 'Arturbo Diésel' (Drinkin'tinto e Sufridos, batería) e Markinhos Drinkin. 

Como sabedes, no noso cole, temos varias LOVE SPOON que expresan o que é a risa...


Pero a que máis trastadas fai é "O TRASNO DA RISA". Por eso foi elexido para ser o protagonista dun divertido video no que o acompañan 120 caras de alumn@s do noso cole que invitan a sorrir. A música de fondo é unha canción do grupo MEDOMEDÁ titulada: QUERO VER COMO TE RIS.

Que este traballo en conxunto arrinque moitos sorrisos!




Premendo na imaxe do grupo MEDOMEDÁ podedes ver unha actuación en directo en TOURILANDIA co tema QUERO VER COMO TE RIS e a continuación tedes unhas palabras de Marcos, un dos compoñentes do grupo:

Moi boas, Carmen:
Son Marcos de Medomedá.
Desculpa que tardase tanto en resportar, pero é que estamos moi liados
porque estamos a gravar o que será o noso primeiro cd, estamos a preparar
o concerto da Sala Capitol do 31 de marzo, e estamos metido noutros
proxectos que nos entusianman, pero que temos que combinar tamén coas
nosas vidas jajajajaja

Estamos encantadísimos de que os nosos temas teñan fins tan pedagóxicos
como o que lle estas a dar a "quero ver como te ris". Non soamente non nos
importa en absuluto que uses o tema, senón que cho agradecemos
enormemente!!!!!!
Nós non vivimos disto e facémolo porque nos gusta, e todavía nos gusta
máis saber que lle chega á xente, iso motívanos moito. Así que ti
adiante!!!!!!

Seguiremos o traballo e todo o que haxa en youtube, tamén o poremos na
nósa páxina de facebook, para compartilo con toda a xente que o queira
ver.

Moitas grazas Carmen, polas túas palabras e polo teu bo facer.
Un saúdo
Marcos- Medomedá

jueves, 8 de marzo de 2012

O DÍA DA MULLER, UN MURAL E UNHA CURTA ESPECIAL

Ola neste día tan, tan emotivo! O día da Muller Traballadora! Cantas fermosas calidades teñen as mulleres: AMOR, BELEZA (que non está na roupa que leve ou na figura que teña, senon na súa alma), COMPARTIR (comparten ideas e reparten paixón), Cariño (o corazón dunha muller fai xirar o mundo), MAXIA (saben que un abrazo ou un bico pode sanar un corazón roto), COMPRENSIÓN, SABEDORÍA,TENRURA, INCONDICIONAL, VISIÓN, DEDICACIÓN, CARIDADE, PREOCUPACIÓN, SENSIBILIDADE, FORTALEZA...

No cole, para conmemorar este día, elaboramos un fermoso mural entre todos os alumn@s de Primaria e no que puxemos esta preciosa cita:

CANDO NEVA, CADA COPO DE NEVE QUE CAE É O SUSPIRO DUNHA MULLER A QUE OFENDEN NALGÚN LUGAR DO MUNDO. TODOS OS SUSPIROS SUBEN AO CEO, FORMAN NUBES E LOGO DESFANSE EN TROZOS DIMINUTOS QUE CAEN SILENCIOSAMENTE SOBRE AS PERSOAS. "PARA LEMBRAR CANTO SOFREN AS MULLERES"(Mil soles espléndidos" KHALED HOSSEINI)

(Premendo na imaxe accedes a un xogo educativo)


Tamén queremos estrear hoxe unha curta titulada "TELECLINC", protagonizada polos alumn@s de 6ºC, onde hai tres mulleres que queren romper moldes:

* Unha presentadora de TV
* A Carapuchiña Bermella
* E a avoa de Carapuchiña

A nosa particular maneira de homenaxear a todas as mulleres pasadas, presentes e futuras é poñendo un SORRISO na cara das persoas.

(Adaptación libre do conto de CARLES CANO: PILLEITE, CARAPUCHIÑA! Editorial Bruño)

lunes, 5 de marzo de 2012

CHISTES PARA TI (3)

Mirade como quedei de tanto rir! Encollín como Alicia no País das Marabillas! Quedo investigando a maneira de recuperar o meu tamaño mentras vos deixo vendo a última tandada de chistes cos que os nen@s de 4º de Primaria queren compartir sorrisos.

Xa xabedes a rir! O TEMPO QUE PASA UN RINDO É TEMPO QUE PASA CON DEUS (proverbio de Xapón)

jueves, 1 de marzo de 2012

CHISTES PARA TI (2)

Bufff! Creo que este simpático ollo escapou do video cos chistes que nos presentan os rapaces e rapazas de 3º de Primaria

Lembrade que os chistes nunca deben de humillar e de ofender aos demáis. Os chistes que faltan ao respeto non merecen ese nome. 

Déixovos disfrutando deles mentres eu falo con este olliño e o convezo para que volva ao seu lugar!


 
aladin